Get Started. It's Free
or sign up with your email address
GALINUX by Mind Map: GALINUX

1. Sistema operativo libre, gratuíto e en galego

2. Iniciativa desenvolvida por Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, en colaboración coa comunidade galega de software libre.

3. Contorno de escritorio fiable, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución de Linux, nomeada Ubuntu, poderán recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o equipo ao día

4. Incorpora os principais aplicativos, como o popular navegador web Firefox, as aplicacións de ofimática incluídas no OpenOffice.org (procesador de textos, folla de cálculo ou presentacións multimedia), un corrector ortográfico en galego, clientes de correo electrónico, un programa de retoque fotográfico de alta calidade, aplicación de mensaxería instantánea, reprodutores de son e vídeo