Épica latina. Virxilio.

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Épica latina. Virxilio. by Mind Map: Épica latina. Virxilio.

1. Épocas, autores e obras representativas

1.1. Época arcaica (III – II a.C)

1.1.1. Destaca unha serie de autores que imitaron as estructuras da épica grega, adaptándoa ós temas xenuínos do pobo romano

1.1.1.1. Livio Andrónico

1.1.1.1.1. Odussia (Odisea)

1.1.1.2. Gneo Nevio

1.1.1.2.1. A súa obra Bellum poenicum (Guerra púnica)

1.1.1.3. Ennio

1.1.1.3.1. Annales (Anais)

1.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)

1.2.1. Despois do período de crise que vive Roma durante o final da República, o goberno de Augusto propón unha rexeneración moral da sociedade romana

1.2.2. Obra poética desta época contribúe á exaltación dos valores morais da Roma arcaica

1.2.3. Magnifícanse os heroes romanos que encarnan estes valores. Os autores máis significativos da épica latina desta época son:

1.2.3.1. Virxilio

1.2.3.1.1. Eneida

1.2.3.2. Ovidio

1.2.3.2.1. Metamorfose

1.2.3.3. Lucano

1.2.3.3.1. A Farsalia

1.3. Época posclásica (s. I. d.C.)

1.3.1. As epopeas latinas posteriores pecan de excesiva retórica e ornamento. Principais autores e obras:

1.3.1.1. Silio Itálico

1.3.1.1.1. Púnica

1.3.1.2. Valerio Flaco

1.3.1.2.1. Argonáuticas

1.4. Papinio Estacio (Tebaida e Aquileida)

1.4.1. Tebaida

1.4.1.1. Composta no ano 91 ou 92, adicada ao emperador Domiciano

1.4.1.2. Nárrase nela a guerra dos 7 contra Tebas e a loita fratricida polo poder entre os irmáns Eteocles e Polinices, rei da polis grega de Tebas

1.4.2. Aquileida

1.4.2.1. Inspirada nas lendas en torno ao gran heroe grego Aquiles

1.4.2.2. Sen rematar

1.4.2.3. A parte conservada describe a infancia do heroe co centauro Quirón e a súa adolescencia coas fillas de Licómedes

2. Virxilio (70 –19 a.C.)

2.1. Vida

2.1.1. Publio Virxilio Maro naceu no ano 70 a.C. en Mantua, no norte de Italia, e viviu no seo dunha familia de clase media

2.1.2. Tras estudiar varios anos en Milán e Roma > non sente vocación pola retórica e vai a Nápoles estudiar filosofía co epicúreo Sirón

2.1.3. Despois do éxito da súa primeira obra de envergadura, Bucólicas (anos 44 - 43 a. C.), regresa a Roma e entra nos círculos literarios de Mecenas e Augusto > identifícase cos seus proxectos

2.1.4. Escribe as Xeórxicas e a Eneida, que lle levou dez anos

2.1.4.1. Antes de acabala quixo visitar os escenarios nos que transcorría o poema, e iniciou así unha viaxe por Grecia e Asia Menor

2.1.4.2. Caeu enfermo e foi trasladado a talia, onde morreu sen concluír o poema

2.1.4.3. Antes de morrer ordenou que esta obra fose queimada. Os seus amigos non lle fixeron caso e publicárona como a deixara (algúns versos incompletos) > autorización do emperador Augusto

2.2. A Eneida

2.2.1. Introdución

2.2.1.1. Encargo do emperador Augusto > Virxilio escribiu a Eneida > epopea nacional de Roma.

2.2.1.2. Producto dun só autor > síntese da Odisea e mais da Ilíada de Homero

2.2.1.2.1. Escrita en hexámetros e distribuída en doce libros, cunha estructura argumental que segue os poemas de Homero

2.2.1.3. Presenta elementos propios da épica tradicional > vigor heroico e solemnidade

2.2.1.3.1. Uso de símiles e comparacións

2.2.1.3.2. As fórmulas

2.2.1.3.3. Uso de arcaísmos

2.2.1.4. Innovacións de Virxilio

2.2.1.4.1. O tema > características do xénero: todo sucede pola ira da deusa Xuno. Novidades de Virxilio > modernidade suficiente como para que aínda teña atractivo entre os lectores actuais. Así destacan as seguintes:

2.2.2. Finalidade da obra

2.2.2.1. Virxilio pensou primeiro en compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto. Decidiuse por un tema máis grandioso

2.2.2.2. Nevio cantara un suceso contemporáneo. Ennio a historia de Roma ata o seu tempo. Ambos tocaran as orixes, pero como unha digresión

2.2.2.3. Consegue inserir na Eneida a glorificación de Augusto, da súa familia e doutros personaxes e familias ilustres

2.2.2.4. Virxilio asociouse con entusiasmo ao movemento promovido por Augusto > restauración moral e cívica de Roma Augusto soubo enlazar o orgullo nacional romano coas novas tendencias helenizantes. Pretendía ao mesmo tempo restaurar a vella relixión e a austeridade das costumes antigas, consideradas como expoñente das gloriosas xeracións pretéritas, sen perder as simpatías das clases ricas e refinadas.

2.2.2.4.1. Preciso: mostrarse tolerante co luxo material e canalizar a vida espiritual e a influenza grega

2.2.2.5. O autor da Eneida pasara a súa mocidade nun medio literario e mundano e compartía o gusto polo helenismo alexandrino

2.2.2.6. As circunstancias puxérono en contacto con Augusto > acabar unha época violenta civís > clima apropiado para o desenvolvemento das letras

2.2.2.6.1. O proxecto dun poema épico nacional, que vinculase á familia imperial con Eneas agradou ao emperador

2.2.2.7. Raras veces coincidiron tan ben

2.2.2.7.1. Intencións dun poeta

2.2.2.7.2. Os desexos dun caudillo

2.2.2.7.3. As esixencias dun público

2.2.2.8. Os romanos da época de Augusto non se adaptaron aínda á súa nova condición de señores do mundo e á vida da Roma cosmopolita > preciso achar no seu pasado austero unha xustificación do seu poderío presente

2.2.2.9. Para practicar os vellos ritos relixiosos e os usos de tempos remotos debían antes coñecelos. Para proclamarse herdeiros dun carácter étnico e das súas tradicións morais había que atopar en todas as xeracións pretéritas o romano tipo

2.2.2.9.1. Os gregos contaban cunhas tradicións que se remontaban a épocas remotísimas > lenda da fundación de Roma databa esta tan só sete séculos antes

2.2.2.10. A gloria esperaba ao poeta que lograse codificar as virtudes nacionais e atopar antepasados remotos a este pobo de advenedizos

2.2.2.10.1. Varios poetas intentárano explotando unha lenda elaborada na Magna Grecia > explicar o antagonismo Roma - Cartago como epílogo dun desgraciado episodio amoroso entre os fundadores de ambas cidades

2.2.2.11. As máis antigas familias romanas gabábanse de ter a algún dos compañeiros de Eneas como fundador da súa estirpe. Xulio César pretendera relacionar á Gens Iulia con Iulo, o fillo de Eneas e, xa que logo, coa deusa Venus > pois Eneas era fillo dun mortal, Anquises, e da propia Venus

2.2.2.11.1. O tema da Eneida resultaba non só nacional, senón tamén dinástico: Roma podía gobernar o mundo e César e os seus descendentes debían gobernar aos Romanos

2.2.3. Estilo

2.2.3.1. Virxilio abre unha etapa nova na poesía épica.

2.2.3.1.1. Epopea sabia, produto de coñecementos sometidos a unha selección e integrados nunha unidade concibida e realizada á perfección: a glorificación de Roma.

2.2.3.2. Distínguese pola súa subxectividade

2.2.3.3. Épica feita de dores e de paixóns, escrita con gran penetración psicolóxica e espírito elexíaco

2.2.3.4. Representa as virtudes máis excelsas dos verdadeiros clásicos.

2.2.3.5. O mesmo equilibrio e harmonía caracteriza a lingua e o estilo virxilianos

2.2.3.5.1. Conxúganse maxistralmente a solemnidade épica coa graza dos poetas neotéricos

2.2.3.5.2. Usa as palabras con absoluta propiedade e exacta colocación

2.2.3.5.3. Evoca cores e sons

2.2.3.5.4. Esta poesía está chea de sonoridades e do murmurio dos ríos, do fragor das rochas e do estalo dos bosques

2.2.3.5.5. Por isto en vida se converteu nun clásico

2.2.4. A sensibilidade poética de Virxilio

2.2.4.1. A sensibilidade de Virxilio é superior á súa imaxinación

2.2.4.2. A súa delicadeza, superior á súa forza

2.2.4.3. A súa natureza poética lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica

2.2.4.4. Sobre o sanguento campo de batalla Virxilio fai brotar a súa sensibilidade, o seu amor á natureza, a todo > suscitar ternura e melancolía

2.2.4.5. Novo sentimento na poesía romana > amor pola natureza e pola simpatía e piedade polos infortunios humanos

2.2.4.6. Virxilio é o poeta do corazón, da doce melancolía > comprende a fraxilidade das cousas humanas

2.2.4.7. Constitúe unha avanzada das inquietudes sociais dos actuais séculos > comprensión e respecto das miserias humanas. Virxilio

2.2.4.7.1. Trazou un cadro da Antigüidade co que ela ten de máis belo

2.2.4.7.2. É o precursor dos tempos actuais, no que teñen de mellor, de máis nobre, de máis xeneroso

2.2.4.8. A Eneida

2.2.4.8.1. Grega pola inspiración

2.2.4.8.2. Romana polo espírito que a anima

2.2.4.8.3. Cristiá case polo corazón

2.2.4.9. É a obra que canta

2.2.4.9.1. A morriña do pasado de Roma

2.2.4.9.2. O presente glorioso de Roma

2.2.4.9.3. O porvir da Humanidade

2.2.4.9.4. Amor universal ao home > presentido pola alma e o corazón dun poeta inmortal

2.2.5. Argumento da Eneida

2.2.5.1. LIBRO I

2.2.5.1.1. : As naves dos troianos son arroxadas ás costas africanas por unha violenta tempestade que lles envía Xuno. Venus, quen pouco antes obtivera de Xúpiter e infórmalle a Eneas de que se atopa nas terras da fenicia Dido

2.2.5.2. LIBRO II

2.2.5.2.1. Comezan os recordos de Eneas, como llos conta a Dido no banquete

2.2.5.3. LIBRO III

2.2.5.3.1. Eneas e uns compañeiros navegan ás costas de Tracia. Vai á illa de Delos, a Creta e ás illas Estrófades

2.2.5.4. LIBRO IV

2.2.5.4.1. É o famoso libro dos amores de Dido e Eneas. Dido cóntalle a súa irmá que se namorou do heroe troiano, pero aínda respecta a memoria de Siqueo (primeiro marido, morto)

2.2.5.5. LIBRO V

2.2.5.5.1. As naves son arroxadas de novo por unha tempestade ás costas de Sicilia. Acólleos o rei Acestes, e celebra entón Eneas sacrificios e xogos no sepulcro do seu pai. Realizan diferentes xogos

2.2.5.6. LIBRO VI

2.2.5.6.1. Chega por fin Eneas ás costas de Italia, a Cumas. Entrevístase coa Sibila, escoita o seu oráculo e pídelle que o acompañe ás mansións infernais para ver ao seu pai

2.2.5.7. LIBRO VII

2.2.5.7.1. Comeza a segunda parte do poema, as guerras no Lacio. Navega a flota troiana seguindo as costas de Italia, e penetra nas augas do Tíber. Eneas recoñece nestas terras a patria que lle ten asignado o destino

2.2.5.8. LIBRO VIII

2.2.5.8.1. Turno busca axuda entre todos os pobos do Lacio. O deus do Tíber aparécese en soños a Eneas e advírtelle que debe buscar a alianza con Evandro. Parte Eneas en busca de Evandro e este recíbeo favorablemente

2.2.5.8.2. Venus, preocupada polas guerras que agardan ao seu fillo, solicita o favor de Vulcano, quen ordena aos seus Cíclopes que preparen para o heroe unhas armas marabillosas

2.2.5.9. LIBRO IX

2.2.5.9.1. Aproveitando a ausencia de Eneas que lle descobre Iris, Turno pon sitio ao campamento troiano e queima as súas naves > deusa Cibeles converte en Ninfas do mar

2.2.5.9.2. Aventura nocturna de Niso e Euríalo > tratan de romper o cerco para avisar ao seu rei da difícil situación do campo troiano

2.2.5.9.3. Turno ataca con redobradas forzas, e o propio Ascanio debe empuñar as armas contra os atacantes, dando morte a Numano

2.2.5.10. LIBRO X

2.2.5.10.1. Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio. O pai dos deuses permanecer neutral

2.2.5.10.2. Cando os rútulos preparan un segundo ataque, preséntase Eneas coas tropas tirrenas. Mecencio está ao mando do exército latino ata que é ferido por Eneas. Mecencio volve enardecido ao combate e é morto por Eneas

2.2.5.11. LIBRO XI

2.2.5.11.1. Celebra Eneas en honor de Marte a morte de Mecencio, e envía á cidade de Evandro os restos de Palante. Regresan á corte de Latino os mensaxeiros que enviara a Diomedes e anuncian que non puideron conseguir a súa alianza; isto provoca un debate na asemblea dos latinos, e Turno e Drances enfróntanse en defensa da guerra e a paz cos troianos

2.2.5.12. LIBRO XII

2.2.5.12.1. Acepta Turno enfrontarse en combate singular segundo a proposta de Eneas > a man de Lavinia para o vencedor

2.2.5.12.2. A Ninfa Iuturna actúa entre o exército latino e consegue que se rompa o pacto porque Tolumnio dispara os seus dardos contra os troianos. O caudillo troiano é curado cunhas herbas que lle envía a súa nai

2.2.5.12.3. Busca logo a Turno, pero Iuturna manteno afastado do combate. Eneas decide iniciar o asalto final á cidade. Morre Turno a mans de Eneas

2.2.6. Influencia de Virxilio na literatura universal

2.2.6.1. Na literatura latina hai obras con comezos moi coñecidos e frecuentemente citados e imitados

2.2.6.1.1. Isto ocorre coa Eneida

3. Introdución

3.1. Palabra "épica" vén do latín epos ("poema heroico") > da palabra grega ἔπος

3.1.1. Inicialmente, significada "palabra" ou "obra", máis tarde adquiriu o significado de "poesía épica"

3.2. Épica: conxunto de manifestacións literarias que narran as fazañas lexendarias de diversos heroes históricos ou lendarios ou as orixes míticas dun pobo

3.2.1. Por iso tamén recibe o nome de poesía heroica

3.3. Non xorde na tradición oral propia. Iniciouse desde o ámbito escrito > imitación dos autores gregos

3.3.1. A pesar de ser xénero grego > adoptar trazos propios e deu lugar a obras de transcendencia nas literaturas modernas

3.4. Características xerais

3.4.1. Xorde da admiración que o poeta sente ante personaxes de influencia colectiva

3.4.1.1. Por oposición á lírica

3.4.1.1.1. Nace da necesidade de expresar sentimentos amorosos de tipo persoal

3.4.2. O autor non acostuma adoptar unha posición obxectiva

3.4.2.1. Recolle fazañas de heroes propios da súa cultura

3.4.2.2. Demostra a admiración que lles profesa

3.5. Características principais que identifican a épica como xénero:

3.5.1. Orixe

3.5.1.1. Maior parte das culturas >comezou sendo oral e cantada. Non foi o caso da épica latina

3.5.2. Forma

3.5.2.1. Escrita en verso e unha versificación maxestosa e lenta. Nas literaturas grega e romana os poetas > hexámetro.

3.5.3. Tema

3.5.3.1. Soe cantar as victorias e as fazañas dos seres heroicos máis recoñecidos por unha comunidade

3.5.3.2. Na épica grega, modelo da latina, narráronse as fazañas e aventuras dos heroes gregos e troianos que se enfrontaron na guerra de Troia

3.5.3.2.1. A Ilíada

3.5.3.2.2. A Odisea

3.5.4. Figuras heroicas

3.5.4.1. Encarnan > valores morais e actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou

3.5.5. Figuras retóricas

3.5.5.1. Xénero de tradición oral > fórmulas que lle permitían ó rapsoda (o que relataba o poema épico) > mellor memorización

3.5.5.2. Soen ser versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico, serven como epítetos que caracterizan personaxes humanos ou divinos

3.5.5.3. Os símiles ou as comparacións indican o paso dun episodio a outro

3.5.5.3.1. Danlle plasticidade e viveza á narración,

3.5.5.3.2. Relaxan a atención tras momentos dunha tensión especial

4. Antecedentes

4.1. Obxecto específico da poesía épica > cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas

4.2. Os romanos, cuxas fazañas militares pasman ao mundo > primeiros poemas épicos a finais do século II a.C.

4.3. Nos séculos anteriores poden rastrexarse indicios do que logo será a gran poesía épica

4.3.1. Elogia

4.3.1.1. Inscricións funerarias en verso, en eloxio dun defunto

4.3.1.2. Famosas as que figuran en sepulcros de membros da familia dos Escipións

4.3.1.2.1. Narran o valor, os méritos diversos e as gloriosas fazañas do morto

4.3.2. Carmina convivalia (cantos de banquetes)

4.3.2.1. Máis claros precedentes da poesía épica

4.3.2.2. Costume nos primeiros séculos de Roma cantar ao final dos banquetes, con acompañamento de frauta ou sen el

4.3.2.2.1. clarorum uirorum laudes atque virtutes > as glorias e as valorosas fazañas dos antepasados ilustres

4.3.2.3. Debeu de existir un ciclo épico de cantos heroicos > base ás lendas de personaxes heroicos transmitidas logo polos historiadores (Tito Livio, sobre todo) > primeiros tempos de Roma

4.3.2.3.1. Lendas de Rómulo

4.3.2.3.2. Servio Tulio

4.3.2.3.3. Horacio Cocles

4.3.2.3.4. Os Horacios e os Curiacios

4.3.2.3.5. Mucio Escévola

4.3.2.3.6. A moza Clelia

4.3.2.3.7. Etc.

4.3.2.4. A perda destes cantos heroicos orais debeuse:

4.3.2.4.1. Aparición da historiografía escrita que recolleu o seu contido

4.3.2.4.2. Influencia grega, que fixo desaparecer moitos elementos romanos autóctonos (como o verso saturnio)

4.3.3. Carmina triumphalia (cantos de triunfo)

4.3.3.1. Cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal

4.3.3.2. Celebraban neles as fazañas do xeneral e as súas propias na guerra

4.3.3.3. Ás veces desembocaban en trazos de humor. Burlas dirixidas ata ao propio xeneral en xefe

4.3.4. Neniae (cantos fúnebres)

4.3.4.1. Honras fúnebres de personaxes ilustres > parentes primeiro, e logo mulleres contratadas para iso (praeficae ou plañideiras) > fúnebre melopea co eloxio do defunto

4.3.4.1.1. das súas virtudes

4.3.4.1.2. dos seus feitos heroicos