1. Antecedentes
1.1. O obxecto específico da poesía épica é cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas (Horacio). Os romanos, cuxas fazañas militares pasman ao mundo, produciron os seus primeiros poemas épicos afinais do século II a.C.
1.2. Elogia
1.2.1. Inscricións funerarias en verso, en eloxio dun defunto. Son famosas, entre as conservadas, as que figuran en sepulcros de membros da familia dos Escipións. Narran o valor, os méritos diversos e as gloriosas fazañas do morto.
1.2.1.1. “Cornelio Lucio Escipión Barbado, fillo de Gneo Escipión. Varón forte e sabio, cuxa beleza foi moi parecida ao seu valor. Este foi entre vós cónsul, censor, edil. Conquistou as vilas de Taurania e Cisania no Samnio. Someteu a Lucania enteira e tróuxose de alí reféns”
1.3. Carmina convivalia (cantos de banquetes)
1.3.1. Claros precedentes da poesía épica. Era costume nos primeiros séculos de Roma cantar, ao final dos banquetes, con acompañamento de frauta ou sen el, clarorum uirorum laudes atque virtutes, é dicir, as glorias e as valorosas fazañas dos antepasados ilustres.
1.4. Carmina triumphalia (cantos de trunfo)
1.4.1. Eran cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal desde as aforas de Roma ata o Capitolio. Celebraban neles as fazañas do xeneral e as súas propias na guerra, xactándose de dar morte a miles de inimigos. Ás veces desembocaban en trazos de humor, en burlas dirixidas ata ao propio xeneral en xefe. Suetonio cóntanos que no cortexo triunfal de César, trala súa conquista da Galia, os soldados entoaban versos como este
1.4.1.1. Romani, seruate uxores, moechum caluum adducimus
1.5. Neniae (cantos fúnebres)
1.5.1. Nas honras fúnebres de personaxes ilustres, os parentes nun principio, e logo mulleres contratadas para iso, as praeficae ou plañideiras, recitaban unha fúnebre melopea co eloxio do defunto, das súas virtudes e dos seus feitos heroicos
2. Épocas, autores e obras representativas
2.1. Época arcaica (III – II a.C)
2.1.1. Livio Andrónico
2.1.1.1. Escribiu Odussia (Odisea). Está considerado o primeiro poema épico romano. Trátase dunha transposición da Odisea de Homero ó ámbito latino
2.1.2. Gneo Nevio
2.1.2.1. A súa obra Bellum poenicum (Guerra púnica) é o primeiro libro orixinal na épica romana. Reflicte un feito histórico contemporáneo do autor: a primeira guerra púnica.
2.1.3. Ennio
2.1.3.1. En Annales (Anais) narra a historia de Roma desde as súas orixes. Ennio foi, ata a chegada de Virxilio, o poeta nacional romano por excelencia.
2.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)
2.2.1. Virxilio
2.2.1.1. Escribe a Eneida, poema épico-heroico que narra o periplo do heroe troiano Eneas. Este foxe da súa cidade, ó ser arrasada polos gregos, e chega ao Lacio onde, despois de loitar con diversos inimigos, logra fundar a nova Troia, por orde dos deuses.
2.2.2. Ovidio
2.2.2.1. O seu poema épico-mitolóxico, Metamorfose, de ton máis superficial có anterior, relata os cambios de forma que sufriron diversos personaxes.
2.2.3. Lucano
2.2.3.1. A Farsalia, poema épico-histórico, narra os acontecementos da guerra civil entre os xenerais Xulio César e Pompeio.
2.3. Época posclásica (s. I. d.C.)
2.3.1. Silio Itálico (Púnica)
2.3.2. Valerio Flaco (Argonáuticas)
2.3.3. Papinio Estacio (Tebaida e Aquileida)
3. Virxilio
3.1. (70 –19 a.C.)
3.1.1. Publio Virxilio Maro naceu no ano 70 a.C. en Mantua, no norte de Italia, e viviu no seo dunha familia de clase media. Tras estudiar varios anos en Milán e Roma, descobre que non sente vocación pola retórica e vai a Nápoles estudiar filosofía co epicúreo Sirón.
3.1.2. Despois do éxito da súa primeira obra de envergadura, Bucólicas (anos 44 - 43 a. C.), regresa a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas eAugusto, e identifícase cos seus proxectos. Apoiado por este, escribe asXeórxicas e despois a Eneida, que lle levou dez anos.
3.2. A Eneida
3.2.1. Por encargo do emperador Augusto, Virxilio escribiu a Eneida, considerada a epopea nacional de Roma. Este poema épico elaborouse como unha síntese da Odisea e mais da Ilíadade Homero. Escrita en hexámetros e distribuída en doce libros, cunha estructura argumental que segue os poemas de Homero: nos primeiros seis libros nárranse as peripecias de Eneas na súa viaxe de Troia a Italia; nos seis últimos, en cambio, relátanse os conflictos que precisou superar ata que puido establecer a paz na comarca de Alba Longa
3.2.2. Uso da profecía. Con diversas profecías que se inclúen no relato, Virxilio introduce os grandes momentos da historia romana, que lle permiten loubar a Augusto, en quen se cumpren todos os agoiros proféticos. Habilidade na descrición de personaxes. A raíña Dido reúne os trazos propios dunha heroína tráxica; Turno, rival de Eneas no Lacio, é o antagonista. Hai, ademais, en toda a obra unha longa lista de personaxes que responden a todo tipo de tópicos sociais.
3.2.3. Finalidade da obra
3.2.3.1. Virxilio, a instancias de Mecenas e de Augusto, pensou primeiro na posibilidade de compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto
3.2.3.2. Nevio cantara un suceso contemporáneo. Ennio, a historia de Roma ata o seu tempo. Ambos tocaran as orixes, pero como unha digresión. Virxilio convérteos no tema fundamental da súa epopea. Consegue habilmente inserir na Eneida a glorificación de Augusto, da súa familia e doutros personaxes e familias ilustres. Virxilio aproveita para enxalzar á familia de Augusto, a familia Iulia, á que fai descender de Iulo, fillo de Eneas. No libro VIII, Venus, nai de Eneas, pide a Vulcano que forxe un escudo para o seu fillo; Vulcano grava no escudo unha sucinta historia de Roma e, como motivo central, a gloria de Augusto na batalla de Accio.
3.2.4. Descrición do escudo
3.2.5. Estilo
3.2.5.1. Segue as pegadas de Homero e imita episodios homéricos, abre unha etapa nova na poesía épica. A Eneida é unha epopea sabia, produto de vastos coñecementos sometidos a unha rigorosa selección e integrados harmonicamente nunha unidade concibida e realizada á perfección: a glorificación de Roma
3.2.5.2. O propio heroe do poema, Eneas, non é un puro guerreiro, comoAquiles, senón o pius Aeneas, o heroe relixioso e humano, desgarrado por unha traxedia interior: ten que obedecer aos deuses, e por iso abandona, contra a súa vontade, a Dido; e por iso mata, contra a súa vontade e tras dubidalo moito, a Turno, o seu antagonista. Eneas parece un heroe brando, comparado coa ferocidade de Aquiles; pero non é brandura, senón humanidade de sentimentos, non incompatible co valor guerreiro.
3.2.5.3. A súa fama non decaeu xamais, dende a Idade Media, na que Dante o elixiu como guía para oInferno, ata a época actual, na que se lle chamou a Virxilio “pai de Occidente”
3.2.6. A sensibilidade poética en Virxilio
3.2.6.1. A sensibilidade de Virxilio é superior á súa imaxinación; a súa delicadeza, superior á súa forza. A súa natureza poética lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica.
3.2.7. Argumento da Eneida
3.3. Influencia de Virxilio na literatura universal
3.3.1. Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris Italiam fato profugus Lavinaque venit litora - multum ille et terris iactatus et alto vi superum, saevae memorem lunonis ob iram, multa quoque et bello passus, dum conderet urbem inferretque deos Latio - genus unde Latinum Albanique patres atque altae moenia Romae.
3.3.1.1. Estes versos cos que Virxilio inicia a súa obra
4. Características xeráis
4.1. orixe
4.1.1. A orixe da épica e case sempre oral e logo pasa a ser escrita excepto na lírica
4.2. Forma
4.2.1. Escrita en verso e emprega unha versificación maxestosa e lenta. Nas literaturas grega e romana, os poetas servíronse do hexámetro.
4.3. tema
4.3.1. Canta as victorias e as fazañas dos seres heroicosmáis recoñecidos por unha comunidade. A Ilíada e a Odisea
4.4. Fórmulas e Epítetos en Homero
4.4.1. Linguaxe formular
4.4.1.1. O enxeñoso Ulises, mirándolle con torva face, exclamou: -¡Atrida! Que palabras se che escaparon do cerco dos dentes?
4.4.1.2. Grava as miñas palabras na túa memoria, para que non as esquezas cando o doce soño te desampare.
4.4.1.3. Outra cousa vou dicirche que fixarás na memoria: cando eu teña vehemente desexo de destruír algunha cidade onde vivan amigos teus, non retardes o meu cólera e déixame facer o que queira (...)
4.4.2. Epítetos
4.4.2.1. Hera, a deusa dos níveos brazos
4.4.2.2. Aquiles, o dos pés lixeiros (Ilíada, I, 53 e ss.)
4.4.2.3. Apolo, que fere de lonxe. (Ilíada, XX, 293 e ss.)
4.4.2.4. Filla de Zeus, que leva a éxida!
4.4.2.5. Ares, funesto aos mortais. (Ilíada, XXI, 420 e ss.)
4.4.3. Os símiles ou as comparacións indican o paso dun episodio a outro e danlle plasticidade e viveza á narración, ademais de relaxar a atención tras momentos dunha tensión especial
4.4.4. Comparacións na Eneida. A morte de Turno
4.5. Figuras históricas
4.5.1. Valores morais e as actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou
4.6. Figuras retóricas
4.6.1. Fórmulas, que lle permitían ó rapsoda unha mellor memorización do texto
4.6.1.1. Adoitan ser versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico, e que serven como epítetos que caracterizan personaxes humanos ou divinos