Comienza Ya. Es Gratis
ó regístrate con tu dirección de correo electrónico
A Lírica por Mind Map: A Lírica

1. Gayo Valerio Catulo

1.1. Catulo na lírica

1.1.1. principal representante desta escola de xoves poetas, que imitaban ós poetas gregos alexandrinos

1.1.1.1. adoptou deles a elexía e o epigrama, un tipo de poesía moi persoal

1.1.1.1.1. Cicerón burlouse deles, chamándolles poetae novi, facendo referencia con este apelativo ó seu afán por introducir novidades na poesía tradicional.

1.1.2. amósanos como os neotéricos levan a cabo a fusión entre as dúas poesías gregas

1.1.2.1. imita a lírica de Safo, Anacreonte

1.1.2.2. imita a dos alexandrinos: Calímaco e Filodemo.

1.2. Biografía

1.2.1. Verona, ano 87 a. C.,

1.2.1.1. familia economicamente próspera

1.2.1.2. período axitado para Roma, a época que vai da dictadura de Sila ó inicio da campaña de César en Britania

1.2.1.3. Instalouse en Roma pouco despois de cumprir os vinte anos e dedicouse por completo á poesía

1.2.1.3.1. ilustra nos seus carmina as etapas do seu sentimento amoroso

1.2.2. Morreu ó pouco tempo do seu regreso, no ano 54 a. C.

1.2.2.1. ós trinta anos de idade,

1.2.2.1.1. post reconciliación con César

1.3. Obra

1.3.1. Consérvanse 116 poemas dunha enorme variedade en canto ós temas (poesía erótica, sátiras, epigramas, etc.) e á súa extensión.

1.3.1.1. motivos que os inspiran:

1.3.1.1.1. Poemas mitolóxicos eruditos

1.3.1.1.2. Poemas satíricos e epigramas

1.3.1.1.3. Poemas líricos puros

1.3.2. poeta lírico, que destaca polo seu grado de intensidade e de autenticidade no uso da lingua latina.

1.3.2.1. É o precursor de Horacio e dos poetas elexíacos do século de Augusto; sen dúbida influíu no espírito dos poetas do noso século.

2. Poesía e sociedade augústeas

2.1. O espazo histórico

2.1.1. O panorama previo á chegada de Augusto ó poder era políticamente complexo

2.1.1.1. sanguento (guerras civís, revoltas)

2.1.1.1.1. paz imposta

2.1.2. A literatura

2.1.2.1. época dourada

2.1.2.1.1. os poetas teñen claro que o seu papel é conseguir a inmortalidade

2.1.3. tres momentos

2.1.3.1. O período triunviral

2.1.3.1.1. comeza no 43 a.C., cando o Imperio Romano queda en mans de Octavio, Antonio e Lépido, empeñados en poñer orde no caos

2.1.3.2. O primeiro período augústeo o 27 a.C

2.1.3.2.1. despois da derrota de Antonio en Accio no ano 31 a.C., cando o papel imperial de Octavio está discreta pero efectivamente definido e cando el mesmo asume o título de Augusto

2.1.3.3. terceiro cambio que se comeza a percibir en torno ó ano 20 a.C.

2.1.3.3.1. cando Octavio Augusto exerce o poder monárquico sen miramentos, o que vai ter unha influencia determinante na literatura

2.2. Os poetas e a sociedade

2.2.1. Neste período augústeo asistimos ó cambio final de actitude cara á poesía e ós poetas.

2.2.1.1. Ahora a poesía non é só unha preocupación digna e única para os cidadáns romanos de clase respetable

2.2.1.1.1. os poetas

2.2.1.1.2. Volve a estar en xogo a visión grega clásica da poesía

2.3. Os poetas e os patróns

2.3.1. neste momento os poetas pertencían as clases altas e non dependían económicamente de ningún padroeiro como os seus predecesores

2.3.1.1. o padroado sobrevive

2.3.1.1.1. os poetas obtiñan a axuda moral dun gran home

2.3.2. No primeiro período augústeo

2.3.2.1. Mecenas (70-8 a. C.)

2.3.2.1.1. é o patrón que mediaba entre poetas e princeps

2.3.2.1.2. importante impulsor das artes

2.3.2.1.3. dedicación artística

3. Horacio (65-8 a.C)

3.1. Viviu nunha Roma esgotada e cansa de guerras que procuraba a paz e a tranquilidade

3.1.1. Naceu no sur de Italia nunha familia de libertos.

3.1.1.1. Tivo, sen embargo, unha boa educación en Roma e Atenas.

3.1.1.2. Tomou parte na batalla de Filipos ao lado dos asasinos de César, Bruto e Casio.

3.1.1.2.1. regreso a Roma

3.2. Horacio a través do período imperial

3.2.1. período triunviral

3.2.1.1. Horacio aínda mostra nos Épodos e Sátiras o libre arbitrio republicano e a escasa simpatía polos triunviros.

3.2.1.1.1. Épodos

3.2.1.1.2. Pero sen moito tardar Mecenas reúne a Horacio cos do seu círculo e tíralle o compromiso de apoio ao proxecto político de Octavio, que a non tardar ía ser vehemente.

3.2.2. Horacio entende que o seu espírito poético necesita renovación:

3.2.2.1. a expresión persoal non está sometida a un estado de ánimo inmutable e pesimista,

3.2.2.2. recibe o influxo do ambiente que o rodea ó mesmo tempo que se deixa levar polo cambio constante das súas propias emocións

3.2.2.2.1. Esta obsesión por abrirse ao exterior quizá o levase a centrar o seu traballo poético nas Odas

3.3. A contribución horaciana á lírica

3.3.1. Horacio estaba orgulloso de ser o primeiro en facer poesía lírica en latín.

3.3.1.1. A musicalidade da métrica eólica permítelle expresar todo o universo afectivo sen caer na monotonía dos xéneros tradicionais que ligaban o metro a un tema determinado e viceversa.

3.3.2. Nos primeiros libros de Odas (I, II, III)

3.3.2.1. Horacio desempeña o papel dun Alceo

3.3.2.1.1. cidadán fondamente comprometido

3.3.3. fusión das dúas poesías gregas que se dera cos neotéricos advírtese

3.3.3.1. non só leva adiante o programa dos poetas do círculo de Catulo senón que os supera.

3.3.4. Se ben hai opinións distintas sobre a poesía horaciana,

3.3.4.1. Son moitos críticos os que poñen máis énfase na perfección, na harmonía do conxunto, na soltura do manexo dos recursos da lingua, na novidade da súa técnica.

3.3.4.1.1. Odas

3.4. A temática de Horacio

3.4.1. Os grandes temas da lírica horaciana

3.4.1.1. amor

3.4.1.1.1. 1/4 Odas

3.4.1.2. amizade

3.4.1.3. os himnos

3.4.1.4. os banquetes

3.4.1.5. a natureza

3.4.1.6. as reflexións filosóficas

3.4.1.6.1. o tempo

3.4.1.6.2. a morte,

3.4.1.6.3. home

3.4.1.6.4. a sabedoría

3.4.1.7. vitais

3.4.1.8. políticas

3.4.1.9. Odas

3.4.1.9.1. A Oda 1.5

3.4.1.9.2. Oda 3.28

3.4.1.9.3. Aínda que Horacio algunha que outra vez perde o seu proverbial equilibrio deixándose levar polo panexírico fácil

3.4.1.9.4. Na oda III

3.4.1.9.5. Pese á complexidade temática

3.4.1.9.6. A singularidade deste grupo de poemas, desde a perspectiva dos xéneros literarios

3.4.1.9.7. poesía

3.4.1.10. É admirable que consiga sintetizar el só a Alceo, Safo, Alcman, Teognis, Tirteo, Calino, Anacreonte e Píndaro, sin esquecer ao gran Calímaco

3.4.1.10.1. toda a lírica grega en molde latino.

3.5. Obra lírica de Horacio

3.5.1. Carmina

3.5.1.1. marcan o cumio da poesía lírica latina

3.5.1.1.1. Son 104 composicións reunidas en catro libros

3.5.1.2. O poeta sabe da súa fama futura e quere que os seus poemas sirvan de canon, nas súas composicións predomina o formal sobre o subxectivo, a diferencia de Catulo.

3.5.1.2.1. insértanse nos poemas de Horacio pero en forma de situacións ou reflexións tópicas, non como elementos vivenciais do poeta.

3.5.2. Os Épodos (dezasete pezas)

3.5.2.1. inspirados na lírica grega.

3.5.2.2. É coñecido de xeito especial o que comeza por «Beatus ille» que Frei Luís de León traduciu primeiro e imitou despois na súa Oda á vida retirada.

3.5.2.2.1. Aínda que normalmente esta obra vai incluída no xénero literario da Sátira, nalgúns deles hai composicións impregnadas do espírito lírico das Odas.

4. Tópicos literarios

4.1. Os topica ou lugares comúns son un asunto moi antigo na literatura.

4.1.1. Xa os usaron os gregos e denomináronos tópicos, facendo referencia á palabra grega topos (τόπος), que significa lugar.

4.1.1.1. . Trátase de desenvolver asuntos repetidos, que poderían dar lugar a desenvolvementos posteriores, pero xa coñecidos polo público.

4.2. O autor latino que proporcionou máis expresións latinas ao patrimonio cultural de Europa foi Cicerón.

4.2.1. Con todo, Horacio deixounos unhas expresións concisas, contundentes, expresivas, que han ter moito éxito na filosofía e na literatura universal, e ata na fala popular.

4.2.1.1. Non todas elas son de propia colleita, xa que moitas, como apuntamos anteriormente, procedían da tradición literaria e filosófica grega.

4.2.1.1.1. famosas a partir de Horacio.

4.3. Exemplos (total 57 )

4.3.1. Carpe diem

4.3.1.1. "Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe"

4.3.2. Dulce et decorum est pro patria mori

4.3.2.1. É doce e honroso morrer pola patria

4.3.3. Exegi monumentum aere perennius

4.3.3.1. Levantei un monumento máis duradeiro que o bronce

4.3.3.1.1. Horacio se vanagloria do seu traballo de poeta recoñecido, e di que será recordado por el durante moitos séculos

4.3.4. Graecia capta ferum victorem (captorem) cepit et artes intulit agresti Latio

4.3.4.1. Grecia capturada, capturou ó seu feroz capturador

4.3.5. In medias res

4.3.5.1. «no medio das cousas»

4.3.5.1.1. designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial.

4.3.6. Non omnis moriar

4.3.6.1. Non morrerei de todo

4.3.7. https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/paulatimgallaecia/literatura-latina/a-lirica/topicos-literarios

5. xénero literario

5.1. todas as composicións poéticas

5.1.1. temas e formas métricas moi variadas

5.1.2. expresan emocións e sentimentos e teñen un enfoque persoal e subxectivo

5.1.3. palabra grega lyros

5.1.3.1. un instrumento musical de corda co que se acompañaban os poetas.

5.1.3.2. o xénero xurdiu ó abeiro de danzas e melodías e, a medida que se foi desprendendo destas, volveuse máis complexo e intenso

5.1.3.2.1. baleiro musical compensábase coa perfección no uso das palabras. Pódense percibir nos nomes das composicións poéticas as reminiscencias musicais do inicio: balada, de bailare (“bailar” ); soneto, de sonitus (“son”, “nota musical”); oda, de odé (“canción”); salmo, de psalmus (“música de arpa”)

5.1.4. Subxéneros líricos

5.1.4.1. Égloga

5.1.4.1.1. creada e perfeccionada na Grecia Antiga a partir do século IV a. C.

5.1.4.1.2. Nunha paisaxe idílica, rodeados dunha natureza idealizada (locus amoenus)

5.1.4.1.3. proven do latín eclŏga, e este do grego ἐκλογή, que significa 'extracto, selección, peza escollida'.

5.1.4.1.4. A meirande parte das églogas clásicas desenvólvense según algunha destas dúas estructuras:

5.1.4.1.5. Algunhas foron representadas no teatro

5.1.4.1.6. Na literatura castelá

5.1.4.2. Elexía

5.1.4.2.1. O criterio formal, non temático

5.1.4.2.2. os máximos representantes

5.1.4.3. Epigrama

5.1.4.3.1. composición poética breve que expresa un único pensamento principal festivo ou satírico de forma inxeniosa

5.1.4.3.2. significa “inscrición en verso”

5.1.4.3.3. Grecia clásica (499 a. C.- 336 a. C.) e, como o seu nome indica, era unha inscripción que se poñía sobre un obxecto, que podía ser un exvoto (ofenda a un deus), un agasallo (xenion), unha estatua ou unha tumba (epitafios)

5.1.4.3.4. En Roma

5.1.4.3.5. Catulo no século I a.C.

5.1.4.3.6. o mestre indiscutible

5.1.4.4. Oda

5.1.4.4.1. composición poética de ton elevado ou cantado, que recolle unha reflexión do poeta

5.1.4.4.2. Antiga Grecia

5.1.4.4.3. En Roma

5.1.4.4.4. gran influencia na lírica castelá, estre os que destacan autores como Garcilaso de la Vega ou Frei Luis de León.

6. Primeiras manifestacións

6.1. Precedentes

6.1.1. Himno dos Salios,

6.1.1.1. os sacerdotes saltadores de Marte

6.1.1.1.1. Carmen Saliorum

6.1.2. Himno dos irmáns Arvales

6.1.2.1. sacerdotes da divindade agrícola Dea Día

6.1.2.1.1. Carmen fratrum Arvalium

6.2. Quinto Lutacio Catulo

6.2.1. Os anteriores eran testemuños da lírica coral arcaica, a poesía lírica de estilo helenístico introduciuse en Roma no século II a.C.

6.2.1.1. os primeiros poetas líricos pertencen xa ó circulo de Quinto Lutacio Cátulo (150-87 a.C.), aínda que non conservamos a penas nada dele

6.2.2. Na Grecia do século IV a.C.

6.2.2.1. os cidadáns empezaron a sentir escaso compromiso co Estado, centraron todas as súas forzas na vida privada.

6.2.2.1.1. Renuncian a todo o que sexa grandeza e cantan ás pequenas cousas; en vez dos solemnes e longos poemas épicos, agora é o turno das composicións breves e delicadas.

6.2.2.2. Roma empeza a facer literatura, a poesía grega era xa un divertimento de élites, afastada da súa función social.

7. A lírica no s. I a.C.

7.1. O status social dos poetas

7.1.1. Os poetas e os homes de letras

7.1.1.1. clases altas e económicamente sólidas

7.1.1.1.1. o que lles permite autonomía, libertade de expresión, e desentendemento das preocupacións colectivas.

7.1.1.2. É un campo abonado para que o obxecto da obra poética sexan os valores persoais do poeta, os seus sentimentos, as súas ideas, as súas preocupacións e a súa vida

7.1.1.2.1. o individualismo na literatura

7.2. A función da poesía, o poeta e o seu público

7.2.1. Nova concepción das funcións da poesía e da relación poeta-público

7.2.1.1. as funcións tradicionáis consistían en entreter, educar e cantar as glorias da patria

7.2.1.2. Agora xa non se escribe pensando nun público habituado aos valores que lle impoñía a tradición, alleos aos intereses do propio poeta.

7.2.2. Desinterés e afastamento do poeta do colectivo de cidadáns

7.2.3. existe un público culto e esixente, froito dunha educación máis cabal que favorece o desenvolvemento da lírica nos últimos tempos da República.

7.2.4. No cambio de actitude cara ós poetas e a poesía é crucial o movemento neotérico da República tardía

7.2.4.1. estes vangardistas pensan que lle senta ben a un romano da clase alta ser simplemente poeta

7.3. Os neotéricos

7.3.1. "os novos" en grego νεωτερικοί, en latín eran coñecidos como os Poetae novi

7.3.1.1. é o termo grego co que se coñece a esta nova corrente da poesía latina.

7.3.1.1.1. Un termo, non exento de sarcasmo, que foi acuñado polo propio Cicerón para referirse a eles.

7.3.1.2. Conservamos deles só os escritos de Catulo (84-54 a.C.),

7.3.1.2.1. formaron parte do grupo

7.3.2. son poetas da primeira metade do século I. a.C., de condición social elevada que non necesitan da literatura para subsistir, que se moven na esfera otium e da literatura como divertimento

7.3.2.1. As súas composicións son breves, cunha gran beleza formal e de gran perfeción técnica.

7.3.3. Catulo é o gran descubridor do individuo e os seus valores, o que supón tamén, desde o punto de vista metaliterario da individualidade do poeta, o paso do poeta artesán-imitador ao poeta-artista, co seu selo persoal.

7.3.3.1. As condicións políticas e ideolóxicas de finais da República, cambiantes e contradictorias, reflíctense no individualismo e a poesía catuliana.

7.3.3.2. O desprezo da épica supón o desprezo dos valores proclamados pola política do momento, que se atopaban expresados na literatura oficial tradicional: o "vir gravis" da tradición ha dar paso ó "vir lepidus". A "urbanitas" e a "amicitia" son os novos valores