TEATRO E COMEDIA GREGA

Comienza Ya. Es Gratis
ó regístrate con tu dirección de correo electrónico
Rocket clouds
TEATRO E COMEDIA GREGA por Mind Map: TEATRO E COMEDIA GREGA

1. Orixe do teatro grego

1.1. Poesía que representaba a acción de personaxes míticos ou fantásticos, non con relatos, senón mediante a reconstrución, a mímese das súas actividades.

1.2. Nace en desenvólvese en Atenas no s.V a.C.

1.3. Composta pola música, danza e a palabra.

1.4. Utilización de disfraces e máscaras traxicas, vestimentas solemnes e coturno.

1.5. Intervención dun máximo de tres actores masculinos que desempeñaban máis dun papel e papeis femininos se era necesario.

1.6. Intervención do coro: coreutas (os compoñentes), corifeo (o director)

1.7. Orixe do drama no culto a Dioniso

1.7.1. Rituais dionisíacos

1.7.1.1. Homes con máscaras cantaban e danzaban ditirambos representando as cousasquellecourriran ao deus e entraban nunha especie de trance no que saían do seu propio "eu", o deus ensináballes cousas irreais

1.7.2. Grandes Dionisas

1.7.2.1. Concursos dramáticos organizados polo Estado

1.8. Seguemento do teatro: máis que un dereito, un deber

2. A traxedia grega

2.1. "Canto da cabra"

2.1.1. Combinación de canto e danza realizados ante o altar de Dioniso despois do sacrificio dunha cabra

2.2. Personaxes complexos

2.2.1. Heroes, seres por riba dos homes e mulleres reais, reis que viviron nun pasado remoto, nun tempo no que o mundo era moi diferente do mundo de Atenas no século V.

2.3. Temas

2.3.1. Ciclos míticos

2.3.1.1. Intensos enfrontamentos que terminan en catástrofes e mortes, odios, vinganzas e a miúdo entre amigos ou entre membros dunha mesma familia, crímenes sanguentos e as pantasmas familiares: un irmán mata a un irmán, un pai á súa filla, unha esposa ao su marido, un fillo a súa nai…

2.3.1.2. Sufrimento dos heroes

2.3.1.2.1. Cambio de fortuna e á precipitada caída na ruina como castigo dos deuses

2.4. Lingua

2.4.1. Personaxes grandes e temas profundos

2.4.1.1. Linguaxe solemne, bonita e elegante

2.4.2. Poesía (tamén nos diálogos)

2.4.2.1. Verso

2.4.2.1.1. Metro: o grego antigo tiña vocais con diferente duración temporal (longas e breves). O ritmo resultaba da alternancia regular de sílabas con diferentes tempos e non, como nas linguas romances, da alternancia de sílabas tónicas e átonas.

2.5. Partes

2.5.1. Prólogo

2.5.1.1. Sitúa aos espectadores no tempo e lugar no que sucede a acción, explica antecedentes e razóns que levaron á situación conflictiva que se vai a desenvolver e presenta a identidade dos personaxes

2.5.2. Párodo

2.5.2.1. Primera canción que executa o coro cando aparece por primeira vez e se sitúa na orchestra

2.5.3. Episodios

2.5.3.1. Partes recitadas polos actores, as escenas ao longo das cales se vai desenvolvendo o argurnento. Conteñen a problemática e os plans dos personaxes, as suas decisións, os seus enfrontamentos, recoñecementos, descricións de feitos que sucederon ou suceden fora do espazo escénico...

2.5.4. Estásimos

2.5.4.1. Son os cantos do coro, acompañados de movementos de danza e música. Intercálanse entre as escenas (episodios), creando unha permanente alternancia de partes dialogadas e cantadas e deixándolle unha certa marxe de tempo aos actores para que cambiaran a vestimenta, polo cal nestas partes non se producía un avance no transcorrer dos acontecementos, senón que a acción permanecía parada, de aí o nome de "estásimos".

2.5.5. Éxodo

2.5.5.1. É a parte que segue despois do último canto do coro (ἔξοδος: "saída", literalmente "fóra do camiño). A acción xa culminou. Ao final do exódo, o coro abandona a escena e sale por ambos lados do teatro, recitando algúns versos que aluden ao poder omnímodo dos deuses e á insignificancia do ser humano.

3. A comedia grega

3.1. Características principais

3.1.1. Temas de ficción a partir dos problemas da polis, dos cidadáns e do seu goberno, exercendo polo tanto unha labor de crítica social e política

3.1.1.1. Argumentos de índole amorosa con final feliz, que só teñen como obxectivo facer rir ao público. Esta comedia é a que vai influír de xeito decisivo na obra dos comediógrafos latinos como Plauto

3.1.2. O tratamento é desenfadado e a linguaxe é popular

3.1.3. Os personaxes son xentes sinxelas da polis ou ben deuses ridiculizados e/ou animais

3.1.4. Fins semellantes ós da traxedia: liberar ó home das súas angustias e opresións

3.1.4.1. O heroe cómico, por medios fantásticos, consegue liberar a Atenas dos seus males: a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos poetas... chegando a un estado de felicidade

3.2. Orixe

3.2.1. Xorde coa festividade en honra a Dioniso, é dicir, eran obras representadas nas festividades a cargo do Estado. Así mesmo tamén se fai notar a influenza do drama siciliano que se ten en conta principalmente nos efectos da trama.

3.2.1.1. Komoidía que quere dicir "canto dun komos", é dicir unha procesión ritual festiva na antiga Grecia e que á súa vez provén do termo grego komos que era unha procesión de comparsas que cantaban e bailaban

3.2.1.2. A comedia máis antiga coñecida é a obra Os acarnienses de Aristófanes, representada no ano 425 a.C.

3.3. Partes

3.3.1. Prólogo

3.3.1.1. Escea que abre a obra, de tipo expositivo que precede a entrada do coro

3.3.2. Entrada do coro

3.3.2.1. É a escea da entrada do coro na que se lle presenta ao público

3.3.3. Debate

3.3.3.1. Debate entre os adversarios con argumentos a favor ou en contra do tema capital da obra. Xeralmente preséntase en forma de tetrámetros e o primeiro en falar é o perdedor.

3.3.4. Marcha cara adiante

3.3.4.1. Despois da disputa todos os personaxes saen de escea, o coro "adiántase" e o corifeo diríxese ao público sen que as súas palabras teñan necesariamente moito que ver co argumento.

3.3.5. Episodio

3.3.5.1. Serie de episodios separados por breves cantos do coro que de cando en vez continúan coa trama xeral aínda que usualmente se limitan a ilustrar a conclusión do debate.

3.3.6. Éxodo

3.3.6.1. Escea final na que predomina a alegría que xeralmente da paso a unha boda ou a unha festa. Pode acabar cun córdax ou danza ritual.

3.4. Comedia Antiga ou Aristofánica

3.4.1. A Comedia Antiga tiña unha natureza tosca e expresábase nunha linguaxe deshinibida, de xeito que incluso os cidadáns distinguidos como Sófocles ou Eurípides eran ridiculizados, ben co seu propio nome ou ben cun lixeiro disfraz.

3.4.2. Autores

3.4.2.1. 27 comedias de Cratino (520-423 a.C): Gañou seisveces o primeiro premio nas Dionisias Urbanas e tres nas Leneas

3.4.2.2. Ferécrates: Imitou o estilo de Crates e obtuvo premios entre o 400 e o 430 a.C

3.4.2.3. Eupolis: Representou a súa primeira obra no 429 a.C, obtivo o primeiro premio tres veces nas Leneas e polo menos un nas Dionisias Urbanas

3.5. Comedia Media

3.5.1. Xa non é só unha produción política centrada en Atenas e desapareceron os elementos tradicionais, incorporando cada vez máis elementos que chamaríamos da comedia burguesa, como por exemplo a aparición de temas eróticos e de personaxes como a prostituta, o namorado ou o fanfarrón, que influirían posteriormente na traxedia tardía de Eurípides.

3.6. Comedia Nova

3.6.1. Con características propias, apareceu nun momento no que o xénero teatral da traxedia estaba en horas baixas e polo contrario a comedia vivía un renacer.

3.6.2. Novas estructuras e temas

3.6.2.1. Desapareceron o coro e a parábase

3.6.2.2. O argumento foi dividido en actos

3.6.2.3. Estableceuse un prólogo no que o autor presentaba as súas opinións

3.6.2.4. Os caracteres dos personaxes eran detallados de forma minuciosa e e aumentaron en número ata chegar a ser 44

3.6.2.5. O tema principal solía ser o amor con toda clase de contrariedades durante a obra e rematando cun final feliz

3.6.3. Autores

3.6.3.1. Influencia sobre Plauto e Terencio

3.6.3.1.1. Dífilo (361 a.C-264 a.C)

3.6.3.1.2. Filemón

3.6.3.1.3. Filípides

3.6.3.1.4. Menandro

4. Autores cómicos

4.1. Aristófanes

4.1.1. Obra

4.1.1.1. As nubes

4.1.1.1.1. A obra desenvólvese ao redor de Estrepsíades, Στρεψιάδης, o pai de Fidípides, Φειδιππίδης, un mozo fanático da hípica. Esta diversión é algo bastante costoso para o seu pai o cal ten débedas polo amor aos seus cabalos.

4.1.1.2. A asamblea das mulleres

4.1.1.2.1. Presentouse a concurso no 392 a. C.

4.1.1.2.2. Comedia política, xa que trata un problema da pólis, cuestiónase o sistema de goberno da cidade. Pero é sobre todo unha comedia utópica xa que a solución que se propón sería impensable para a cidade de Atenas, posto que destruiría os seus sinais de identidade

4.1.1.3. Lisístrata

4.1.1.3.1. Defende as solucións pacíficas contra os demagogos que impulsaban ó pobo á guerra

4.1.2. Estilo

4.1.2.1. Xogos de palabras, dobre sentido e crea termos novos, como o prato ficticio que se ofrece ao final da obra, con 171 letras

4.1.2.2. Parodia á traxedia

4.1.2.3. Critica a tódalas clases sociais, pero escolle como protagonistas da súas obras ós personaxes do pobo chan que queren vivir tranquilos e sen guerras.

5. Autores tráxicos

5.1. Esquilo

5.1.1. Mellorou a forma da traxedia, engadiu o segundo actor á escena e limitou o número de membros do coro e a extensión do seu papel, reducindo as partes cantadas e ampliando os diálogos. Con estes cambios fixo á traxedia máis teatral, deulle máis posibilidades de síntese e movemento, de acción e de diálogo. As súas traxedias son un gran espectáculo musical e poético con tons arcaicos e relixiosos.

5.1.2. Obra

5.1.2.1. Os persas

5.1.2.1.1. Traxedia ambientada na Batalla de Salamina

5.2. Sófocles

5.2.1. Obra

5.2.1.1. Edipo Rei

5.3. Eurípides

5.3.1. Obra

5.3.1.1. Escribiu numerosas obras, a maioría delas sen seguir unha orde fixa e sen deixalas totalmente acabadas.

5.3.1.2. Ifixenia en Áulide

5.3.1.2.1. Esta traxedia grega, conta o episodio no que é necesario o sacrificio da filla de Agamenón (Ifixenia) en honra a Artemisa, xa que é clave para que os gregos venzan na guerra contra Troia, según o oráculo.

5.3.1.3. Medea

5.3.1.4. Hécuba

5.3.1.5. Andrómaca

6. Electra

6.1. Argumento

6.1.1. Electra foi escrita no 413 a.C. por Eurípides, e conta a vinganza dos fillos de Agamenón sobre a súa nai Clitemnestra e sobre o amante desta (o cal tamén usurpou o trono), Existo.

6.2. Estrutura

6.2.1. Catro episodios

6.2.1.1. Prólogo

6.2.1.2. Primer episodio

6.2.1.2.1. Primeiro estásimo

6.2.1.3. Segundo episodio

6.2.1.3.1. Segundo estásimo

6.2.1.4. Terceiro episodio

6.2.1.4.1. Terceiro estásimo

6.2.1.5. Cuarto episodio

6.2.1.5.1. Cuarto estásimo

6.2.1.6. Éxodo

6.3. Diferencias no tratamento do tema

6.3.1. A primeira gran diferenza é a forma de tratar o tema do matricidio; Esquilo tratou o tema na Orestíada, e para el é un momento máis da obra, mentres que Sófocles e Eurípides o tratan como o máis importante da obra.

6.3.2. Para Esquilo o matricidio é unha fase transitoria na loita polo establecemento da xustiza, polo que a súa obra está marcada por un sentimento ético-relixioso que se reflexa na estrutura da obra.

6.3.3. Entre Sófocles e Eurípides hai mellor converxencia. En Sófocles o centro da obra constitúeo Electra aínda que o interese non se centra no matricidio, pero tampouco é unha obra na que o principal sexa o estudo do carácter de Electra. Sófocles busca o equilibrio e o orden normal das cousas que presupón a identificación do mundo físico e o humano.

6.4. Personaxes

6.4.1. Electra e Orestes (o seu irmá) son os personaxes principais

6.5. Intención e mensaxe do autor

6.5.1. Obxectivo

6.5.1.1. Presentar dialécticamente a dinámica da “vendetta” unida á sociedade tribal e a superación da mesma mediante a xustiza garantida por Zeus e por unha nova estrutura social baseada no Dereito e nos tribunais

6.5.2. Intención básicamente moral e por iso a súa obra está traspasada por un sentimento ético relixioso trascendentalista

6.6. Parodia

6.6.1. Libación dos mensaxeiros

6.6.1.1. Electra recoñece a seu irmá por unha serie de pistas: un bucle do seu cabelo, unha pegada que deixou na tumba de Agamenón e un artigo de roupa que ela escribira para el anos antes.

6.6.1.1.1. Parodia da explicación de Esquilo

6.6.2. Orestes é recoñecido pola cicatriz que se fixera na frente ao perseguir un cervo cando era un neno. Esto é unha burla que alude á escena da Odisea, de Homero. Na Odisea, a nodriza Euriclea recoñece ao recén chegado Odiseo pola cicatriz no seu muslo, a cal se fixera de pequeno na súa primeira caza de xabaríns. Na Odisea, o regreso de Orestes a Argos e a vinganza pola morte do seu pai preséntase varias veces como modelo do comportamento de Telémaco. Eurípides usa a súa recoñecida escena para aludir á Odisea. No lugar dunha épica caza de xabarín, Eurípides invéntase un semi-comic involucrando o incidente dun cervo.