Historiografía Latina/ Tito Livio

Organize and structure your thoughts to write an essay

Começar. É Gratuito
ou inscrever-se com seu endereço de e-mail
Historiografía Latina/ Tito Livio por Mind Map: Historiografía Latina/ Tito Livio

1. Introdución

1.1. Nace en Roma con imitación grega

1.2. Preténdese facer compatible a narración de sucesos históricos coa fermosura da linguaxe

1.3. Heródoto e Tucídides foron os primeiros historiadores en sentido pleno da Antigüidade

1.4. O historiador debe tratar de xustificar o porqué dos feitos ocorridos

1.5. Precedentes: os primeiros documentos

1.5.1. Documentos públicos

1.5.1.1. Foedera regum

1.5.1.1.1. Documentos metade xurídicos metade relixiosos que se asinaban co ofrecemento dun sacrificio aos deuses

1.5.1.2. Actas dos maxistrados

1.5.1.2.1. Acontecementos moi importantes relacionados co desempeño das funcións dos maxistrados

1.5.2. Documentos privados

1.5.2.1. Laudationes funebres

1.5.2.1.1. Adoitaban ser pronunciados nos funerais por un membro moi achegado a familia

1.5.2.2. Tituli imaginum

1.5.2.2.1. Inscricións gravadas debaixo dos retratos ou máscaras do defunto

2. Época Arcaica

2.1. Os primeiros analistas (III-II a.C.)

2.1.1. Chámanse así polas súas obras chamadas Annales (feitos ano por ano)

2.1.2. Fabio Pictor e L. Cincio Alimento escriben aínda en grego

2.1.3. Catón (234 - 149 a . C.)

2.1.3.1. Obra Origens

2.1.3.1.1. Composta de sete libros dos que so se conservan fragmentos

2.1.3.1.2. Roma desde a súa fundación, relata as guerras púnicas e explica feitos contemporáneos

2.1.3.1.3. Foi o primeiro historiador que empregou o latín

2.1.3.1.4. A Historia das xestas de Roma fora a historia dos grandes imperatores

2.1.3.1.5. O protagonista da Historia de Roma era o pobo romano

2.2. Analistas posteriores a Catón (II-I a.C.)

2.2.1. Casio Hemina, Mucio Escévola, Valerio Antias e Claudio Cuadrigario escriben xa en latín

2.2.2. As obras de historiografía grega desaparecen case por completo e da historiografía etrusca non queda reliquia algunha

2.2.3. Documentos

2.2.3.1. Público

2.2.3.1.1. Relixiosos ou políticos

2.2.3.1.2. Non había publicacións oficiais, pero quedaban arquivados textos de tratados, de leis, de senado-consultos

2.2.3.1.3. Os textos legais máis famosos eran os da Lei das XII Táboas

2.2.3.2. Privado

2.2.3.2.1. As familias nobres tiñan os seus arquivos particulares

2.2.3.2.2. As oracións fúnebres resumían a historia de cada familia

2.2.4. Toda esta documentación era pouco fiable

2.2.5. Para facer a historia de Roma mais gloriosa, falsificaron toda clase de documentos, elaboraron outros apócrifos, interpretaron restos arqueolóxicos e institucións, inventaron etimoloxías, etc

3. Época Clásica

3.1. Caius lulius Caesar

3.1.1. Naceu no seo da familia Iulia, considerada descendente do heroe troiano Iulus

3.1.2. Foi elixido cónsul no ano 59 a .C. e no 58 a .C. foi propretor da Galia cisalpina e transalpina

3.1.3. Participou no primeiro triunvirato da República romana

3.1.4. Proclamouse dictador no ano 45 a .C. e no ano 44 a . C., morreu asasinado o mesmo día

3.1.5. Non pode ser considerado un historiador xa que a súa obra non foi estructurada coa intención de divulgar a verdade dos feitos nos que se viu involucrado

3.1.6. A obra historiográfica de César recóllese nun conxunto de notas, denominadas Comentarii nas que narra as súas peripecias na campaña das Galias

3.1.7. Redactou estes comentarios a partir dos informes técnicos elaborados polos seus soldados

3.2. Caius Sallustius Crispus (86- 35 a . C.)

3.2.1. Naceu no seo dunha familia plebea que residía en Amiterno

3.2.2. En política, opúxose aos optimates, encabezados por Pompeyo Magno

3.2.3. Á morte de César xa amasara unha inmensa fortuna, e retirouse da vida pública para dedicarse aos seus traballos históricos

3.2.4. Obras

3.2.4.1. A conxura de Catilina

3.2.4.1.1. Céntrase na conxura contra o goberno organizada por un nobre empobrecido, Catilina, que non chegou a triunfar

3.2.4.2. Iugurtha

3.2.4.2.1. Narra a guerra de Numidia

3.2.4.3. De Historias

3.2.4.3.1. Orixinariamente, narraba feitos desde a morte de Sila ata o triunfo de Pompeio

3.2.5. Salustio tomou como modelo ao historiador grego Tucídides para explicar os acontecementos e facer que os seus relatos fosen dramáticos

3.2.6. O seu estilo é arcaizante, pois imita a Catón o Vello e a Ennio

3.3. Cornelius Nepos ( 100-25 a. C.)

3.3.1. Introduciu en Roma a historiografía biográfica

3.3.2. Obras

3.3.2.1. De viris illustribus

3.3.2.1.1. Biografías de diversos personaxes

3.3.2.2. De excellentibus ducibus

3.3.2.2.1. Unha serie de vidas de grandes xenerais estranxeiros

4. Época post Clásica

4.1. C. Suetonius Tranquillus (70-140 d. C.)

4.1.1. Realizou estudos en Roma baixo a protección de Plinio o Mozo

4.1.2. A súa obra De duodecim Caesarum vita

4.1.2.1. Un conxunto de doce biografías onda se explican detalles de todo tipo sobre a vida pública e a privada destes personaxes

4.2. P. Cornelius Tacitus (55-120 d. C.)

4.2.1. Proviña dunha familia senatorial orixinaria da Galia

4.2.2. A súa carreira de funcionario imperial permitiulle ser testemuña de excepción da fin da dinastía Claudia

4.2.3. Obras

4.2.3.1. De vita et moribus Iulii Agricolae

4.2.3.2. Historiae

4.2.3.3. Annales

4.2.3.4. Germania

4.2.4. Crea unha historia chea de patetismo e de efectos estéticos que poñen o seu relato moi próximo á traxedia

4.2.5. É un pensador máis profundo que Salustio xa que oponse ao Imperio, pero o presenta como inevitable

5. Época decadente

5.1. Floro (século II d.C.)

5.1.1. Escribiu dou libros nos que se condensa a producción de Tito Livio

5.2. Eutropio (século IV d.C.)

5.2.1. Desempeñou distintos cargos na administración imperial

5.2.2. Poderíamos encadrar a obra de Eutropio dentro do xénero historiográfico do epítome ou breviarium

5.2.3. Eutropio utiliza a obra de Livio para a etapa da época arcaica e republicana

5.2.4. O latín de Eutropio e un latín claro e sinxelo

5.3. Amiano Marcelino (s. IV d.C.)

5.3.1. Escribiu en latín a súa obra Rerum Gestarum Libri XXXI, unha continuación da obra de Tácito.

5.3.2. Aínda que Amiano falaba e escribía normalmente o grego, usou a lingua latina para darlle maior difusión á súa obra

5.3.3. A súa obra hoxe considerase unha referencia obrigada para entender a realidade política e social dos últimos anos do Imperio

5.4. Historia Augusta (finais do s. IV d.C.)

5.4.1. Colección de biografías dos emperadores e personalidades do seu contorno