1. Introducción
1.1. Naceu en Roma como imitación dos historiógrafos gregos
1.2. Xénero literario que combina sucesos históricos coa fermosura da linguaxe
1.3. Historia para os gregos
1.3.1. Coñecemento adquirido por descubrimento ou investigación, sobre todo se interviu o home
1.4. Primeiros historiadores da Antigüidade
1.4.1. Heródoto (484-420 a.C.)
1.4.2. Tucídides (465-395 a.C.)
1.5. Polibio
1.5.1. Grego levado a Roma como refén no 168 a.C
1.5.2. Introduciu a literatura historiográfica en Roma
1.6. Historiografía
1.6.1. Grega
1.6.1.1. O historiador debe tratar de xustificar o porqué dos feitos ocorridos
1.6.2. Romana
1.6.2.1. Non lles interesaba o "porqué", senón o "para que", tiñan que atopar no pasado a xustificación do seu poderío presente
2. Precedentes
2.1. Documentos públicos
2.1.1. Foedera regum
2.1.1.1. Tratados cos reis de pobos veciños
2.1.1.2. Documentos metade xurídicos metade relixiosos
2.1.1.2.1. Asinábanse co ofrecemento dun sacrificio aos deuses e cunha serie de ritos especiais e fórmulas consagradas
2.1.1.3. Tito Livio transmitiu un o tratado probablemente máis antigo do que se ten memoria entre os romanos e os albanos
2.1.2. Actas dos maxistrados
2.1.2.1. Soen rexistrar os acontecementos máis importantes relacionados co desempeño das funcións dos maxistrados
2.1.2.2. Acta, commentarii ou libri
2.1.2.3. Gardábanse nos arquivos oficiais
2.1.2.4. Máis importantes: elaborados polos pontífices
2.1.2.4.1. Libri Pontificum ou Annales Maximi.
2.2. Documentos privados
2.2.1. Laudationes funebres
2.2.1.1. Discursos en loubanza do defunto
2.2.1.2. Pronunciados nos funerais por un membro moi achegado a familia
2.2.2. Tituli imaginum
2.2.2.1. Inscricións gravadas debaixo dos retratos ou máscaras do defunto
2.2.2.1.1. Contiñan o seu nome, as súas fazañas, as súas maxistraturas, etc.
3. Épocas
3.1. Época Arcaica
3.1.1. Os comezos: os primeiros analistas (III-II a.C.)
3.1.1.1. Analistas
3.1.1.1.1. Annales
3.1.1.1.2. Primeira metade do século II a.C, escriben aínda en grego
3.1.1.1.3. Autores
3.1.2. Catón (M. P. Cato, 234- 149 a . C.)
3.1.2.1. Origenes (Orixes)
3.1.2.1.1. Sete libros dos que so se conservan fragmentos
3.1.2.1.2. Historia de Roma desde a súa fundación, relata as guerras púnicas e explica feitos contemporáneos
3.1.2.1.3. Primeiro historiador que empregou o latín nunha obra historiográfica
3.1.2.1.4. Para el o protagonista da Historia de Roma era o pobo romano
3.1.2.1.5. A visión hexemónica da cidade de Roma pasa a ser a de Italia enteira
3.1.3. Analistas posteriores a Catón (II-I a.C.)
3.1.3.1. Autores romanos
3.1.3.1.1. Nomes
3.1.3.1.2. Escriben xa en latín
3.1.3.1.3. Basearon os seus relatos en obras de autores precedentes non romanos e en documentos
3.1.3.2. Autores gregos
3.1.3.2.1. Sentiron vivo interese por Italia
3.1.3.2.2. As obras desta prolífica historiografía grega desapareceron case por completo e da historiografía etrusca non queda reliquia algunha
3.1.3.3. Documentos
3.1.3.3.1. Públicos
3.1.3.3.2. Privados
3.1.3.3.3. Toda esta documentación era pouco fiable
3.1.3.4. Analistas
3.1.3.4.1. Crearon ao seu arbitrio a historia de Roma para facela mais gloriosa
3.1.3.4.2. Só interesa a de Roma, as cuestións internacionais só son importantes na medida en que afectan á súa nación
3.1.3.5. Historia
3.1.3.5.1. Escola de civismo e un instrumento de goberno
3.2. Época Clásica
3.2.1. Caius lulius Caesar
3.2.1.1. Vida
3.2.1.1.1. 100- 44 a . C.
3.2.1.1.2. Familia Iulia
3.2.1.2. Carrera política
3.2.1.2.1. Cónsul no ano 59 a .C.
3.2.1.2.2. 58 a .C. foi propretor da Galia cisalpina e transalpina
3.2.1.2.3. Primeiro triunvirato da República romana, xuntamente con Craso e Pompeio
3.2.1.2.4. Venceu a Pompeio nunha guerra civil e proclamouse dictador no ano 45 a .C
3.2.1.2.5. 44 a . C., morreu asasinado o mesmo día en que ía ser nomeado emperador
3.2.1.3. César non pode ser considerado un historiador stricto sensu
3.2.1.3.1. A súa obra non foi estructurada coa intención de divulgar a verdade dos feitos nos que se viu involucrado
3.2.1.3.2. Pretende xustificar os seus actos e defenderse ante as críticas e acusacións dos seus coetáneos
3.2.1.4. Obra historiográfica de César
3.2.1.4.1. Comentarii (“comentarios”)
3.2.1.4.2. Redactou estes comentarios a partir de
3.2.1.4.3. Destacan pasaxes que reflicten os costumes dos pobos cos que entrou en contacto
3.2.1.4.4. Describe con precisión os lugares onde transcorreron os conflictos bélicos
3.2.2. Caius Sallustius Crispus (86- 35 a . C.)
3.2.2.1. Vida
3.2.2.1.1. Naceu no seo dunha familia plebea que residía en Amiterno (Sabinia)
3.2.2.1.2. Opúxose aos optimates
3.2.2.1.3. Apoiou a Xulio César
3.2.2.1.4. Á morte de César xa amasara unha inmensa fortuna, e retirouse da vida pública para dedicarse aos seus traballos históricos
3.2.2.2. Obras
3.2.2.2.1. A conxura de Catilina (Bellum Catilinae ou CatiIina)
3.2.2.2.2. Iugurtha (Bellum lugurthinum)
3.2.2.2.3. Historias (Historiae)
3.2.2.3. Inspiración
3.2.2.3.1. Historiador grego Tucídides
3.2.2.4. Dominaba os recursos da retórica greco-latina, e ponos ao servizo das súas tendencias políticas que non trata de disimular
3.2.2.5. Estilo arcaizante
3.2.2.5.1. Catón o Vello e Ennio
3.2.2.5.2. Ton enérxico, de frases breves, construídas a miúdo en forma de paralelismos e reforzadas pola concisión e a xuxtaposición
3.2.2.6. Idea central
3.2.2.6.1. A virtus fixo grande a Roma e que a súa descomposición trouxo a debilidade e a inmoralidad ao Estado
3.2.3. Cornelius Nepos (C. Cornelio Nepote, 100-25 a. C.)
3.2.3.1. Introduciu en Roma a historiografía biográfica
3.2.3.1.1. Subxénero desenvolvido máis tarde por Suetonio
3.2.3.2. Obras
3.2.3.2.1. De viris illustribus (biografías de diversos personaxes, romanos e estranxeiros)
3.2.3.2.2. De excellentibus ducibus (unha serie de vidas de grandes xenerais estranxeiros)
3.2.3.2.3. Vida de Catón o Vello
3.2.3.2.4. Vida de Ático (amigo seu e de Cicerón)
3.2.3.3. As súas biografías están constituídas por coleccións de anécdotas triviais
3.2.3.3.1. Pero dá noticias curiosas sobre fontes e institucións
3.3. Época post Clásica
3.3.1. Este periodo abarca dende a morte de Augusto ata o ano 200 d.C.
3.3.2. C. Suetonius Tranquillus (C. Suetonio Tranquilo, 70-140 d. C.)
3.3.2.1. Introdución
3.3.2.1.1. Estudou en Roma
3.3.2.1.2. Arquiveiro de Adriano
3.3.2.2. Obra
3.3.2.2.1. De viris illustribus
3.3.2.2.2. De duodecim Caesarum vita (Vida dos doce Césares)
3.3.2.3. Estilo
3.3.2.3.1. Escasa calidade literaria
3.3.2.3.2. Detalles irrelevantes e anecdótico
3.3.2.3.3. Fonte veraz e a súa lectura resulta amena
3.3.3. P. Cornelius Tacitus (P. Cornelio Tácito, 55-120 d. C.)
3.3.3.1. Introdución
3.3.3.1.1. Familia senatorial da Galia
3.3.3.1.2. Discípulo de Quintiliano e amigo de Plinio o Mozo
3.3.3.1.3. Destacou como orador antes de dedicarse á historiografía
3.3.3.1.4. Funcionario imperial
3.3.3.1.5. O remate da súa carreira política, retirouse a escribir sobre os acontecementos vividos
3.3.3.2. Obra
3.3.3.2.1. De vita et moribus Iulii Agricolae
3.3.3.2.2. Germania
3.3.3.2.3. Historiae
3.3.3.2.4. Annales
3.3.3.3. Características
3.3.3.3.1. Interese por estar ben informado e ser imparcial
3.3.3.3.2. Descrición psicolóxica das grandes personalidades da historia de Roma
3.3.3.3.3. Historia chea de patetismo e de efectos estéticos
3.3.3.3.4. Oponse ao Imperio, pero o presenta como inevitable
3.3.3.3.5. Leva as características do estilo de Salustio (brevidade, concisión e solemnidade) ata as súas últimas consecuencias
3.3.4. Tito Livio
3.3.4.1. A súa vida (59 a. C.-17 d. C.)
3.3.4.1.1. Nace en Padua (antiga Pataviam) no ano 59 a. C.
3.3.4.1.2. Marchou a Romano 30 a.C para escribir a inmensa historia de Roma que concibira
3.3.4.1.3. Non participou na vida política do seu tempo
3.3.4.1.4. Rexeitou os cargos públicos en aras da súa vocación de historiador
3.3.4.1.5. Xa ancián, regresou para morrer á súa patria
3.3.4.1.6. Era republicano pero foi amigo de Augusto, ao que falaba de restaurar os templos e traer a paz
3.3.4.1.7. Foi amigo do mozo Claudio, máis tarde emperador, a quen impulsou a escribir libros de Historia
3.3.4.1.8. Morre en Padua no ano 17 d. C.
3.3.4.2. A súa obra
3.3.4.2.1. Composición
3.3.4.2.2. Método e Fontes
3.3.4.2.3. As súas fins
3.3.4.2.4. O seu estilo
3.4. Época decadente
3.4.1. Floro: (século II d.C.)
3.4.1.1. Escribiu dou libros nos que se condensa a producción de Tito Livio
3.4.2. Eutropio: (século IV d.C.)
3.4.2.1. Vida
3.4.2.1.1. Escalou no cursus honorum baixoimperial dende secretario (epistularis) ata consul
3.4.2.1.2. Compartiu o consulado co emperador Valentiniano II no 387 d.C
3.4.2.1.3. Non sabemos nada da súa vida privada
3.4.2.2. A súa obra
3.4.2.2.1. Xénero historiográfico: epítome ou breviarium
3.4.2.2.2. Breviarium
3.4.2.2.3. Biografía
3.4.2.3. As fontes
3.4.2.3.1. Utiliza a obra de Tito Livio para a etapa da época arcaica e republicana
3.4.2.3.2. Non se pode precisar as empregadas para a época imperial
3.4.2.4. Lingua e estilo
3.4.2.4.1. Latín claro e sinxelo
3.4.2.4.2. Parataxis ou a coordinación, a xustaposición de participios, as enumeracións simples ou formas impersoais...
3.4.2.4.3. Léxico sinxelo
3.4.2.4.4. Difire pouco do latín clásico
3.4.2.4.5. Pódese contemplar o proceso que sufría neses momentos o latín literario e que acabaría dando orixe ás linguas romances
3.4.2.4.6. A súa preocupación principal é a brevitas, que busca con elipses, asíndeton ou construccións de participios
3.4.2.5. Influenza
3.4.2.5.1. Gran difusión: chegou a ser case o único medio na Idade Media para coñecer a historia de Roma
3.4.2.5.2. Na súa época e nos anos posteriores a súa obra contou con traducións gregas
3.4.2.5.3. Popularidade deste autor: chega ata os nosos días
3.4.3. Amiano Marcelino (s. IV d.C.)
3.4.3.1. Grego nado en Antioquía entre o 330 e o 335
3.4.3.2. Un soldado e un grego
3.4.3.3. Escribiu en latín a súa obra
3.4.3.3.1. Rerum Gestarum Libri XXXI
3.4.3.3.2. Usou a lingua latina para darlle maior difusión á súa obra (pero falaba e escribía normalmente o grego)
3.4.3.4. A súa obra pasou inadvertida durante a Idade Media
3.4.3.5. Hoxe
3.4.3.5.1. Referencia para entender a realidade política e social dos últimos anos do Imperio, a súa decadencia e as causas desta
3.4.4. Historia Augusta (finais do s. IV d.C.)
3.4.4.1. Colección de biografías dos emperadores e personalidades do seu contorno, dende Adriano (117) ata Numeriano (284)
3.4.4.2. Composta por seis autores diferentes durante os reinados dos emperadores Diocleciano e Constantino