A Épica

Project Control, Project Closing, Timeline template

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
A Épica by Mind Map: A Épica

1. Épocas, autores e obras representativas

1.1. Época arcaica (III – II a.C)

1.1.1. autores que imitaron as estructuras da épica grega, adaptándoa ós temas xenuínos do pobo romano.

1.1.1.1. Livio Andrónico

1.1.1.1.1. Odussia (Odisea).

1.1.1.2. Gneo Nevio

1.1.1.2.1. Bellum poenicum (Guerra púnica)

1.1.1.3. Ennio

1.1.1.3.1. Annales (Anais)

1.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)

1.2.1. Despois do período de crise profunda que vive Roma durante o final, da República

1.2.1.1. o goberno de Augusto propón unha rexeneración moral da sociedade romana.

1.2.2. A obra poética desta época contribúe á exaltación destes valores morais da Roma arcaica.

1.2.2.1. Magnifícanse os heroes romanos que encarnan estes valores.

1.2.2.1.1. Virxilio

1.2.2.1.2. Ovidio

1.2.2.1.3. Lucano

1.3. Época posclásica (s. I. d.C.)

1.3.1. As epopeas latinas posteriores pecan de excesiva retórica e ornamento.

1.3.1.1. autores e obras (século I d. C.):

1.3.1.1.1. Silio Itálico

1.3.1.1.2. Valerio Flaco

1.3.1.1.3. Papinio Estacio

2. Virxilio

2.1. Vida

2.1.1. Publio Virxilio Maro

2.1.1.1. naceu no ano 70 a.C. en Mantua, no norte de Italia

2.1.1.1.1. familia de clase media

2.1.2. éxito da súa primeira obra de envergadura

2.1.2.1. Bucólicas (anos 44 - 43 a. C.)

2.1.2.1.1. regresa a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas e Augusto, e identifícase cos seus proxectos.

2.2. A ENEIDA

2.2.1. Por encargo do emperador Augusto

2.2.1.1. a epopea nacional de Roma.

2.2.2. poema épico

2.2.2.1. un só autor

2.2.2.1.1. non recolle diversas versións orais

2.2.2.1.2. unha síntese da Odisea e mais da Ilíada de Homero.

2.2.2.2. escrita en hexámetros

2.2.2.2.1. doce libros

2.2.3. estructura argumental que segue os poemas de Homero:

2.2.3.1. nos primeiros seis libros

2.2.3.1.1. peripecias de Eneas na súa viaxe de Troia a Italia, ó xeito da Odisea homérica

2.2.3.2. nos seis últimos

2.2.3.2.1. os conflictos que precisou superar ata que puido establecer a paz na comarca de Alba Longa, tal e como ocorre no sitio narrado pola Ilíada.

2.2.4. elementos propios da épica tradicional

2.2.4.1. que lle confiren o vigor heroico e a solemnidade características dun poema épico.

2.2.4.1.1. símiles

2.2.4.1.2. comparacións

2.2.4.1.3. fórmulas

2.2.4.1.4. arcaísmos

2.2.5. o tema

2.2.5.1. responde ás características do xénero

2.2.5.1.1. todo sucede pola ira da deusa Xuno

2.2.5.2. moitas novidades que Virxilio lle outorga ó poema.

2.2.5.2.1. modernidade suficiente como para que aínda teña un grande atractivo entre os lectores actuais.

2.2.6. Finalidade da obra

2.2.6.1. instancias de Mecenas e de Augusto

2.2.6.1.1. pensou primeiro na posibilidade de compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto

2.2.6.2. asociouse con entusiasmo ao movemento promovido por Augusto en prol dunha restauración moral e cívica de Roma (recórdese o tema de T. Livio).

2.2.6.2.1. Augusto soubo enlazar o orgullo nacional romano coas novas tendencias helenizantes.

2.2.6.3. O autor da Eneida pasara tamén a súa mocidade nun medio literario e mundano e compartía o gusto polo helenismo alexandrino.

2.2.6.3.1. n contacto con Augusto, que, ao acabar cunha época de violentas perturbacións civís, creara un clima apropiado para o desenvolvemento das letras.

2.2.6.4. os gregos contaban cunhas tradicións que se remontaban a épocas remotísimas e impoñíanse pola antigüidade da súa raza e polas súas pretendidas orixes divinas

2.2.6.4.1. entres que a lenda da fundación de Roma databa esta tan só sete séculos antes.

2.2.6.5. As máis antigas familias romanas gabábanse de ter a algún dos compañeiros de Eneas como fundador da súa estirpe

2.2.6.5.1. . Xulio César pretendera relacionar á Gens Iulia con Iulo, o fillo de Eneas e, xa que logo, coa deusa Venus.

2.2.7. Estilo

2.2.7.1. Virxilio, aínda que segue as pegadas de Homero e imita episodios homéricos

2.2.7.1.1. etapa nova na poesía épica.

2.2.7.2. subxectividade, nacida da súa simpatía coa natureza enteira, os seres animados e os inanimados.

2.2.7.3. A Eneida é unha épica feita de dores e de paixóns, escrita con gran penetración psicolóxica e espírito elexíaco.

2.2.7.3.1. Virxilio contempla a homes que sofren e caen, non a soldados que combaten e realizan prodixios de heroísmo.

2.2.7.4. A Eneida respira, nos seus personaxes, no seu desenvolvemento, nas súas descricións e digresións

2.2.7.4.1. un perfecto equilibrio, que é a virtude máis excelsa dos verdadeiros clásicos.

2.2.7.5. O mesmo equilibrio e harmonía caracteriza a lingua e o estilo virxilianos.

2.2.7.5.1. Nel conxúganse maxistralmente a solemnidade épica coa graza dos poetas neotéricos. Usa as palabras con absoluta propiedade e coa colocación exacta.

2.2.8. A sensibilidade poética en Virxilio

2.2.8.1. A sensibilidade de Virxilio é superior á súa imaxinación

2.2.8.2. a súa delicadeza, superior á súa forza.

2.2.8.3. A súa natureza poética lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica.

2.2.8.4. A alma de Virxilio non lle permite escapar ás dores e infortunios dos seus 7 personaxes. O poeta chora e sofre con eles.

2.2.8.4.1. Sobre o sanguento campo de batalla da epopea, sementado de helmos e de escudos, de feros guerreiros e fogosos corceis, Virxilio fai brotar a súa sensibilidade, o seu amor á natureza, a todo canto pode suscitar no ánimo a tenrura ou a melancolía.

2.2.8.4.2. Amor pola natureza, simpatía e piedade polos infortunios humanos, polos necesitados, polos desherdados da sorte.

2.2.8.4.3. Virxilio é o poeta do corazón, da doce e delicada melancolía, que comprende a fraxilidade das cousas humanas.

2.2.8.4.4. Constitúe Virxilio unha avanzada das inquietudes sociais dos actuais séculos, marcados pola comprensión e o respecto das miserias humanas e por un ansia irresistible de remedialas

2.2.8.4.5. A Eneida, grega pola inspiración, romana polo espírito que a anima, cristiá case polo corazón, é a obra que canta a morriña do pasado de Roma, o seu presente glorioso e o porvir da Humanidade, chea dese amor universal ao home, presentido xa polo alma xenerosa e o corazón inmenso dun poeta inmortal.

2.2.9. Argumento da Eneida

2.2.9.1. LIBRO I

2.2.9.1.1. As naves dos troianos, que sucan o mar de Sicilia,

2.2.9.2. LIBRO II

2.2.9.2.1. Comezan os recordos de Eneas, tal como llos conta a Dido no banquete.

2.2.9.3. LIBRO III

2.2.9.3.1. Eneas, cos compañeiros que puideron escapar á catástrofe, prepara unha flota e navega ás costas de Tracia

2.2.9.4. LIBRO IV

2.2.9.4.1. amores de Dido e Eneas.

2.2.9.5. LIBRO V

2.2.9.5.1. Con tan funesto augurio, as naves son arroxadas de novo por unha tempestade ás costas de Sicilia, sen poder alcanzar Italia.

2.2.9.6. LIBRO VI

2.2.9.6.1. Chega por fin Eneas ás costas de Italia, a Cumas. Entrevístase coa Sibila, escoita o seu oráculo e pídelle que o acompañe ás mansións infernais para ver ao seu pai.

2.2.9.7. LIBRO VII

2.2.9.7.1. Comeza a segunda parte do poema, as guerras no Lacio, e así nolo indica o propio poeta cunha segunda invocación ás Musas.

2.2.9.8. LIBRO VIII

2.2.9.8.1. Turno busca axuda entre todos os pobos do Lacio. O deus do Tíber aparécese en soños a Eneas e advírtelle, tras infundirlle ánimos, que debe buscar a alianza con Evandro, rei arcadio que tempo atrás se estableceu co seu pobo no monte Palatino, xusto onde máis tarde haberán de alzarse as murallas da alta Roma.

2.2.9.9. LIBRO IX

2.2.9.9.1. Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio; ante a imposibilidade de conciliar os criterios de Xuno e de Venus, decide o pai dos deuses permanecer neutral, o que vén ser deixar a guerra en mans do fado e as súas disposicións.

2.2.9.10. LIBRO X

2.2.9.10.1. Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio; ante a imposibilidade de conciliar os criterios de Xuno e de Venus, decide o pai dos deuses permanecer neutral, o que vén ser deixar a guerra en mans do fado e as súas disposicións.

2.2.9.11. LIBRO XI

2.2.9.11.1. Celebra Eneas en honor de Marte a morte de Mecencio, e envía á cidade de Evandro os restos de Palante.

2.2.9.12. LIBRO XII

2.2.9.12.1. Acepta Turno enfrontarse en combate singular segundo a proposta de Eneas, e que a man de Lavinia sexa para o vencedor.

2.2.10. Influencia de Virxilio na literatura universal

2.2.10.1. obra de Cervantes Don Quijote de la Mancha

2.2.10.2. Os versos cos que Virxilio inicia a súa obra (e nos que el á súa vez é debedor de Homero) serviron de modelo a moitos dos poetas épicos posteriores en todas as literaturas europeas.

2.2.10.2.1. o o inicio de Os Lusíadas do poeta portugués Luis de Camoes (1524 - 1580)

2.2.10.2.2. os primeiros versos de La Araucana de Alonso de Ercilla (1533 -1594).

3. Introdución

3.1. latín epos ("poema heroico")

3.1.1. palabra grega ἔπος

3.1.1.1. "palabra" ou "obra"

3.1.1.1.1. "poesía épica"

3.2. conxunto de manifestacións literarias que narran as fazañas lexendarias de diversos heroes históricos ou lendarios ou as orixes míticas dun pobo.

3.2.1. Por este motivo, tamén recibe o nome de poesía heroica.

3.3. non xorde na tradición oral propia

3.3.1. ámbito escrito a través da imitación dos autores gregos

3.3.1.1. aínda que é un xénero grego, soubo adoptar os seus trazos propios

3.3.1.1.1. obras de gran transcendencia nas literaturas modernas.

4. Características xerais

4.1. Introdución

4.1.1. xorde

4.1.1.1. da admiración que o poeta sente ante personaxes de influencia colectiva

4.1.1.2. por oposición á lírica

4.1.1.2.1. que nace da necesidade de expresar sentimentos amorosos de tipo persoal.

4.1.1.3. o autor non acostuma adoptar unha posición obxectiva

4.1.1.3.1. recolle fazañas de heroes propios da súa cultura e demostra a admiración que lles profesa.

4.2. As características principais

4.2.1. A súa orixe

4.2.1.1. maioria das culturas

4.2.1.1.1. a épica comezou sendo oral e cantada

4.2.2. A forma

4.2.2.1. escrita en verso

4.2.2.1.1. emprega unha versificación maxestosa e lenta.

4.2.3. O tema

4.2.3.1. a épica canta as victorias e as fazañas dos seres heroicos máis recoñecidos por unha comunidade

4.2.3.1.1. épica grega, modelo da latina

4.2.4. Figuras heroicas

4.2.4.1. Encarnan os valores morais e as actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou

4.2.5. Figuras retóricas

4.2.5.1. épica

4.2.5.1.1. xénero de tradición oral

4.2.5.2. versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico

4.2.5.2.1. serven como epítetos

4.2.5.2.2. os símiles ou as comparacións

5. Antecedentes

5.1. O obxectivo específico da poesía épica

5.1.1. cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas (Horacio).

5.1.1.1. os romanos

5.1.1.1.1. fazañas militares pasman ao mundo

5.2. Elogia

5.2.1. inscricións funerarias en verso, en eloxio dun defunto.

5.2.1.1. son famosas (entre as conservadas)

5.2.1.1.1. as que figuran en sepulcros de membros da familia dos Escipións.

5.3. Carmina convivalia

5.3.1. cantos de banquetes

5.3.1.1. máis claros precedentes da poesía épica.

5.3.1.1.1. Era costume nos primeiros séculos de Roma cantar, ao final dos banquetes

5.3.1.2. Segundo Niebuhr

5.3.1.2.1. existir todo un ciclo épico de cantos heroicos

5.4. Carmina triumphalia (cantos de trunfo)

5.4.1. cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal desde as aforas de Roma ata o Capitolio.

5.4.1.1. Celebraban neles as fazañas do xeneral e as súas propias na guerra

5.4.1.1.1. xactándose de dar morte a miles de inimigos.

5.5. Neniae (cantos fúnebres).

5.5.1. Nas honras fúnebres de personaxes ilustres, recitaban unha fúnebre melopea co eloxio do defunto, das súas virtudes e dos seus feitos heroicos.

5.5.1.1. os parentes

5.5.1.2. mulleres contratadas para iso

5.5.1.2.1. as praeficae ou plañideiras,