A ÉPICA

Track and organize your meetings within your company

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
A ÉPICA by Mind Map: A ÉPICA

1. epos ("poema heroico")

1.1. adquiriu o significado de "poesía épica"

1.1.1. ÉPICA = conxunto de manifestacións literarias que narran as fazañas lexendarias de diversos heroes históricos ou lendarios ou as orixes míticas dun pobo.

2. Características xerais

2.1. ORIXE

2.1.1. Na maior parte das culturas, a épica comezou sendo oral e cantada

2.1.2. A latina iniciouse desde o ámbito escrito a través da imitación dos autores gregos

2.2. FORMA

2.2.1. Sempre está escrita en verso

2.2.1.1. versificación maxestosa e lenta

2.2.2. hexámetro

2.3. TEMA

2.3.1. canta as victorias e as fazañas dos seres heroicos

2.3.2. Na épica grega narráronse as fazañas e aventuras dos heroes gregos e troianos que se enfrontaron na guerra de Troia

2.3.2.1. A Ilíada e a Odisea

2.4. FIGURAS HEROICAS

2.4.1. Encarnan os valores morais e as actitudes sociais máis prezados

2.5. FIGURAS RETÓRICAS

2.5.1. Fórmulas

2.5.1.1. que lle permitían ó rapsoda unha mellor memorización do texto

2.5.1.1.1. = epítetos

2.5.2. Símiles, comparacións

3. Antecedentes

3.1. obxectivo: cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas

3.1.1. primeiros poemas épicos romanos a finais do século II a.C.

3.1.1.1. antecedentes

3.1.1.1.1. elogia

3.1.1.1.2. Carmina convivalia (cantos de banquetes)

3.1.1.1.3. Carmina triumphalia (cantos de trunfo)

3.1.1.1.4. Neniae (cantos fúnebres).

4. Épocas, autores e obras representativas

4.1. Época arcaica (III – II a.C)

4.1.1. autores que imitaron as estructuras da épica grega, adaptándoa ós temas xenuínos do pobo romano

4.1.1.1. Livio Andrónico

4.1.1.1.1. considerado o primeiro poema épico romano

4.1.1.1.2. Odussia

4.1.1.2. Gneo Nevio

4.1.1.2.1. Bellum poenicum

4.1.1.3. Ennio

4.1.1.3.1. foi, ata a chegada de Virxilio, o poeta nacional romano por excelencia.

4.1.1.3.2. Annales

4.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)

4.2.1. o goberno de Augusto propón unha rexeneración moral da sociedade romana tras a crise da República

4.2.1.1. contribúe á exaltación destes valores morais da Roma arcaica.

4.2.2. Virxilio

4.2.2.1. Eneida

4.2.2.1.1. poema épico-heroico que narra o periplo do heroe troiano Eneas

4.2.3. Ovidio

4.2.3.1. Metamorfose

4.2.3.1.1. relata os cambios de forma que sufriron diversos personaxes.

4.2.4. Lucano

4.2.4.1. Farsalia

4.2.4.1.1. poema épico-histórico, narra os acontecementos da guerra civil entre os xenerais Xulio César e Pompeio.

4.3. Época posclásica (s. I. d.C.)

4.3.1. pecan de excesiva retórica e ornamento.

4.3.1.1. Silio Itálico

4.3.1.1.1. Púnica

4.3.1.2. Valerio Flaco

4.3.1.2.1. Argonáuticas

4.3.1.3. Papinio Estacio

4.3.1.3.1. Tebaida e Aquileida

5. VIRXILIO

5.1. Norte de Italia, familia de clase media

5.1.1. descobre que non sente vocación pola retórica e vai a Nápoles estudiar filosofía co epicúreo Sirón

5.2. Despois do éxito da súa primeira obra de envergadura, Bucólicas

5.2.1. regresa a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas e Augusto

5.2.1.1. morreu sen concluír o poema

5.3. A Eneida

5.3.1. escribiuna por encargo do emperador Augusto

5.3.1.1. epopea nacional de Roma

5.3.2. producto dun só autor, e non recolle diversas versións orais

5.3.2.1. unha síntese da Odisea e mais da Ilíada de Homero

5.3.3. escrita en hexámetros e distribuída en 12 libros

5.3.3.1. estructura argumental que segue os poemas de Homero

5.3.3.1.1. 6 primeiros libros

5.3.3.1.2. 6 últimos

5.3.4. presenta elementos propios da épica tradicional

5.3.4.1. o tema responde ás características do xénero

5.3.4.1.1. todo sucede pola ira da deusa Xuno, que se manifesta ó comezo da obra e que non se aplaca ata o remate

5.3.4.2. novidades

5.3.4.2.1. Uso da profecía

5.3.4.2.2. Habilidade na descrición de personaxes

5.3.5. Finalidade da obra

5.3.5.1. a exaltación de Roma nas súas orixes mitolóxicas

5.3.5.1.1. consegue inserir a glorificación de Augusto, da súa familia e doutras familias ilustres

5.3.5.2. asociouse ao movemento promovido por Augusto en prol dunha restauración moral e cívica de Roma

5.3.5.2.1. Pretendía restaurar a vella relixión e a austeridade das costumes antigas, sen perder as simpatías das clases ricas e refinadas

5.3.6. Estilo

5.3.6.1. abre unha etapa nova na poesía épica

5.3.6.2. sensibilidade poética