Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Épica by Mind Map: Épica

1. Introdución

1.1. Épica

1.1.1. Do latín"epos" (poema heroico)

1.1.2. Do grego "ἔπος"

1.1.2.1. 1º. "palabra" ou "obra"

1.1.2.2. 2º. "poesía épica"

1.1.3. Conxunto de manifestacións literarias

1.1.4. Narran as fazañas lexendarias de diversos heroes históricos ou lendarios ou as orixes míticas dun pobo

1.1.5. Iniciouse dende o ámbito escrito a través da imitación dos autores gregos

1.1.6. Xénero grego que soubo adoptar os seus trazos propios e deu lugar a obras de gran transcendencia nas literaturas modernas

1.2. Características xerais

1.2.1. A épica xorde

1.2.1.1. Admiración que o poeta sente ante personaxes de influencia colectiva

1.2.1.2. Nace da necesidade de expresar sentimentos amorosos de tipo persoal

1.2.1.3. Autor non acostuma adoptar unha posición obxectiva

1.2.1.4. O autor recolle fazañas de heroes propios da súa cultura e demostra a admiración que lles profesa

1.2.2. Características principais que identifican a épica como xénero

1.2.2.1. A súa orixe

1.2.2.1.1. Comezou sendo oral e cantada, feito que non se produce no caso da épica latina

1.2.2.2. A forma

1.2.2.2.1. Escrita en verso e emprega unha versificación maxestosa e lenta

1.2.2.2.2. Nas literaturas grega e romana, os poetas servíronse do hexámetro

1.2.2.3. O tema

1.2.2.3.1. Canta as victorias e as fazañas dos seres heroicos máis recoñecidos por unha comunidade

1.2.2.3.2. Narráronse as fazañas e aventuras dos heroes gregos e troianos que se enfrontaron na guerra de Troia (épica grega e latina)

1.2.2.4. Figuras heroicas

1.2.2.4.1. Encarnan os valores morais e as actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou

1.2.2.5. Figuras retóricas

1.2.2.5.1. Utilizaban unhas fórmulas, que lle permitían ó rapsoda unha mellor memorización do texto

1.2.2.5.2. Versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico

1.2.2.5.3. Epítetos que caracterizan personaxes humanos ou divinos

1.2.2.5.4. símiles ou as comparacións que indican o paso dun episodio a outro e imprímenlle plasticidade e viveza á narración

1.3. Antecedentes

1.3.1. O seu obxecto específico é cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas (Horacio)

1.3.2. Os romanos produciron os seus primeiros poemas épicos a finais do século II a.C

1.3.3. En séculos anteriores, poden rastrexarse indicios do que logo será a gran poesía épica

1.3.4. Elogia

1.3.4.1. Inscricións funerarias en verso, en eloxio dun defunto

1.3.4.2. Famosas as que figuran en sepulcros de membros da familia dos Escipións

1.3.4.3. Narran o valor, os méritos diversos e as gloriosas fazañas do morto

1.3.5. "Carmina convivalia" ("cantos de banquetes")

1.3.5.1. Os máis claros precedentes da poesía épica

1.3.5.2. nos primeiros séculos de Roma cantarban ao final dos banquetes as glorias e as valorosas fazañas dos antepasados ilustres

1.3.5.3. Existiu todo un ciclo épico de cantos heroicos

1.3.5.4. Serviron de base ás lendas de personaxes heroicos transmitidas logo polos historiadores cando se refiren aos primeiros tempos de Roma

1.3.5.5. A perda destes cantos heroicos, de transmisión oral, puido deberse á aparición da historiografía escrita

1.3.6. "Carmina triumphalia" ("cantos de triunfo")

1.3.6.1. Cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal desde as aforas de Roma ata o Capitolio

1.3.6.2. Fazañas do xeneral e as súas propias na guerra, xactándose de dar morte a miles de inimigos

1.3.6.3. Ás veces desembocaban en trazos de humor, en burlas dirixidas ata ao propio xeneral en xefe

1.3.7. "Neniae" ("cantos fúnebres")

1.3.7.1. Os parentes e as "praeficae" ou plañideiras

1.3.7.2. Recitaban unha fúnebre melopea co eloxio do defunto, das súas virtudes e dos seus feitos heroicos

1.4. Época, autores e obras representativas

1.4.1. Época Arcaica (III – II a.C)

1.4.1.1. Autores que imitaron as estructuras da épica grega, adaptándoa ós temas xenuínos do pobo romano

1.4.1.2. Livio Andrónico

1.4.1.2.1. Escribiu "Odussia" ("Odisea").

1.4.1.2.2. Primeiro poema épico romano

1.4.1.2.3. Transposición da "Odisea" de Homero ó ámbito latino

1.4.1.3. Gneo Nevio

1.4.1.3.1. "Bellum poenicum" ("Guerra púnica") é o primeiro libro orixinal na épica romana

1.4.1.3.2. Reflicte un feito histórico contemporáneo do autor: a primeira guerra púnica

1.4.1.4. Ennio

1.4.1.4.1. En "Annales" ("Anais") narra a historia de Roma desde as súas orixes

1.4.1.4.2. Poeta nacional romano por excelencia

1.4.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)

1.4.2.1. O goberno de Augusto propón unha rexeneración moral da sociedade romana

1.4.2.2. Exaltación destes valores morais da Roma arcaica

1.4.2.3. Magnifícanse os heroes romanos que encarnan estes valores

1.4.2.4. Virxilio

1.4.2.4.1. A "Eneida", poema épico-heroico que narra o periplo do heroe troiano Eneas

1.4.2.4.2. Foxe da súa cidade, ó ser arrasada polos gregos, e chega ao Lacio onde, despois de loitar con diversos inimigos, logra fundar a nova Troia, por orde dos deuses

1.4.2.5. Ovidio

1.4.2.5.1. "Metamorfose", de ton máis superficial có anterior, relata os cambios de forma que sufriron diversos personaxes

1.4.2.6. Lucano

1.4.2.6.1. "Farsalia·, poema épico-histórico, narra os acontecementos da guerra civil entre os xenerais Xulio César e Pompeio

1.4.3. Época posclásica (s. I. d.C.)

1.4.3.1. Epopeas latinas posteriores pecan de excesiva retórica e ornamento

1.4.3.2. Silio Itálico (Púnica)

1.4.3.2.1. Epopea en dezasete cantos e 12.000 hexámetros que narra a segunda guerra púnica

1.4.3.2.2. Os acontecementos narrados van do xuramento de Aníbal ao triunfo de Escipión tras a batalla de Zama.

1.4.3.2.3. O estilo desta epopea segue o modelo de Virxilio

1.4.3.3. Valerio Flaco (Argonáuticas)

1.4.3.3.1. Mito da expedición dos Argonautas na busca do vélaro de ouro, comandados por Xasón, na famosa nave Argo

1.4.3.3.2. Composta na 2ª metade do século I e quedou sen rematar pola morte do poeta

1.4.3.4. Papinio Estacio (Tebaida e Aquileida)

1.4.3.4.1. "Tebaida"

1.4.3.4.2. "Aquileida"

2. Virxilio

2.1. Vida e obra

2.1.1. Naceu no 70 a.C en Mantua

2.1.2. Familia de clase media

2.1.3. Estudou varios anos en Milán e Roma

2.1.4. Estuda filosofía co epicúreo Sirón en Nápoles

2.1.5. "Bucólicas" é a súa primeira obra de envergadura

2.1.6. Regresou a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas e Augusto, e identifícase cos seus proxectos

2.1.7. Escribiu as "Xeórxicas"

2.1.7.1. 29 a.C

2.1.7.2. Poema que trata de glosar e informar acerca das labores do campo, tanto da agricultura como da gandeiría

2.1.7.3. Representa un eloxio á vida rural e un canto á natureza

2.1.8. Escribiu a "Eneida", que lle levou dez anos

2.1.8.1. Visitou os escenarios nos que transcorría o poema, e iniciou así unha viaxe por Grecia e Asia Menor

2.1.9. Caeu enfermo a medio camiño e foi trasladado a talia, onde morreu sen concluír o poema

2.1.10. Ordenou antes de morrer que esta obra fose queimada

2.1.11. Os seus amigos non lle fixeron caso e publicárona tal e como el a deixara

2.1.12. Algúns versos estaban incompletos

2.1.13. Publicárono coa autorización do emperador Augusto

2.2. A "Eneida"

2.2.1. Por encargo do emperador Augusto

2.2.2. Considerada a epopea nacional de Roma

2.2.3. Non recolle diversas versións orais, senón que se elaborou como unha síntese da "Odisea" e mais da "Ilíada" de Homero

2.2.4. Escrita en hexámetros e distribuída en doce libros, cunha estructura argumental que segue os poemas de Homero:

2.2.4.1. Primeiros seis libros nárranse as peripecias de Eneas na súa viaxe de Troia a Italia,

2.2.4.1.1. Ao xeito da "Odisea" homérica

2.2.4.2. Nos seis últimos relátanse os conflictos que precisou superar ata que puido establecer a paz na comarca de Alba Longa

2.2.4.2.1. Ocorre no sitio narrado pola "Ilíada"

2.2.5. Presenta elementos propios da épica tradicional que lle confiren o vigor heroico e a solemnidade características dun poema épico

2.2.6. O tema responde ás características do xénero

2.2.6.1. Todo sucede pola ira da deusa Xuno, que se manifesta ó comezo da obra e que non se aplaca ata o remate

2.2.7. Outrogoulle moitas novidades que ao poema

2.2.7.1. Modernidade suficiente como para que aínda teña un grande atractivo entre os lectores actuais

2.2.7.2. Uso da profecía

2.2.7.2.1. Introduce os grandes momentos da historia romana, que lle permiten loubar a Augusto

2.2.7.3. Habilidade na descrición de personaxes

2.2.7.3.1. A raíña Dido reúne os trazos propios dunha heroína tráxica

2.2.7.3.2. Turno, rival de Eneas no Lacio, é o antagonista

2.2.7.3.3. En toda a obra unha longa lista de personaxes que responden a todo tipo de tópicos sociais

2.2.8. Finalidade da obra:

2.2.8.1. Pensou primeiro na posibilidade de compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto

2.2.8.2. Decidiuse por un tema máis grandioso e máis acorde coa súa robusta inspiración e a súa independencia artística

2.2.8.2.1. Exaltación de Roma nas súas orixes mitolóxicas

2.2.8.3. Tema fundamental da súa epopea

2.2.8.3.1. Nevio cantara un suceso contemporáneo

2.2.8.3.2. Ennio cantara a historia de Roma ata o seu tempo

2.2.8.4. Consegue inserir a glorificación de Augusto, da súa familia e doutros personaxes e familias ilustres

2.2.8.5. Eneas baixa aos infernose Anquises fai desfilar ante os seus ollos, os heroes gloriosos que vai procrear Roma

2.2.8.6. Virxilio aproveita para enxalzar á familia de Augusto, a familia Iulia, á que fai descender de Iulo, fillo de Eneas

2.2.8.7. No libro VIII

2.2.8.7.1. Venus, nai de Eneas, pide a Vulcano que forxe un escudo para o seu fillo

2.2.8.7.2. Vulcano grava no escudo unha sucinta historia de Roma

2.2.8.8. Identifica, nunha hábil síntese, a historia nacional coa historia da dinastía imperial

2.2.8.9. Asociouse con entusiasmo ao movemento promovido por Augusto en prol dunha restauración moral e cívica de Roma

2.2.8.10. Augusto soubo enlazar o orgullo nacional romano coas novas tendencias helenizantes

2.2.8.11. Pretendía ao mesmo tempo restaurar a vella relixión e a austeridade das costumes antigas

2.2.8.12. Mostrábase tolerante co luxo material e canalizar, xa que non podía coartar, a vida espiritual e a influenza grega

2.2.8.13. Os romanos cultos mostrábanse displicentes ante as reformas relixiosas e morais de Augusto

2.2.8.13.1. Coñecían a fondo os poemas homéricos e a literatura grega

2.2.8.13.2. Dispostos a saborear a réplica romana da Ilíada e da Odisea

2.2.8.14. Ía lograr satisfacer as esixencias deste público selecto e ávido de creacións literarias

2.2.8.15. Virxilio

2.2.8.15.1. Pasara a súa mocidade nun medio literario e mundano

2.2.8.15.2. Compartía o gusto polo helenismo alexandrino

2.2.8.15.3. As circunstancias puxérono en contacto con Augusto creara un clima apropiado para o desenvolvemento das letras

2.2.8.15.4. O proxecto virxiliano dun poema épico nacional, que vinculase á familia imperial con Eneas, agradou moitísimo ao emperador

2.2.8.15.5. Non se trataba dunha obra de encarga que puidese restrinxir a liberdade do poeta

2.2.8.15.6. Raras veces coincidiron tan ben as intencións dun poeta, os desexos dun caudillo e as esixencias dun público

2.2.8.16. Os romanos da época de Augusto non se adaptaron aínda á súa nova condición de señores do mundo e á vida da Roma cosmopolita

2.2.8.17. Para practicar os vellos ritos relixiosos e os usos de tempos remotos debían antes coñecelos

2.2.8.18. Para proclamarse herdeiros dun carácter étnico e das súas tradicións morais...

2.2.8.18.1. Atopar en todas as xeracións pretéritas, desde as orixes de Roma ata Augusto

2.2.8.18.2. Romano tipo

2.2.8.18.3. home de acción, frío, sereno, enérxico, con dominio absoluto de si mesmo, disciplinado e obediente á vontade divina, superior ao home grego, intelixente pero frívolo

2.2.8.19. a lenda da fundación de Roma databa esta tan só sete séculos antes

2.2.8.20. A gloria esperaba ao poeta que lograse codificar as virtudes nacionais e atopar antepasados remotos a este pobo de advenedizos

2.2.8.21. Roma-Cartago

2.2.8.21.1. Desgraciado episodio amoroso entre os fundadores de ambas cidades: a raíña Dido e o troiano Eneas

2.2.8.21.2. Nexo que vinculaba a dinastía de Príamo aos primeiros romanos

2.2.8.21.3. Podía explicarse a conquista de Grecia polos Romanos como unha vinganza da destrución de Troia polos gregos

2.2.8.22. As máis antigas familias romanas gabábanse de ter a algún dos compañeiros de Eneas como fundador da súa estirpe

2.2.8.23. Xulio César pretendera relacionar á Gens Iulia con Iulo, o fillo de Eneas

2.2.8.24. Logo coa deusa Venus, pois Eneas era fillo dun mortal, Anquises, e da propia Venus

2.2.8.25. O tema da Eneida resultaba, pois, non só nacional, senón tamén dinástico

2.2.8.26. Roma podía gobernar o mundo e César e os seus descendentes debían gobernar aos Romanos

2.2.8.27. Das ruínas de Troia debía nacer un pobo rei, capaz de someter ao mundo enteiro ao seu imperio soberano

2.2.8.28. Ese é o designio dos deuses, que reservan a Eneas esa misión providencial, preludio da misión civilizadora de Roma

2.2.9. Estilo

2.2.9.1. Segue as pegadas de Homero e imita episodios homéricos

2.2.9.2. Abre unha etapa nova na poesía épica

2.2.9.3. É unha epopea sabia, produto de vastos coñecementos sometidos a unha rigorosa selección e integrados harmonicamente nunha unidade concibida e realizada á perfección

2.2.9.3.1. Glorificación de Roma

2.2.9.4. Subxectividade, nacida da súa simpatía coa natureza enteira, os seres animados e os inanimados

2.2.9.5. Épica feita de dores e de paixóns, escrita con gran penetración psicolóxica e espírito elexíaco

2.2.9.6. Contempla a homes que sofren e caen, non a soldados que combaten e realizan prodixios de heroísmo

2.2.9.7. Eneas, non é un puro guerreiro, senón o "pius Aeneas", o heroe relixioso e humano, desgarrado por unha traxedia interior

2.2.9.7.1. Obedecer aos deuses, e por iso abandona, contra a súa vontade, a Dido

2.2.9.7.2. Mata, contra a súa vontade e tras dubidalo moito, a Turno, o seu antagonista

2.2.9.7.3. ten humanidade de sentimentos, non incompatible co valor guerreiro

2.2.9.8. A obra ten nos seus personaxes un perfecto equilibrio, que é a virtude máis excelsa dos verdadeiros clásicos

2.2.9.9. Equilibrio e harmonía caracteriza a lingua e o estilo virxilianos

2.2.9.10. Palabras con absoluta propiedade e coa colocación exacta

2.2.9.11. Evoca, como ningún outro poeta, cores e sons

2.2.9.12. Resulta ás veces doce, ás veces brillante, ás veces vigoroso, segundo conveña á ocasión

2.2.9.13. Chea de sonoridades e do murmurio dos ríos, do fragor das rochas golpeadas polos mares e do estalo dos bosques

2.2.9.14. Xa en vida converteuse nun clásico

2.2.9.15. A súa fama non decaeu xamais

2.2.9.15.1. A Idade Media, na que Dante o elixiu como guía para o Inferno

2.2.9.15.2. Época actual, na que se lle chamou a Virxilio “pai de Occidente”

2.2.10. Sensibilidade poética en Virxilio

2.2.10.1. É superior á súa imaxinación; a súa delicadeza, superior á súa forza

2.2.10.2. A súa natureza poética lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica

2.2.10.3. A súa alma non lle permite escapar ás dores e infortunios dos seus 7 personaxes

2.2.10.4. O poeta chora e sofre con eles

2.2.10.5. Brota a súa sensibilidade, o seu amor á natureza, a todo canto pode suscitar no ánimo a tenrura ou a melancolía

2.2.10.6. A súa alma sempre aberta á natureza

2.2.10.7. Compara:

2.2.10.7.1. Caída de Troia co olmo que roda desde os cumes

2.2.10.7.2. Axitación de Dido, coa fuxida dunha cerva ferida

2.2.10.7.3. Os terribles berros de Laocoonte, cos muxidos horrendos do touro que escapa ferido do sacrificio

2.2.10.7.4. A actividade cartaxinesa, cunha rumorosa colmea

2.2.10.7.5. A marcha dos guerreiros, co voar dunha bandada de cisnes

2.2.10.7.6. A sarabiada de frechas que cae sobre Eneas, coa sarabia que se abate devastadora sobre a campiña

2.2.10.8. Amor pola natureza, simpatía e piedade polos infortunios humanos, polos necesitados, polos desherdados da sorte

2.2.10.9. A tenrura desbordada do alma virxiliana permítelle afondar no corazón de Dido

2.2.10.10. Pinta a batalla que nel se libra entre o amor a Eneas e o respectuoso recordo de Siqueo

2.2.10.11. É o poeta do corazón, da doce e delicada melancolía, que comprende a fraxilidade das cousas humanas

2.2.10.12. Describe a tristeza de Andrómaca, viúva e cativa, cunha graza conmovedora

2.2.10.13. Casandra, agrilloada polos seus cativadores, tende suplicante ao ceo os ollos callados de bágoas en oración inútil

2.2.10.14. A agonía dos guerreiros mortos na flor da súa mocidade fai chorar ao poeta

2.2.10.14.1. Corebo expira en presenza da súa prometida

2.2.10.14.2. Euríalo, ante Niso

2.2.10.14.3. Palante, á vista de todo o exército, que estala en queixumes

2.2.10.14.4. Lauso morre para salvar a vida do seu pai

2.2.10.15. As lamentacións da nai de Euríalo ou as de Evandro alcanzan un patetismo dificilmente igualable

2.2.10.16. Ao cantar a morte de Marcelo, Virxilio fai vibrar o seu corazón de cidadán e de amigo cos acentos da máis pura sinceridade

2.2.10.17. Dido e os cartaxineses saben comprender e compartir as desgrazas alleas porque eles tamén padeceron

2.2.10.18. Eneas entenrécese pola morte cruel de Lauso e ata os deuses chegan a conmoverse polas miserias humanas

2.2.10.19. Aporta o amor, a bondade, a xenerosidade, a fraternidade entre os homes

2.2.10.20. Anuncio da actitude cristiá ante a vida, coas súas dolorosas meditacións e o seu inmenso amor ao próximo

2.2.10.21. Avanzada das inquietudes sociais dos actuais séculos, marcados pola comprensión e o respecto das miserias humanas e por un ansia irresistible de remedialas

2.2.10.22. Trazou un cadro da Antigüidade co que ela ten de máis belo e é o precursor dos tempos actuais, no que teñen de mellor, de máis nobre, de máis xeneroso

2.2.10.23. A "Eneida"

2.2.10.23.1. grega pola inspiración

2.2.10.23.2. romana polo espírito que a anima,

2.2.10.23.3. cristiá case polo corazón

2.2.10.23.4. obra que canta a morriña do pasado de Roma, o seu presente glorioso e o porvir da Humanidade

2.2.10.23.5. Amor universal ao home, presentido xa polo alma xenerosa e o corazón inmenso dun poeta inmortal

2.2.11. Argumento da "Eneida"

2.2.11.1. Libro I

2.2.11.1.1. Naves dos troianos son arroxadas ás costas africanas por unha violenta tempestade que lles envía a rancorosa Xuno

2.2.11.1.2. Venus, aparéceselle a Eneas como unha cazadora, e infórmalle de que se atopa nas terras da fenicia Dido, agora raíña de Cartago

2.2.11.1.3. Entra Eneas nesta cidade co seu amigo Acates rodeados por unha nube que os oculta, e poden así contemplala sen que ninguén os vexa

2.2.11.1.4. Asisten tamén ao relato de Ilioneo e Eneas envía a Acates en busca de Ascanio e de agasallos para Dido

2.2.11.1.5. Venus, convencendo a Cupido para que suplante ao fillo de Eneas e tome o seu aspecto, logra que o corazón da raíña se inflame de amor

2.2.11.1.6. A raíña ofrece un banquete aos seus hóspedes e pide a Eneas que lle conte as súas aventuras

2.2.11.2. Libro II

2.2.11.2.1. Recordos de Eneas, tal como llos conta a Dido no banquete, e que se van a estender ao longo de dous libros

2.2.11.2.2. Caída de Troia, logo que os gregos lograron introducir o cabalo na cidade

2.2.11.2.3. Aparécese a Eneas a pantasma de Héctor que lle anuncia o desastre e lle pide que escape e busque novas murallas para os deuses da cidade

2.2.11.2.4. Saqueo da cidade e a morte dalgún dos seus personaxes máis importantes e en especial a do rei Príamo.

2.2.11.2.5. Eneas decide abandonar a patria para o que ha de vencer, axudado por sinais do ceo, a resistencia de Anquises, o seu pai

2.2.11.2.6. Saen ao fin no camiño pérdese definitivamente Creúsa, a esposa do heroe, quen se encamiña ás montañas co seu pai e Ascanio, o seu fillo

2.2.11.3. Libro III

2.2.11.3.1. Eneas, cos compañeiros que puideron escapar á catástrofe, prepara unha flota e navega ás costas de Tracia

2.2.11.3.2. Periplo que o leva sucesivamente á illa de Delos, a Creta, de onde deben partir precipitadamente por mor da peste, e ás illas Estrófades

2.2.11.3.3. Chegan ás costas de Epiro, onde atopan a Andrómaca e Héleno

2.2.11.3.4. Anúncialle este o seu brillante porvir e advírtelle dos perigos que debe evitar na navegación cara a Italia

2.2.11.3.5. Bordean as costas de Sicilia e, fronte ao Etna, atopan ao grego Aqueménides, supervivente da expedición de Ulises, que lles refire a aventura co Ciclope Polifemo

2.2.11.3.6. Evitan logo os escollos de Escila e Caribdis seguindo os consellos de Heleno, e chegan ao fin ao porto de Drépano, onde morre Anquises

2.2.11.3.7. Vén logo a tempestade que os arroxou ás praias de África, co que termina o relato de Eneas á raíña

2.2.11.4. Libro IV

2.2.11.4.1. Libro dos amores de Dido e Eneas

2.2.11.4.2. Dido abre o seu corazón a Ana, a súa irmá do alma, e exponlle o seu terrible dilema: namorouse do heroe troiano, pero aínda respecta a memoria de Siqueo, o seu primeiro marido xa morto

2.2.11.4.3. Dido rompe todos os lazos do pudor e entrégase a unha ardente paixón por Eneas

2.2.11.4.4. Xuno e Venus acordan -as dúas están finxindo- propiciar a unión de Dido con Eneas e unir aos dous pobos

2.2.11.4.5. Xúpiter envía a Mercurio para que recorde a Eneas o obxectivo da súa misión e repróchalle o seu abandono

2.2.11.4.6. Segredo a partida pero Dido descóbreo e intenta convencelo de mil maneiras para que se quede ao seu lado

2.2.11.4.7. Ao non conseguilo, a raíña decide quitarse a vida e maldicir para sempre a Eneas e ao seu pobo

2.2.11.4.8. Parten as naves troianas mentres asoman por encima das murallas as chamas da pira de Dido

2.2.11.5. Libro V

2.2.11.5.1. As naves son arroxadas de novo por unha tempestade ás costas de Sicilia, sen poder alcanzar Italia

2.2.11.5.2. Acólleos con amabilidade o rei Acestes, e celebra entón Eneas sacrificios e xogos no sepulcro do seu pai

2.2.11.5.3. As mulleres de Troia, incendian a flota e conseguen destruír catro naves

2.2.11.5.4. Xúpiter envía unha choiva milagrosa que impide a destrución total

2.2.11.5.5. Anquises aparécese en soños ao seu fillo e aconséllalle que deixe a parte da súa xente en Sicilia e se dirixa a Cumas, en Italia

2.2.11.5.6. Obedece Eneas ao seu pai, e no camiño perde a Palinuro, o piloto da súa nave

2.2.11.6. Libro VI

2.2.11.6.1. Eneas ntrevístase coa Sibila, escoita o seu oráculo e pídelle que o acompañe ás mansións infernais para ver ao seu pai

2.2.11.6.2. No inferno, atopan a sombra de Palinuro

2.2.11.6.3. Cegaron ás chairas do Choro, onde atopan a Dido e ao xentío dos soldados troianos mortos na guerra

2.2.11.6.4. Descrición do Tártaro e os seus suplicios

2.2.11.6.5. Eneas as moradas infernais pola porta de marfil

2.2.11.7. Libro VII

2.2.11.7.1. Segunda parte do poema, guerras no Lacio

2.2.11.7.2. Navega a flota troiana seguindo as costas de Italia, e penetra nas augas do Tíber

2.2.11.7.3. Eneas, ao ver cumprido o vaticinio de Celeno, recoñece nestas terras a patria que lle ten asignado o destino

2.2.11.7.4. Envía mensaxeiros ao rei Latino, quen o acolle favorablemente e, en cumprimento da antiga profecía, ofrécelle en matrimonio á súa filla Lavinia

2.2.11.7.5. Irritada de novo Xuno, envía á terra á furia Alecto, que ha de enfrontar a latinos e troianos para impedir a voda

2.2.11.7.6. Manobras de Alecto con Amata e o propio Turno a quen xa Latino prometera a man da súa filla, e que era o pretendente favorito da raíña Amata

2.2.11.7.7. Ascanio mata nunha cacería a un cervo da pastora Silvia e este incidente é a faísca que acende a guerra entre ambos pobos

2.2.11.8. Libro VIII

2.2.11.8.1. Turno busca axuda entre todos os pobos do Lacio

2.2.11.8.2. O deus do Tíber aparécese en soños a Eneas e advírtelle que debe buscar a alianza con Evandro

2.2.11.8.3. Parte Eneas en busca de Evandro e este recíbeo favorablemente

2.2.11.8.4. Conta o rei arcadio a orixe dos sacrificios que están celebrando en honor de Hércules, conmemorando a súa vitoria sobre Caco

2.2.11.8.5. Venus solicita o favor de Vulcano, quen ordena aos seus Cíclopes que preparen para o heroe unhas armas marabillosas

2.2.11.8.6. Por consello de Evandro fai que o seu propio fillo Palante se aliste xunto a Eneas,

2.2.11.8.7. Venus aparécese a Eneas e entrégalle as armas

2.2.11.9. Libro IX

2.2.11.9.1. Turno pon sitio ao campamento troiano e queima as súas naves, que a deusa Cibeles converte en Ninfas do mar

2.2.11.9.2. Aventura nocturna de Niso e Euríalo, quen tratan de romper o cerco para avisar ao seu rei da difícil situación do campo troiano

2.2.11.9.3. Morte de ambos amigos fai que decaia máis a moral dos soldados troianos

2.2.11.9.4. Turno ataca con redobradas forzas, e o propio Ascanio debe empuñar as armas contra os atacantes, dando morte a Numano

2.2.11.9.5. Pándaro e Bitias intentan enganar aos sitiadores e ábrenlles a porta que lles foi confiada

2.2.11.10. Libro X

2.2.11.10.1. Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio

2.2.11.10.2. Decide o pai dos deuses permanecer neutral, o que vén ser deixar a guerra en mans do fado e as súas disposicións

2.2.11.10.3. Preséntase Eneas coas tropas tirrenas e as que Evandro puxo baixo o mando do seu fillo Palante

2.2.11.10.4. As naves transformadas en Ninfas avisárono do perigo que corrían os troianos

2.2.11.10.5. Eneas desembarca e comeza o combate no que morre Palante a mans de Turno

2.2.11.10.6. Xuno consegue de Xúpiter que saque a Turno do campou, librándoo dunha morte inminente

2.2.11.10.7. Mecencio o mando do exército latino ata que é ferido por Eneas

2.2.11.11. Libro XI

2.2.11.11.1. Celebra Eneas en honor de Marte a morte de Mecencio, e envía á cidade de Evandro os restos de Palante

2.2.11.11.2. Chegan mensaxeiros do rei Latino a pactar unha tregua para dar sepultura aos mortos

2.2.11.11.3. Regresan á corte de Latino os mensaxeiros que enviara a Diomedes e anuncian que non puideron conseguir a súa alianza

2.2.11.11.4. Turno e Drances enfróntanse agriamente en defensa da guerra e a paz cos troianos, respectivamente

2.2.11.11.5. Chega á asemblea a noticia do avance de Eneas sobre Laurento e prepárase a defensa da cidade

2.2.11.11.6. Sae Camila á fronte do seu escuadrón de cabalería e se traba combate no que morre a heroína a mans de Arrunte

2.2.11.11.7. a Ninfa Opis vinga a súa morte por encargo da deusa Diana

2.2.11.11.8. Dispérsase o exército latino ante a morte de Camila e acode de novo Turno para salvar a situación

2.2.11.11.9. Chega ao campo de batalla á vez que Eneas; é de noite e ambos prefiren acampar ao pé das murallas de Laurento

2.2.11.12. Libro XII

2.2.11.12.1. Acepta Turno enfrontarse en combate singular segundo a proposta de Eneas, e que a man de Lavinia sexa para o vencedor

2.2.11.12.2. a Ninfa Iuturna actúa entre o exército latino e consegue que se rompa o pacto porque Tolumnio dispara os seus dardos contra os troianos

2.2.11.12.3. Renóvase o combate e é ferido Eneas

2.2.11.12.4. Mentres Turno se aproveita da súa ausencia, o caudillo troiano é curado milagrosamente cunhas herbas que lle envía a súa nai

2.2.11.12.5. Iuturna, transformada no auriga Metisco, manteno afastado do combate

2.2.11.12.6. Eneas iniciar o asalto final á cidade

2.2.11.12.7. Ante tan delicada situación afórcase a raíña Amata

2.2.11.12.8. a espantosa noticia lanza a Turno ao combate decisivo, tras descubrir o engano inútil da súa irmá

2.2.11.12.9. Morre Turno a mans de Eneas

2.3. Influencia de Virxilio na literatura universal

2.3.1. Os versos que inicía a súa obra serviron de modelo a moitos dos poetas épicos posteriores en todas as literaturas europeas