Historiografía

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Historiografía by Mind Map: Historiografía

1. Historiografía

1.1. Introdución

1.1.1. Nacemento en Roma

1.1.2. Imitación historiadores gregos

1.1.3. Xénero literario

1.1.4. Compatibilidade entre narración de sucesos históricos coa fermosura da linguaxe

1.1.5. Para os gregos a palabra "historia"

1.1.5.1. Coñecemento adquirido por descubrimento ou investigación, especialmente sobre algo que sucedeu como consecuencia da intervención do home

1.1.6. Grecia a mediados do século V a.C.

1.1.6.1. Referencia a feitos acontecidos nun pasado máis ou menos próximo

1.1.6.2. Feitos desvinculados das tradicións épicas

1.1.6.3. Descrición global das transformacións dunha sociedade e das súas causas produciuse

1.1.7. Primeiros historiadores en sentido pleno da Antigüidade

1.1.7.1. Heródoto

1.1.7.2. Túcides

1.1.7.3. Polibio (introduciría a literatura historiográfica de cuño grego en Roma)

1.1.8. Na hisotiografía grega historiador debe tratar de xustificar o porqué dos feitos ocorridos

1.1.9. Os romanos despois de Polibio: tiñan que atopar no pasado a xustificación do seu poderío presente

1.2. Características

1.2.1. En Roma

1.2.1.1. Alto grado de patriotismo o que impideu a algúns historiadores ser imparciais

1.2.1.2. Compromiso político de algúns historiadores, que eran parciais e partidistas

1.2.1.3. Carácter moralizante, xa que para moitos a Historia era o mellor medio para transmitir os costumes dos antepasados (mores maiorum)

1.2.1.4. Componente retórico: Cicerón consideraba a Historia o "opus maxime oratorium", e debía estar condicionada ás leis da retórica

1.2.2. Evolución

1.2.2.1. Nace a finais do século III a.C.

1.2.2.2. Impulsada polo forte sentimento nacionalista que surxiu tralas victorias de Roma nas Guerras Púnicas

1.2.2.3. Contacto ca cultura grega foi determinante no orixe da historiografía

1.2.2.4. Influenza de autores como Polibio, Tucídides...

1.3. Precedentes: Primeiros Documentos

1.3.1. Documentos públicos

1.3.1.1. "Foedera regum" ou "Tratados cos reis de pobos veciños"

1.3.1.1.1. Documentos metade xurídicos metade relixiosos

1.3.1.1.2. Asinábanse co ofrecemento dun sacrificio aos deuses e cunha serie de ritos especiais e fórmulas consagradas

1.3.1.1.3. Tito Livio transmitiunos un destes tratados entre os romanos e os albanos, do que di que é o máis antigo do que se ten memoria

1.3.1.2. "Actas dos maxistrados"

1.3.1.2.1. Rexistran os acontecementos máis importantes relacionados co desempeño das funcións dos maxistrados

1.3.1.2.2. Título de "acta", "commentarii" ou "libri"

1.3.1.2.3. Gardábanse nos arquivos oficiais, constituíndo unha fonte histórica de primeira orde

1.3.1.2.4. Máis importantes destes documentos eran os elaborados polos pontífices, os "Libri Pontificum" ou "Annales Maximi"

1.3.1.2.5. Incluíase ano por ano os sucesos máis dignos de recordarse (digna memoratu)

1.3.1.2.6. Destacaba era a publicación do calendario anual que sinalaba as datas de comezo e final do ano, os días laborables e non laborables, os aniversarios...

1.3.2. Documentos privados

1.3.2.1. "Laudationes funebres" ou "Discursos en loubanza do defunto"

1.3.2.1.1. Pronunciados nos funerais por un membro moi achegado a familia

1.3.2.2. "Tituli imaginum" ou "Inscricións gravadas debaixo dos retratos ou máscaras do defunto"

1.3.2.2.1. Contiñan o seu nome, as súas fazañas, as súas maxistraturas...

1.3.2.2.2. "Ius imaginum" era o dereito (ius) recoñecido aos "nobiles" romanos de manter no "atrium" da súa casa as "maiorum imagines" (retratos dos seus ancestros)

1.4. Sinopse

1.4.1. Época arcaica (III-II a. C.)

1.4.1.1. Analistas (S. III-II a. C.)

1.4.1.1.1. Fabio Pictor e L. Cinio Alimento (escriben en grego)

1.4.1.2. Catón (S. III-II a. C.)

1.4.1.2.1. "Origines"

1.4.1.3. Analistas (II-I a. C.)

1.4.1.3.1. Casio Hemina, Mucio Escévola, Valelro Antias e Claudio Cuadrigario (escriben en latín)

1.4.2. Época clásica (I a. C.)

1.4.2.1. César

1.4.2.1.1. "Comentarii de bello gallico"

1.4.2.1.2. "Comentarii de bello civili"

1.4.2.2. Salustio

1.4.2.2.1. "Bellum Catilinae"

1.4.2.2.2. "Bellum Iugurthinum"

1.4.2.2.3. "Historiae"

1.4.2.3. Cornelio Nepote

1.4.2.3.1. "De viris illustribus"

1.4.2.3.2. "De excelentes ducibus"

1.4.2.3.3. "Vida de Catón"

1.4.2.3.4. "Vida de Ático"

1.4.3. Época posclásica (I d. C.)

1.4.3.1. Tito Livio

1.4.3.1.1. "Ab urbe condita libri"

1.4.3.2. Suetonio

1.4.3.2.1. "De viris illustribus"

1.4.3.2.2. "De vita XII caesarum"

1.4.3.3. Tácito

1.4.3.3.1. "Annales"

1.4.3.3.2. "Historiae"

1.4.4. Época decadente (II - IV d. C.)

1.4.4.1. Compilación e resumo das obras históricas de períodos anteriores

1.4.4.2. Materia atractiva para un público que buscaba a distracción na lectura de temas históricos

1.4.4.3. Floro

1.4.4.4. Eutropio

1.4.4.4.1. "Breviarum ab urbe condita"

1.4.4.5. Amiano Marcelio

1.4.4.6. Autores da Historia Augustea

2. Época Arcaica

2.1. Os comezos: os primeiros analistas (III-II a.C.)

2.1.1. Roma contou con numerosos historiadores

2.1.2. Primeiros reciben o nome de "Analistas"

2.1.2.1. Obras tituladas "Annales"

2.1.2.2. Rexistrar os feitos ano por ano

2.1.2.3. Primeiros Analistas

2.1.2.3.1. Fabio Pictor

2.1.2.3.2. L. Cincio Alimento

2.1.2.3.3. Primeira metade do século II a.C

2.1.2.3.4. Escriben aínda en grego

2.1.2.3.5. Desexaban ensalzar a fundación de Roma, as súas institucións e política no mundo helenístico

2.1.2.3.6. Prosa latina aínda non tiña o nivel literario suficiente

2.2. Catón (M. P. Cato, 234- 149 a.C.)

2.2.1. Marco Porcio Catón, coñecido como "Catón o Vello"

2.2.2. Primeiro historiador que empregou o latín nunha obra historiográfica

2.2.2.1. "Origines"

2.2.2.1.1. Composta de 7 libros dos que so se conservan fragmentos

2.2.2.1.2. Historia de Roma desde a súa fundación, relata as guerras púnicas e explica feitos contemporáneos

2.2.3. Cambiou a concepción anterior da historia romana

2.2.4. A Historia das xestas de Roma fora a historia dos grandes"imperatores"

2.2.4.1. Grandes familias as que con iso vían colmadas as súas ansias de gloria

2.2.5. O protagonista da Historia de Roma era o pobo romano

2.2.6. A visión hexemónica da cidade de Roma pasa a ser a de Italia enteira

2.3. Analistas posteriores a Catón (II-I a.C.)

2.3.1. Casio Hemina, Mucio Escévola, Valerio Antias e Claudio Cuadrigario

2.3.1.1. Entre os séculos II. e I a.C.

2.3.1.2. Escriben xa en latín

2.3.1.3. Baseaban os seus relatos en obras de autores precedentes non romanos e en documentos

2.3.2. Fontes

2.3.2.1. Autores precedentes

2.3.2.1.1. Autores gregos

2.3.2.1.2. Historiografía etrusca, pero non queda reliquia algunha

2.3.2.1.3. Analistas romanos

2.3.2.1.4. Documentos públicos ou privados

2.3.2.2. Documentos públicos

2.3.2.2.1. Relixiosos ou políticos

2.3.2.2.2. Cada colexio relixioso tiña o seu arquivo, no que gardaba os seus estatutos, documentos e fórmulas rituais

2.3.2.2.3. Documentos políticos eran moi numerosos

2.3.2.2.4. Non había publicacións oficiais, pero quedaban arquivados textos de tratados, de leis, de senado-consultos...

2.3.2.2.5. Algúns destes textos estaban gravados en táboas de bronce ou sobre columnas

2.3.2.2.6. Algúns destes textos onservábanse nos templos e outros lugares públicos de Roma

2.3.2.2.7. Os textos legais máis famosos eran os da "Lei das XII Táboas"

2.3.2.2.8. Diversos maxistrados gardaban tamén documentos de interese xeral

2.3.2.2.9. "Libri Lintei"

2.3.2.3. Documentos privados

2.3.2.3.1. As familias nobres

2.3.2.3.2. As oracións fúnebres resumían a historia de cada familia

2.3.2.3.3. Toda esta documentación era pouco fiable

2.3.2.3.4. Cicerón e Tito Livio testemuñan o seu escaso valor histórico, dada a tendencia das familias nobres a inventarse a súa propia historia

2.3.2.3.5. Segundo Tito Livio a historia de Roma baséase máis en relatos lendarios que en documentos auténticos dos feitos acaecidos

2.3.2.3.6. Livio Andrónico e Ennio, dous poetas, contribuíron en grado sumo á creación da lenda sobre as orixes de Roma

2.3.3. Metodoloxía

2.3.3.1. Analistas crearon ao seu arbitrio a historia de Roma

2.3.3.2. Falsificaron toda clase de documentos

2.3.3.3. Elaboraron outros apócrifos

2.3.3.4. Interpretaron caprichosamente restos arqueolóxicos e institucións

2.3.3.5. Inventaron etimoloxías

2.3.3.6. Apropiáronse de lendas e cultos doutras cidades do Lacio

2.3.3.7. Tomaron da Historia e das institucións gregas os elementos que precisaban para elaborar unha historia nacional

2.3.3.8. Deforman todo para satisfacer o orgullo patriótico

2.3.3.9. Esaxeran o papel de Roma en empresas nas que esta, ou non interveu ou desempeñou un papel pouco relevante

2.3.4. Finalidade

2.3.4.1. Relatos máis xugosos e brillantes que as secas narracións dos analistas

2.3.4.2. A visión da Historia ata estes momentos é estreita

2.3.4.3. Só interesa a Historia de Roma

2.3.4.4. As cuestións internacionais só son importantes na medida en que afectan á súa nación

2.3.4.5. "Historia" como unha escola de civismo e un instrumento de goberno

3. Época Clásica

3.1. Caius lulius Caesar (100- 44 a . C.)

3.1.1. Naceu no seo da familia Iulia, considerada descendente do heroe troiano Iulus

3.1.2. Iniciou a súa carreira política desde moi novo

3.1.3. Desempeñou diversas maxistraturas

3.1.3.1. Cónsul no ano 59 a .C

3.1.3.2. No 58 a .C. foi propretor da Galia cisalpina e transalpina

3.1.4. Participou no primeiro triunvirato da República romana, xuntamente con Craso e Pompeio

3.1.5. Rematou enfrontándose a Pompeio nunha guerra civil

3.1.6. Proclamouse dictador no ano 45 a .C

3.1.7. Morreu asasinado o mesmo día en que ía ser nomeado emperador (ano 44 a.C.)

3.1.8. César non pode ser considerado un historiador

3.1.8.1. A súa obra non foi estruturada coa intención de divulgar a verdade dos feitos nos que se viu involucrado

3.1.8.2. Pretende xustificar os seus actos e defenderse ante as críticas e acusacións dos seus coetáneos

3.1.9. Obra

3.1.9.1. Recóllese nun conxunto de notas, denominadas "Comentarii" (“comentarios”)

3.1.9.2. Peripecias na campaña das Galias

3.1.9.2.1. "De bello Gallico"

3.1.9.3. Sucesos acaecidos durante a guerra civil contra Pompeio

3.1.9.3.1. "De bello civili"

3.1.9.4. Redactou estes comentarios a partir de...

3.1.9.4.1. Informes técnicos elaborados polos seus soldados

3.1.9.4.2. Informes técnicos elaborados polos seus soldados

3.1.9.4.3. Apuntamentos persoais sobre as campañas

3.1.9.4.4. Destacan pasaxes que reflicten os costumes dos pobos cos que entrou en contacto

3.1.9.4.5. Describe con precisión os lugares onde transcorreron os conflictos bélicos

3.2. Caius Sallustius Crispus (86- 35 a . C.)

3.2.1. Vida

3.2.1.1. Naceu no seo dunha familia plebea que residía en Amiterno (Sabinia)

3.2.1.2. Opúxose aos optimates, encabezados por Pompeyo Magno

3.2.1.3. Apoiou a Xulio César, quen chegou a nomealo gobernador de Numidia

3.2.1.4. Á morte de César xa amasara unha inmensa fortuna

3.2.1.5. Retirouse da vida pública para dedicarse aos seus traballos históricos

3.2.1.6. Viviu a crise do final da República

3.2.1.7. Na súa vellez converteuse en cronista dos feitos vividos

3.2.2. Obra

3.2.2.1. "A conxura de Catilina" ("Bellum Catilinae" ou "CatiIina")

3.2.2.1.1. Conxura contra o goberno organizada por un nobre empobrecido, Catilina, que non chegou a triunfar

3.2.2.2. "Iugurtha" ("Bellum lugurthinum")

3.2.2.2.1. Narra a guerra de Numidia (anos 115- 111 a . C.)

3.2.2.2.2. Este reino foi aliado de Roma

3.2.2.2.3. Iugurta, sobriño do rei Micipsa, enfrontouse con Roma e foi vencido

3.2.2.3. "De Historias" ("Historiae")

3.2.2.3.1. Consérvanse algúns fragmentos

3.2.2.3.2. Narraba feitos desde a morte de Sila ata o triunfo de Pompeio

3.2.3. Lingua e estilo

3.2.3.1. Tomou como modelo ao historiador grego Tucídides

3.2.3.1.1. Intentar explicar os acontecementos

3.2.3.1.2. Facer que os seus relatos fosen lexibles e dramáticos

3.2.3.2. Dominaba os recursos da retórica greco-latina, e ponos ao servizo das súas tendencias políticas que non trata de disimular

3.2.3.3. Estilo é arcaizante, pois imita a Catón o Vello e a Ennio

3.2.3.4. Ton enérxico, de frases breves, construídas a miúdo en forma de paralelismos e reforzadas pola concisión e a xuxtaposición

3.2.3.5. A "virtus" fixo grande a Roma e que a súa descomposición trouxo a debilidade e a inmoralidad ao Estado

3.3. Cornelius Nepos (C. Cornelio Nepote, 100-25 a. C.)

3.3.1. Introduciu en Roma a historiografía biográfica, subxénero desenvolvido máis tarde por Suetonio

3.3.2. Obras

3.3.2.1. "De viris illustribus"

3.3.2.1.1. Biografías de diversos personaxes, romanos e estranxeiros

3.3.2.2. "De excellentibus ducibus"

3.3.2.2.1. Serie de vidas de grandes xenerais estranxeiros

3.3.2.3. "Vida de Catón o Vello"

3.3.2.4. "Vida de Ático"

3.3.2.4.1. Amigo seu e de Cicerón

3.3.3. Biografías constituídas por coleccións de anécdotas triviais

4. Época Post Clásica

4.1. C. Suetonius Tranquillus (C. Suetonio Tranquilo, 70-140 d. C.)

4.1.1. Introdución

4.1.1.1. Realizou estudos en Roma baixo a protección de Plinio o Mozo

4.1.1.2. Traballou como arquiveiro de Adriano onde puido coñecer desde dentro os segredos da historia imperial

4.1.1.3. Caeu en desgraza e dedicouse á literatura

4.1.2. Obra

4.1.2.1. Erudito enciclopédico

4.1.2.1.1. "De viris illustribus"

4.1.2.1.2. "De duodecim Caesarum vita" ("Vida dos doce Césares")

4.1.2.2. Fonte veraz e a súa lectura resulta amena

4.2. P. Cornelius Tacitus (P. Cornelio Tácito, 55-120 d. C.)

4.2.1. Introdución

4.2.1.1. Familia senatorial orixinaria da Galia

4.2.1.2. Discípulo de Quintiliano e amigo de Plinio o Mozo

4.2.1.3. Desempeñou diversos cargos e magistraturas

4.2.1.4. Destacou como orador antes de dedicarse á historiografía

4.2.1.5. A súa carreira de funcionario imperial permitiulle...

4.2.1.5.1. ser testemuña de excepción da fin da dinastía Claudia

4.2.1.5.2. período de transición

4.2.1.5.3. chegada ó poder da dinastía dos "Antoninos"

4.2.1.6. Retirouse a escribir sobre os acontecementos vividos ao remate da súa carreira política

4.2.2. Obra

4.2.2.1. Cultivou a biografía

4.2.2.1.1. "De vita et moribus Iulii Agricolae"

4.2.2.2. "Germania"

4.2.2.2.1. Descrición de pobos nos que cre ver as mesmas virtudes que deron a Roma a súa grandeza

4.2.2.3. "Historiae"

4.2.2.3.1. Sucesos do ano 68, no que se sucederon os emperadores Nerón, Galba, Otón e Vitelio

4.2.2.3.2. Comezo do reinado de Vespasiano

4.2.2.4. "Annales"

4.2.2.4.1. 16 libros, abarca de Augusto a Nerón

4.2.2.5. Interese que amosa por estar ben documentado e por ser imparcial

4.2.2.6. Descrición psicolóxica das grandes personalidades da historia de Roma

4.2.3. Características

4.2.3.1. Arte ao servizo da análise histórica

4.2.3.2. Historia chea de patetismo e de efectos estéticos que poñen o seu relato moi próximo á traxedia

4.2.3.3. Opónse ao Imperio, pero o presenta como inevitable

4.2.3.4. Brevidade, concisión e solemnidade

5. Tito Livio

5.1. A súa vida (59 a. C.-17 d. C.)

5.1.1. Nace en Padua (antiga Pataviam) no ano 59 a. C

5.1.2. Morre en Padua, no ano 17 d. C

5.1.3. Marchou a Roma cara ao ano 30 a.C. para dedicarse de cheo a escribir a inmensa historia de Roma que concibira

5.1.4. Non participou na vida política do seu tempo

5.1.5. A súa nenez coincidiu coa dictadura de César

5.1.6. A súa mocidade coincidiu coas violentas loitas civís

5.1.7. A súa madurez coincidiu co triunfo de Augusto

5.1.8. Rexeitou os cargos públicos en aras da súa vocación de historiador á que entregou cincuenta anos da súa vida

5.1.9. De ancián, regresou para morrer á súa patria

5.1.10. Foi amigo de Augusto, a quen encomia por restaurar os templos e traer a paz

5.1.11. Foi amigo do mozo Claudio, máis tarde emperador, a quen impulsou a escribir libros de Historia

5.2. A súa obra

5.2.1. Composición

5.2.1.1. O proxecto inicial da súa Historia Romana era moi ambicioso e foi levado a cabo con gran tenacidade e entusiasmo, durante uns 40 anos

5.2.1.2. Pretendía narrar a historia interior e exterior de Roma, dende a súa fundación (Ab Urbe Condita) ata a morte de Augusto

5.2.1.3. Comprendía un total de 150 libros, que ía publicando de dez en dez, de onde vén o seu nome de Décadas

5.2.1.4. Só conseguiu terminar 142

5.2.1.5. A morte de Druso (9 a. C.), final pouco apropiado para unha obra de tamañas pretensións, pechaba a obra.

5.2.1.6. Destes 142 libros perdéronse 107

5.2.1.7. Chegou ata nós a parte referente ás orixes de Roma e a súa primeira época

5.2.1.7.1. Ata a terceira Guerra Samnita, ano 293 a. C.

5.2.1.7.2. A segunda Guerra Púnica

5.2.1.7.3. A historia de Roma ata a conquista de Macedonia por L. Emilio Paulo, trala batalla de Pidna (ano 167 a. C.). Salvo lixeiras lagoas

5.2.1.8. 35 libros que nos quedan

5.2.1.8.1. Están completos

5.2.1.8.2. Engadir un papiro do Epítome, con extractos dalgúns libros

5.2.1.8.3. Engadir un fragmento do libro 91

5.2.1.9. Libros non conservados

5.2.1.9.1. "Periochae"

5.2.2. Métodos e Fontes

5.2.2.1. O método histórico deixa moito que desexar

5.2.2.2. Aberación de poñer en boca dos personaxes discursos inventados, literariamente excelentes, aínda tendo a man os que verdadeiramente pronunciaron ditos personaxes

5.2.2.3. As fontes de Tito Livio son as obras das súas predecesores: os analistas e historiadores gregos, sobre todo Polibio

5.2.2.4. Non somete a crítica os datos e fontes consultados, polo que a súa fiabilidade é a miúdo escasa

5.2.2.5. Elixe de entre as diversas versións dos feitos a que lle parece máis verosímil ou as transcribe todas

5.2.2.6. O seu espírito crítico foi desenvolvéndose a medida que avanzaba a súa obra

5.2.2.7. A experiencia ensinoulle a fiarse máis daqueles autores que como Polibio, eran máis rigorosamente científicos

5.2.2.8. O seu amor a Roma fai que conceda crédito a calquera información, por inchada que estea, que redunde en prestixio e gloria dos seus antepasados

5.2.2.9. intenta ser honesto e expón as opinións distintas sobre algún suceso, para que o lector contraste e saque as súas propias conclusións

5.2.2.10. Afirma ás veces que certos datos ou cifras parécenlle esaxerados

5.2.2.11. Os documentos oficiais non espertan nel interese algún

5.2.2.12. Non transcribe documentos textualmente, para non romper a harmonía do conxunto ou porque os considera indignos de figurar nunha obra de arte

5.2.2.13. Poetas e historiadores de épocas precedentes falsearon a Historia, para gabar o orgullo das familias e o dos novos ricos da época

5.2.2.14. A vaidade multiplicou triunfos e consulados de antepasados ilustres

5.2.2.15. Acepta a tradición, sen poñela en cuestión

5.2.2.16. Coa tradición o seu labor consiste...

5.2.2.16.1. Facela verosímil

5.2.2.16.2. Facela pasar polo filtro da razón

5.2.2.16.3. Suprime as contradiccións máis flagrantes

5.2.2.16.4. Elixe harmonizando os datos aportados polas diversas fontes

5.2.2.16.5. Procura establecer entre eles as relacións lóxicas necesarias

5.2.3. As súas fins

5.2.3.1. Defede o sentido exemplarista e moralista da historia

5.2.3.2. Trátase de presentar un cadro dos costumes para que sirva de lección

5.2.3.3. O historiador convértese en moralista

5.2.3.4. Trata de...

5.2.3.4.1. Servir á patria enteira

5.2.3.4.2. Axudar ao seu rexurdimento moral

5.2.3.4.3. Presentar aos seus concidadáns a imaxe dunha República dirixida polos mellores

5.2.3.4.4. Republica na que todos deben sacrificar os seus intereses persoais en aras do interese supremo do Estado

5.2.3.4.5. Exaltación de Roma por encima de todo

5.2.3.5. Motivos íntimos e virtudes como...

5.2.3.5.1. Amor á patria

5.2.3.5.2. Respecto ao "mos maiorum", a concordia civil e a relixiosidade profunda

5.2.3.5.3. Coincide punto por punto co programa restaurador de Augusto

5.2.3.6. Usa os documentos, as lendas, as obras das súas predecesores

5.2.3.7. Roma ha xustificar coas súas virtudes seculares a gloria do seu destino presente e futuro

5.2.3.8. A súa obra non é Historia pero apórtanos o cadro do que os patriotas da época de Augusto querían que fose o seu pasado e do ideal que soñaban para o seu futuro

5.2.3.9. Est era a clave do seu éxito

5.2.3.10. A súa Historia de Roma debe ser considerada como obra de arte, non de ciencia

5.2.3.11. É un medio de goberno, unha especie de moral social ou de política en acción

5.2.4. O seu estilo

5.2.4.1. Altísima categoría como escritor

5.2.4.2. O que mellor encarna a concepción ciceroniana da historia como o"opus oratorium maxime"

5.2.4.3. Aprezamos a Actea ubertas ou abundancia transparente, con períodos longos, amplos e cadenciosos, afíns á prosa ciceroniana

5.2.4.4. Da súa concepción retórica da historia provén a gran cantidade de discursos que salpican a súa obra

5.2.4.5. Todos os personaxes son consumados oradores, ata os simples soldados, os rudos labregos ou os escravos sublevados

5.2.4.6. Substitúe por argumentos de avogado a explicación verdadeira dos feitos

5.2.4.7. A veces moitos dos seus discursos soan a artificiosos e falsos

5.2.4.8. Cor poética que tingue a súa prosa

5.2.4.9. Chamáronlle o poeta da historia

5.2.4.10. Está influído polos grandes poetas augústeos

5.2.4.10.1. Esta andadura poética da súa prosa percíbese especialmente nos primeiros libros

5.2.4.10.2. Refire aos tempos primitivos e se fai eco de lendas heroica

5.2.4.10.3. "Horacio Cocles"

5.2.4.10.4. "Horacios e os Curiacios"

5.2.4.10.5. "a moza Celia"

5.2.4.10.6. "Mucio Escévola"

5.2.4.11. Ata invoca aos deuses ao comezo da súa obra

6. Época Decadente

6.1. Floro: (século II d.C.)

6.1.1. Escribiu dou libros nos que se condensa a producción de Tito Livio

6.2. Eutropio: (século IV d.C.)

6.2.1. Desempeñou distintos cargos na administración imperial

6.2.2. "Cursus honorum" baixoimperial dende secretario (epistularis)

6.2.3. Cónsul pois no ano 387 compartiu o consulado co emperador Valentiniano II

6.2.4. Serviu fielmente nunha época difícil e cambiante a 5 emperadores: Constancio II, Xuliano, Xoviano, Valente e Valentiniano II

6.2.5. Non sabemos nada da súa vida privada

6.2.6. A súa obra

6.2.6.1. Xénero historiográfico do "epítome" ou "breviarium"

6.2.6.2. Un “compilador” ou “autor de resumes”

6.2.6.3. Este xénero tivo un gran éxito en Roma e foi moi demandado polo público

6.2.6.4. Os lectores querían obras breves e fáciles de publicar, que puidesen servir ademais de manuais escolares

6.2.6.5. Pegadas dun xénero secundario, o da biografía, segundo o modelo de Suetonio

6.2.7. As fontes

6.2.7.1. Utiliza a obra de Livio para a etapa da época arcaica e republicana, ben de xeito directo ou a través dalgún epítome

6.2.7.2. Non podemos precisar con seguridade as que utiliza para a época imperial

6.2.8. Lingua e estilo

6.2.8.1. Latín claro e sinxelo, buscado a propósito para os lectores que preferían ler un resume antes ca obra do propio Livio

6.2.8.2. A narración prefire...

6.2.8.2.1. Parataxis ou a coordinación

6.2.8.2.2. Xustaposición de participios

6.2.8.2.3. As enumeracións simples

6.2.8.2.4. As formas impersoais

6.2.8.3. Léxico sinxelo, aínda que ás veces presenta tecnicismos propios do seu labor no "scrinium"

6.2.8.4. Difire pouco do latín clásico, tan só nalgúns termos ou no uso do sufixo de axente –tor, -sor, propios do latín tardío

6.2.8.5. Contémplase o proceso que sufría neses momentos o latín literario e que acabaría dando orixe ás linguas romances

6.2.8.6. A súa preocupación principal é a "brevitas", que busca con elipses, asíndeto ou construcións de participios

6.2.9. Inlfuencias

6.2.9.1. O feito de que a súa obra fose un resumo, escrito ademais con gran simplicidade, axuda a explicar o éxito que acadou este historiador

6.2.9.2. Difusión tan grande que chegou a ser case o único medio na Idade Media para coñecer a historia de Roma

6.2.9.3. Anos posteriores a súa obra contase con traducións gregas, feito insólito, dá conta da importancia da que gozou

6.2.9.4. Súa obra sexa utilizada como fonte secundaria para o estudo da Historia de Roma

6.3. Amiano Marcelino (s. IV d.C.)

6.3.1. Grego

6.3.2. Nado en Antioquía entre o 330 e o 335

6.3.3. Definía a si mesmo coma "un soldado e un grego"

6.3.4. Escribiu en latín a súa obra "Rerum Gestarum Libri XXXI", unha continuación da obra de Tácito

6.3.5. Narra os sucesos que abranguen dende o ano 96 d.C ata o 378 d.C.

6.3.5.1. Morte do emperador Nerva

6.3.5.2. Morte do emperador Valente

6.3.6. Usou a lingua latina para darlle maior difusión á súa obra, o que lle reportou gran fama en todo o Imperio

6.3.7. Hoxe é unha referencia obrigada para entender a realidade política e social dos últimos anos do Imperio, a súa decadencia e as causas desta

6.4. Historia Augusta (finais do s. IV d.C.)

6.4.1. Colección de biografías dos emperadores e personalidades do seu contorno

6.4.1.1. Adriano (117)

6.4.1.2. Numeriano (284)

6.4.2. Foi composta por seis autores diferentes durante os reinados dos emperadores Diocleciano e Constantino