Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Épica by Mind Map: Épica

1. Xénero épico

1.1. Introdución

1.1.1. "Epica": latín epos ("poema heroico")

1.1.1.1. Palabra grega ἔπος; inicialmente "palabra" ou "obra", pero máis tarde adquiriu o significado de "poesía épica"

1.1.2. Épica: conxunto de manifestacións literarias que narran as fazañas lexendarias de diversos heroes históricos ou lendarios ou as orixes míticas dun pobo

1.1.2.1. Poesía heroica

1.1.3. Xorde no ámbito escrito a través da imitación dos autores gregos

1.1.3.1. Adoptou os seus trazos propios e deu lugar a obras de gran transcendencia nas literaturas modernas

1.2. Características xerais

1.2.1. Xorde da admiración que o poeta sente ante personaxes de influencia colectiva

1.2.1.1. Oposición á lírica

1.2.1.2. Autor subxectivo

1.2.2. A súa orixe

1.2.2.1. Na maior parte das culturas comeza sendo oral e cantada

1.2.2.1.1. Non é o caso da épica latina

1.2.3. A forma

1.2.3.1. Sempre en verso

1.2.3.1.1. Versificación maxestosa e lenta

1.2.3.2. Hexámetro

1.2.4. O tema

1.2.4.1. Canta as victorias e as fazañas dos seres heroicos máis recoñecidos por unha comunidade

1.2.4.2. Épica grega

1.2.4.2.1. Fazañas e aventuras dos heroes gregos e troianos que se enfrontaron na guerra de Troia

1.2.5. Figuras heroicas

1.2.5.1. Encarnan os valores morais e as actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou

1.2.6. Figuras retóricas

1.2.6.1. Fórmulas que lle permitían ó rapsoda (o que relataba o poema épico) unha mellor memorización do texto

1.2.6.2. Versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico

1.2.6.2.1. Serven como epítetos que caracterizan personaxes humanos ou divinos

1.2.6.3. Símiles ou comparacións

1.2.6.3.1. Paso dun episodio a outro, imprímenlle plasticidade e viveza á narración, ademais de relaxar a atención tras momentos dunha tensión especial (narración dun combate, por exemplo)

1.3. Antecedentes

1.3.1. Horacio

1.3.1.1. Poesía épica: cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas

1.3.2. Primeiros poemas épicos

1.3.2.1. Finais do século II a.C.

1.3.3. Elogia

1.3.3.1. Inscricións funerarias en verso, eloxio dun defunto

1.3.3.1.1. Entre as conservadas detacan as que figuran en sepulcros de membros da familia dos Escipións

1.3.4. Carmina convivalia (cantos de banquetes)

1.3.4.1. Primeiros séculos de Roma

1.3.4.1.1. Ao final dos banquetes cantábase clarorum uirorum laudes atque virtutes, é dicir, as glorias e as valorosas fazañas dos antepasados ilustres

1.3.4.2. Niebuhr: debeu de existir un ciclo épico de cantos heroicos, base das lendas de personaxes heroicos transmitidas logo polos historiadores

1.3.4.2.1. Perda destes cantos heroicos

1.3.5. Carmina triumphalia (cantos de trunfo)

1.3.5.1. Cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal desde as aforas de Roma ata o Capitolio

1.3.5.1.1. Celebraban as fazañas do xeneral e as súas propias na guerra

1.3.5.1.2. Ás veces dábanse trazos de humor, en burlas dirixidas ata ao propio xeneral

1.3.6. Neniae (cantos fúnebres)

1.3.6.1. Honras fúnebres de personaxes ilustres

1.3.6.1.1. Nun principio encargábanse os perntes, e logo mulleres contratadas para iso

1.4. Épocas, autores e obras representativas

1.4.1. Época arcaica (III – II a.C)

1.4.1.1. Autores que imitaron as estructuras da épica grega, adaptándoa a temas romanos

1.4.1.2. Livio Andrónico

1.4.1.2.1. Odussia (Odisea)

1.4.1.3. Gneo Nevio

1.4.1.3.1. Bellum poenicum (Guerra púnica)

1.4.1.4. Ennio

1.4.1.4.1. Annales (Anais)

1.4.1.4.2. Poeta nacional romano por excelencia (ata a chegada de Virxilio)

1.4.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)

1.4.2.1. Tras a crise profunda da República, o goberno de Augusto propón unha rexeneración moral da sociedade romana

1.4.2.1.1. Obra poética: exaltación destes valores morais da Roma arcaica. Magnifícanse os heroes romanos que encarnan estes valores

1.4.2.2. Virxilio

1.4.2.2.1. Eneida

1.4.2.3. Ovidio

1.4.2.3.1. Metamorfose

1.4.2.4. Lucano

1.4.2.4.1. Farsalia

1.4.3. Época posclásica (s. I. d.C.)

1.4.3.1. Epopeas con excesiva retórica e ornamento

1.4.3.2. Silio Itálico (Púnica)

1.4.3.3. Valerio Flaco (Argonáuticas)

1.4.3.4. Papinio Estacio (Tebaida e Aquileida)

2. Virxilio

2.1. Vida

2.1.1. Naceu no 70 a.C. en Mantua (norte de Italia)

2.1.2. Tras estudiar varios anos en Milán e Roma, descobre que non sente vocación pola retórica

2.1.2.1. Vai a Nápoles estudiar filosofía co epicúreo Sirón

2.1.3. Bucólicas (anos 44 - 43 a. C.)

2.1.3.1. Primeira obra

2.1.3.1.1. Exitosa

2.1.3.2. Regresa a Roma e logra entrar nos círculos literarios de Mecenas e Augusto

2.1.3.3. Escribe as Xeórxicas (apoiado por Augusto) e despois a Eneida, que lle levou dez anos

2.1.3.3.1. Antes de acabala quixo visitar os escenarios nos que transcorría o poema, e iniciou así unha viaxe por Grecia e Asia Menor

2.1.4. Antes de morrer ordenou que a Eneida fose queimada

2.1.4.1. Os seus amigos non lle fixeron caso e publicárona tal e como el a deixara, con algúns versos incompletos

2.1.4.1.1. Contaban coa autorización do emperador Augusto

2.2. A Eneida

2.2.1. Encargo do emperador Augusto

2.2.2. Epopea nacional de Roma

2.2.3. Síntese da Odisea e mais da Ilíada de Homero

2.2.4. Escrita en hexámetros e distribuída en doce libros

2.2.5. Estructura argumental (segue os poemas de Homero)

2.2.5.1. Primeiros seis libros

2.2.5.1.1. Peripecias de Eneas na súa viaxe de Troia a Italia (Odisea homérica)

2.2.5.2. Seis últimos

2.2.5.2.1. Conflictos que precisou superar ata que puido establecer a paz na comarca de Alba Longa (Ilíada)

2.2.6. Elementos propios da épica tradicional

2.2.6.1. Símiles e comparacións, as fórmulas, o uso de arcaísmos...

2.2.6.2. Vigor heroico e a solemnidade características dun poema épico

2.2.7. Todo sucede pola ira da deusa Xuno, que se manifesta ó comezo da obra e que non se aplaca ata o remate

2.2.8. Virxilio aporta novidades ó poema transfiríndolle a modernidade suficiente como para que aínda teña un grande atractivo entre os lectores actuais

2.2.8.1. Uso da profecía

2.2.8.1.1. Grandes momentos da historia romana, que lle permiten loubar a Augusto, en quen se cumpren todos os agoiros proféticos

2.2.8.2. Habilidade na descrición de personaxes

2.2.8.2.1. Raíña Dido = heroína tráxica

2.2.8.2.2. Turno (rival de Eneas no Lacio) = antagonista

2.2.8.2.3. Longa lista de personaxes que responden a todo tipo de tópicos sociais

2.3. Finalidade da obra

2.3.1. Virxilio pensou primeiro na posibilidade de compoñer un poema épico cantando as xestas de Augusto

2.3.1.1. Decidiuse por un tema máis grandioso e máis acorde coa súa inspiración e a súa independencia artística

2.3.1.1.1. Exaltación de Roma nas súas orixes mitolóxicas

2.3.2. Nevio

2.3.2.1. Suceso contemporáneo

2.3.3. Ennio

2.3.3.1. Historia de Roma ata o seu tempo

2.3.3.1.1. Orixes como unha digresión

2.3.4. Virxilio

2.3.4.1. Orixes: tema fundamental da súa epopea

2.3.4.1.1. Engade a glorificación de Augusto, da súa familia e doutros personaxes e familias ilustres

2.3.4.2. Promovido por Augusto en prol dunha restauración moral e cívica de Roma, ademais de restaurar a vella relixión e a austeridade das costumes antigas

2.3.5. Os romanos cultos: displicentes ante as reformas relixiosas e morais de Augusto, pero coñecían a fondo os poemas homéricos e a literatura grega

2.3.5.1. Virxilio satisfaceu as esixencias deste público

2.3.5.1.1. Raras veces coincidiron tan ben as intencións dun poeta, os desexos dun caudillo e as esixencias dun público

2.3.6. Romanos da época de Augusto

2.3.6.1. Non se adaptaron aínda á súa nova condición de señores do mundo e á vida da Roma cosmopolita

2.3.6.1.1. Xustificación pasada do seu poderío presente

2.3.7. A gloria esperaba ao poeta que lograse codificar as virtudes nacionais e atopar antepasados remotos a este pobo de advenedizos

2.3.7.1. Varios poetas intentárano explotando unha lenda elaborada na Magna Grecia, para explicar o antagonismo Roma - Cartago como epílogo dun desgraciado episodio amoroso entre os fundadores de ambas cidades: a raíña Dido e o troiano Eneas

2.3.7.1.1. Nexo que vinculaba a dinastía de Príamo aos primeiros romanos e explicaba a conquista de Grecia polos Romanos como unha vinganza da destrución de Troia polos gregos

2.3.7.1.2. Romanos=descendentes dos Troianos

2.4. Estilo

2.4.1. Virxilio abre unha etapa nova na poesía épica

2.4.2. A Eneida

2.4.2.1. Epopea sabia, produto de vastos coñecementos e unha rigorosa selección para integralos harmonicamente nunha unidade

2.4.2.2. Glorificación de Roma

2.4.2.3. Épica feita de dores e de paixóns

2.4.2.3.1. Psicoloxía e espírito elexíaco

2.4.2.4. Personaxes

2.4.2.4.1. Desenvolvemento, descricións e digresións en perfecto equilibrio

2.4.2.5. Converteuse nun clásico e a súa fama non decaeu xamais, dende a Idade Media, na que Dante o elixiu como guía para o Inferno, ata a época actual, na que se lle chamou a Virxilio “pai de Occidente”

2.4.3. Épica virxiliana

2.4.3.1. Subxectividade nacida da súa simpatía coa natureza

2.4.4. Virxilio

2.4.4.1. Contempla a homes que sofren e caen, non a soldados que combaten e realizan prodixios de heroísmo

2.4.4.1.1. Eneas

2.5. A sensibilidade poética en Virxilio

2.5.1. Superior á súa imaxinación

2.5.2. A súa delicadeza é superior á súa forza

2.5.3. Natureza poética

2.5.3.1. Lévao máis á elexía ou ao lirismo que á invención puramente épica

2.5.4. Alma de Virxilio

2.5.4.1. Non lle permite escapar ás dores e infortunios dos seus 7 personaxes

2.5.4.1.1. Chora e sofre con eles

2.5.4.2. A súa tenrura permítelle afondar no corazón de Dido e pintar a batalla que nel se libra entre o amor a Eneas e o respectuoso recordo de Siqueo

2.5.5. Sanguento campo de batalla da epopea

2.5.5.1. Virxilio fai brotar a súa sensibilidade, o seu amor á natureza, a todo canto pode suscitar no ánimo a tenrura ou a melancolía

2.5.5.1.1. Follas que morren ao sopro do vento

2.5.5.1.2. Andoriñas que abandonan os seus niños

2.5.5.1.3. Olmo que xeme baixo os golpes da machada do rexo leñador

2.5.5.1.4. Mantén a súa alma sempre aberta á natureza

2.5.6. Amor pola natureza, simpatía e piedade polos infortunios humanos, polos necesitados, polos desherdados da sorte

2.5.6.1. Novo sentimento na poesía romana.

2.5.7. Virxilio

2.5.7.1. Poeta do corazón, da doce e delicada melancolía, que comprende a fraxilidade das cousas humanas.

2.5.7.1.1. Descripción da tristeza de Andrómaca

2.5.7.2. Fronte á poesía serea e luminosa, pero indiferente, dos gregos e a recia e viril dos romanos, Virxilio aporta o amor, a bondade, a xenerosidade, a fraternidade entre os homes

2.5.7.2.1. Actitude cristiá ante a vida, coas súas dolorosas meditacións e o seu inmenso amor ao próximo

2.5.7.3. Comprensión e o respecto das miserias humanas e un ansia irresistible de remedialas

2.5.7.4. Pai de Occidente

2.5.7.4.1. Precursor dos tempos actuais

2.5.8. A Eneida

2.5.8.1. Grega pola inspiración

2.5.8.2. Romana polo espírito que a anima

2.5.8.3. Obra que canta a morriña do pasado de Roma, o seu presente glorioso e o porvir da Humanidade

2.5.8.4. Chea dese amor universal ao home, presentido xa polo alma xenerosa e o corazón inmenso dun poeta inmortal

2.6. Argumento da Eneida

2.6.1. LIBRO I

2.6.1.1. Naves dos troianos, que sucan o mar de Sicilia,

2.6.1.1.1. Arroxadas ás costas africanas por unha violenta tempestade que lles envía a rancorosa Xuno

2.6.1.2. Venus aparéceselle a Eneas como unha cazadora e infórmalle de que se atopa nas terras da fenicia Dido (raíña de Cartago)

2.6.1.3. Eneas entra co seu amigo Acates rodeados por unha nube que os oculta para contemplala sen que ninguén os vexa

2.6.1.4. Eneas envía a Acates en busca de Ascanio e de agasallos para Dido, logo de saír da nube e mostrarse á vista de todos

2.6.1.5. Venus, convencendo a Cupido para que suplante ao fillo de Eneas e tome o seu aspecto, logra enamorar á raíña, quen ofrece un banquete aos seus hóspedes e pide a Eneas que lle conte as súas aventuras

2.6.2. LIBRO II

2.6.2.1. Recordos de Eneas (vánse a estender ao longo de dous libros)

2.6.2.1.1. Caída de Troia, logo que os gregos lograron introducir o cabalo na cidade

2.6.2.1.2. Cando o exército grego lograra o seu obxectivo de entrar en Troia, aparécese a Eneas a pantasma de Héctor que lle anuncia o desastre e lle pide que escape e busque novas murallas para os deuses da cidade

2.6.2.1.3. Eneas abandona a patria tras vencer a resistencia de Anquises, o seu pai.

2.6.3. LIBRO III

2.6.3.1. Eneas, cos compañeiros que puideron escapar á catástrofe, prepara unha flota e navega ás costas de Tracia

2.6.3.1.1. Illa de Delos (para consultar o oráculo)

2.6.3.1.2. Creta, de onde deben partir precipitadamente por mor da peste

2.6.3.1.3. Illas Estrófades (encontro con Celeno e as demais Harpías; nova profecía sobre o seu destino)

2.6.3.2. Costas de Epiro: atopan a Andrómaca e Héleno

2.6.3.2.1. Brillante porvir e perigos que debe evitar na navegación cara a Italia

2.6.3.3. Bordean as costas de Sicilia e, fronte ao Etna, atopan ao grego Aqueménides, supervivente da expedición de Ulises, que lles refire a aventura co Ciclope Polifemo

2.6.3.4. Chegan ao fin ao porto de Drépano, onde morre Anquises

2.6.3.5. Vén logo a tempestade que os arroxou ás praias de África, co que termina o relato de Eneas á raíña

2.6.4. LIBRO IV

2.6.4.1. Libro dos amores de Dido e Eneas

2.6.4.1.1. Dido abre o seu corazón a Ana, a súa irmá, e exponlle o seu terrible dilema

2.6.4.1.2. Animada polas palabras da súa irmá (reproche por rexeitar pretendentes africanos)

2.6.4.1.3. Xuno e Venus (finxen) acordan propiciar a unión de Dido con Eneas e unir aos dous pobos

2.6.4.1.4. Instigado polas súplicas de Iarbas (rei dos getulos a quen Dido desprezara) Xúpiter envía a Mercurio para que recorde a Eneas o obxectivo da súa misión e repróchalle o seu abandono

2.6.4.1.5. Eneas prepara segredo a partida, pero Dido descóbreo e intenta convencelo para que se quede ao seu lado

2.6.5. LIBRO V

2.6.5.1. As naves son arroxadas de novo por unha tempestade ás costas de Sicilia, sen poder alcanzar Italia

2.6.5.1.1. Acólleos o rei Acestes, e Eneas celebra sacrificios e xogos no sepulcro do seu pai

2.6.5.2. As mulleres de Troia, preocupadas pola súa difícil situación e en vista de que non alcanzan o final da perigosa viaxe, instigadas por Iris, mensaxeira de Xuno, incendian a flota e conseguen destruír catro naves

2.6.5.2.1. Xúpiter envía unha choiva milagrosa que impide a destrución total

2.6.5.3. Anquises aparécese en soños ao seu fillo e aconséllalle que deixe a parte da súa xente en Sicilia e se dirixa a Cumas, Italia, onde debe conseguir a axuda da Sibila para baixar ao Averno (moradas de Dicte)

2.6.5.3.1. Obedece ao seu pai e no camiño perde a Palinuro, o piloto da súa nave

2.6.6. LIBRO VI

2.6.6.1. Eneas chega ás costas de Italia, a Cumas

2.6.6.2. Entrevístase coa Sibila, escoita o seu oráculo e pídelle que o acompañe ás mansións infernais para ver ao seu pai

2.6.6.3. Percorren os infernos, atopan a sombra de Palinuro, antes de cruzar a lagoa estixia na barca de Caronte

2.6.6.4. Chegan ás Chairas do Choro, onde atopan a Dido e ao xentío dos soldados troianos mortos na guerra

2.6.6.5. Chegan aos Campos Elíseos onde Eneas fala coa pantasma do seu pai, que explica ao seu fillo a orixe do mundo e os misterios da vida nos infernos, e para rematar descríbelle as persoas dos que logo han de ser heroes da Roma que agarda a súa hora (Marcelo, sobriño e herdeiro de Augusto, morto prematuramente)

2.6.6.6. Animado ao comprender a misión de Roma na historia do mundo, abandona Eneas as moradas infernais pola porta de marfil

2.6.7. LIBRO VII

2.6.7.1. Segunda parte do poema

2.6.7.1.1. Guerras no Lacio

2.6.7.2. Navega a flota troiana seguindo as costas de Italia, e penetra nas augas do Tíber, en cuxa ribeira desembarcan e establecen os troianos o seu campamento

2.6.7.3. Eneas recoñece nestas terras a patria que lle ten asignado o destino

2.6.7.4. Envía mensaxeiros ao rei Latino, quen o acolle e ofrécelle en matrimonio á súa filla Lavinia

2.6.7.5. Ascanio mata nunha cacería a un cervo da pastora Silvia, pastora do rei

2.6.7.5.1. Guerra entre ambos pobos

2.6.8. LIBRO VIII

2.6.8.1. Turno busca axuda entre todos os pobos do Lacio

2.6.8.2. O deus do Tíber aparécese en soños a Eneas e advírtelle que debe buscar a alianza con Evandro, rei arcadio que tempo atrás se estableceu co seu pobo no monte Palatino

2.6.8.2.1. Onde máis tarde haberán de alzarse as murallas da alta Roma.

2.6.8.2.2. Evandro recíbeo favorablemente

2.6.8.3. Venus, preocupada polas guerras que agardan ao seu fillo, solicita o favor de Vulcano, quen ordena aos seus Cíclopes que preparen para o heroe unhas armas marabillosas

2.6.8.3.1. Venus aparécese a Eneas e entrégalle as armas; descrición minuciosa do escudo, no que aparecen gravadas futuras fazañas de Roma

2.6.9. LIBRO IX

2.6.9.1. Ausencia de Eneas

2.6.9.2. Turno pon sitio ao campamento troiano e queima as súas naves, que a deusa Cibeles converte en Ninfas do mar

2.6.9.3. Niso e Euríalo tratan de romper o cerco para avisar ao seu rei da difícil situación do campo troiano (morren)

2.6.9.4. Turno ataca e o Ascanio empuña as armas contra os atacantes, dando morte a Numano

2.6.9.5. Pándaro e Bitias intentan enganar aos sitiadores pero Turno advirte o engano e entra no campamento causando gran matanza entre os seus inimigos ata que ha de arroxarse coas súas armas ao Tíber

2.6.10. LIBRO X

2.6.10.1. Convoca Xúpiter a asemblea dos deuses para discutir a guerra do Lacio

2.6.10.1.1. Permanecer neutral, deixar a guerra en mans do fado

2.6.10.2. Os rútulos preparan un segundo ataque, preséntase Eneas coas tropas tirrenas e as que Evandro puxo baixo o mando do seu fillo Palante; as naves transformadas en Ninfas avisárono do perigo que corrían os troianos

2.6.10.3. Morre Palante a mans de Turno

2.6.10.4. Cando máis enfurecido está o heroe troiano por vingar a morte do seu amigo, Xuno consegue que Xúpiter saque a Turno do campo, librándoo dunha morte inminente

2.6.10.4.1. Pantasma coa figura de Eneas

2.6.10.5. Toma Mecencio o mando do exército latino ata que é ferido por Eneas, quen despois dá morte ao seu fillo Lauso

2.6.10.6. Mecencio é asasinado por Eneas

2.6.11. LIBRO XI

2.6.11.1. Eneas celebra a morte de Mecencio, e envía á cidade de Evandro os restos de Palante

2.6.11.2. Mensaxeiros do rei Latino a pactar unha tregua para dar sepultura aos mortos

2.6.11.2.1. Eneas acepta

2.6.11.3. Turno e Drances enfróntanse en defensa da guerra e a paz cos troianos, respectivamente

2.6.11.4. Avance de Eneas sobre Laurento, defensa da cidade

2.6.11.5. Camila á fronte do seu escuadrón de cabalería

2.6.11.5.1. Morre como heroína (Arrunte)

2.6.11.6. Dispérsase o exército latino ante a morte de Camila

2.6.11.7. Turno chega ao campo de batalla á vez que Eneas, é de noite e ambos prefiren acampar ao pé das murallas de Laurento

2.6.12. LIBRO XII

2.6.12.1. Turno enfróntase en combate singular con Eneas (proposta deste)

2.6.12.1.1. A man de Lavinia será do vencedor

2.6.12.2. Persuadida por Xuno, a Ninfa Iuturna, irmá de Turno, actúa entre o exército latino e consegue que se rompa o pacto porque Tolumnio dispara os seus dardos contra os troianos

2.6.12.3. Renóvase o combate e é ferido Eneas

2.6.12.4. Turno aprovéitase da súa ausencia

2.6.12.4.1. Eneas é curado milagrosamente cunhas herbas que lle envía a súa nai

2.6.12.5. Eneas busca a Turno, pero Iuturna, transformada no auriga Metisco, manteno afastado do combate

2.6.12.6. Eneas inicia o asalto final á cidade

2.6.12.7. A raíña Amata afórcase, e a espantosa noticia lanza a Turno ao combate decisivo, tras descubrir o engano inútil da súa irmá

2.6.12.7.1. Morre Turno a mans de Eneas

2.7. Influencia de Virxilio na literatura universal

2.7.1. O inicio da Eneida

2.7.1.1. “En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivió un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor” (Don Quijote de la Mancha, Cervantes)

2.7.1.2. Guerra das Galias: Gallia est omnis divisa in partes tres ou o famoso inicio da Primera Catilinaria: Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?

2.7.1.3. Versos cos que Virxilio inicia a súa obra (e nos que el á súa vez é debedor de Homero) serviron de modelo a moitos dos poetas épicos posteriores en todas as literaturas europeas

2.7.1.3.1. Os Lusíadas do poeta portugués Luis de Camoes (1524 - 1580)

2.7.1.3.2. La Araucana de Alonso de Ercilla (1533 -1594)

2.7.2. Unha versión medieval

2.7.2.1. O mito da guerra de Troia pervive durante a Idade Media, máis grazas á influenza latina que á grega

2.7.2.2. Virgilio

2.7.2.2.1. Inspiración versión francesa Roman de Troie, que posteriormente foi traducido ao latín por Guido delle Colonne co título de Historia destructionis Troiae