Lírica latina - Horacio

Create a To-Do list for your upcoming tasks

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Lírica latina - Horacio by Mind Map: Lírica latina - Horacio

1. Poesía e sociedade augústeas

1.1. O espazo histórico

1.1.1. Momento históricamente delicado no que o sistema republicano da paso ó Imperio.

1.1.2. Este espazo histórico divídese en tres momentos:

1.1.2.1. O período triunviral

1.1.2.1.1. Imperio Romano queda en mans de Octavio, Antonio e Lépido, empeñados en poñer orde no caos

1.1.2.2. Primeiro período augústeo

1.1.2.2.1. Octavio asume o papel de Augusto

1.1.2.3. Terceiro cambio

1.1.2.3.1. Octavio Augusto exerce o poder monárquico

1.2. Os poetas e a sociedade

1.2.1. Os poetas renuncian ó esteticismo e comprométesen coa sociedade

1.2.2. Volve a estar en xogo a visión grega clásica da poesía: traballo de xente con talento, que serve ós cidadáns como educación moral.

1.3. Os poetas e os patróns

1.3.1. Os poetas obtiñan a axuda moral, o prestixio e a oportunidade de participar nas recitationes privadas, públicas e semipúblicas.

1.3.2. No primeiro período augústeo Mecenas é o patrón que mediaba entre poetas e princeps

1.3.3. Mecenas empezou a axudar a Augusto xa no ano 44 a. C. poñendo en pé o exército co que fixo valer os seus dereitos como vengador de Xulio César

1.3.4. Esta relación foise arrefriando, probablemente debido a un escarceo amoroso que Augusto tivo ca esposa de Mecenas, Terencia

1.3.5. Cando Mecenas morreu, sinalou a Augusto como o seu único herdeiro.

2. Catulo

2.1. Catulo na Lírica

2.1.1. Catulo foi o principal representante desta escola de xoves poetas

2.1.2. Adoptou a elexía e o epigrama dos poetas gregos alexandrinos

2.1.3. Tamén imita a Safo e Anacreonte

2.2. Biografía

2.2.1. Naceu en Verona no ano 87 a. C.

2.2.2. Viviu na época que vai da dictadura de Sila ó inicio da campaña de César en Britania

2.2.3. Enamórase de Lesbia ao que ela lle rompe o corazón e este decide marchar da provincia romana como axudante do gobernador

2.2.4. Morreu ó pouco tempo do seu regreso, no ano 54 a. C., ós trinta anos de idade, despois de terse reconciliado con César

2.3. Obra

2.3.1. Consérvanse de Catulo 116 poemas

2.3.2. Poderían clasificarse en tres grupos:

2.3.2.1. Poemas mitolóxicos eruditos

2.3.2.1.1. Son os máis extensos, de inspiración alexandrina.

2.3.2.2. Poemas satíricos e epigramas

2.3.2.2.1. Neles lanza invectivas contra os seus inimigos e critica a sociedade

2.3.2.3. Poemas líricos puros

2.3.2.3.1. Tratan dos seus sentimentos, de amizade ou amor

3. A Lírica no séc. I a.C.

3.1. Status social dos poetas

3.1.1. Os poetas e os homes de letras teñen autonomía, libertade de expresión, e desentendemento das preocupacións colectivas

3.1.2. O obxecto da obra poética son os valores persoais do poeta, os seus sentimentos, as súas ideas, as súas preocupacións e a súa vida

3.1.3. Nace o individualismo na literatura.

3.2. A función da poesía, o poeta e o seu público

3.2.1. Consistían en entreter, educar e cantar as glorias da patria

3.2.2. Atópase o desinterés e afastamento do poeta do colectivo de cidadáns

3.2.3. Por outra parte existe un público culto e esixente

3.2.4. É crucial o movemento neotérico da República tardía

3.3. Os neotéricos

3.3.1. Nova corrente que foi acuñado polo propio Cicerón

3.3.2. Son poetas ricos que elaboran obras por diversión

3.3.3. Catulo é o gran descubridor do individuo e os seus valores, o que supón tamén, o paso do poeta artesán-imitador ao poeta-artista

4. Primeiras manifestacións

4.1. Carmen fratrum Arvalium

4.1.1. Non pode ser entendido senón por medio de conxecturas

4.1.2. O texto está corrompido, desfigurado e alterado

4.1.3. Os "Fratres Arvales" eran 12 sacerdotes que cantaban este poema na lúa chea

4.2. Carmen Saliorum

4.2.1. Foi conservado por Varrón

4.2.2. Os "Fratres Salii" cantaban este himno en procesión mentres danzaban.

4.2.3. O seu sentido era inintelixible

4.3. Quinto Lutacio Catulo

4.3.1. Os primeiros poetas líricos que pertencen ao estilo helenístico

4.3.2. Agora é o turno das composicións breves e delicadas.

4.3.3. A poesía grega era xa un divertimento de élites, afastada da súa función social.

5. Horacio

5.1. Introdución

5.1.1. Naceu no sur de Italia nunha familia de libertos

5.1.2. Tomou parte na batalla de Filipos ao lado dos asasinos de César, Bruto e Casio

5.1.3. Viviu un ocio moi confortable na cidade e no campo grazas a Meenas e Augusto

5.1.4. O poeta víase moralmente obrigado a facer propaganda da súa política

5.2. Horacio a través do período imperial

5.2.1. Mostra nos Épodos e Sátiras o libre arbitrio republicano e a escasa simpatía polos triunviros

5.2.2. Atenta ós conflictos persoais e públicos dentro dun tono de pesimismo xuvenil

5.2.3. Horacio entende neste momento que o seu espírito poético necesita renovación

5.3. A contribución horaciana á lírica

5.3.1. Horacio estaba orgulloso de ser o primeiro en facer poesía lírica en latín

5.3.2. Nos primeiros libros de Odas (I, II, III) Horacio desempeña o papel dun Alceo, cidadán fondamente comprometido, que escribía patrióticamente sobre temas candentes do momento

5.3.3. Tomando as Odas en conxunto, a variedade e complexidade temática e a riqueza métrica son os aspectos máis significativos,

5.3.4. Nas Odas, son obxecto da súa contemplación artística os seguites temas:

5.3.4.1. A melancolía

5.3.4.2. O seu sentido epicúreo da vida

5.3.4.3. A súa incredulidade e desconfianza

5.3.4.4. A renuncia ás grandes ambicións

5.4. A temática de Horacio

5.4.1. Os grandes temas da lírica horaciana son:

5.4.1.1. O amor

5.4.1.2. A amizade

5.4.1.3. Os himnos

5.4.1.4. Os banquetes

5.4.1.5. A natureza

5.4.1.6. as reflexións filosóficas, vitais e políticas

5.4.2. Unha cuarta parte das Odas poden considerarse poesía amorosa, pero desde a distancia, desde a crítica, desde o cinismo

5.5. Obra lírica de Horacio

5.5.1. Odas

5.5.1.1. As Odas marcan o cumio da poesía lírica latina

5.5.1.2. Son 104 composicións reunidas en catro libros escritas en ton solemne e severo

5.5.1.3. Abranguen temas moi variados

5.5.1.3.1. Sentimentos persoais

5.5.1.3.2. Escenas da vida diaria

5.5.1.3.3. Exaltacións patrióticas

5.5.1.3.4. Escenas mitolóxicas

5.5.1.4. Insértanse nos poemas de Horacio os seguites temas

5.5.1.4.1. A melancolía

5.5.1.4.2. O escepticismo

5.5.1.4.3. O carpe diem

5.5.1.4.4. A aurea mediocritas

5.5.1.4.5. A inmortalidade da propia obra

5.5.2. Os Épodos

5.5.2.1. Inspirados na lírica grega

5.5.2.2. É coñecido de xeito especial o que comeza por «Beatus ille»

5.5.2.3. Aínda que normalmente esta obra vai incluída no xénero literario da Sátira, nalgúns deles hai composicións impregnadas do espírito lírico das Odas