O NOME: XÉNERO E NÚMERO

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
O NOME: XÉNERO E NÚMERO by Mind Map: O NOME: XÉNERO E NÚMERO

1. Palabras de xénero feminino

1.1. Palabras rematadas en –axe: a friaxe, a linguaxe, a viaxe..., excepto “traxe, paxe, garaxe e personaxe” (este último pode presentar os dous xéneros).

1.2. Os substativos que designan árbores froiteiras (pero non todos). Unha regra de utilidade é a seguinte: o xénero da árbore froiteira é sempre o mesmo có da froita que dá, excepto “figueira – figo” e “castiñeiro – castaña”.

1.3. Palabras cultas de orixe grega que rematan en –se: análise, crise, eclipse, énfase, paréntese...

1.4. Substantivos como: árbore, arte, canle, calor, cor, color, dor, dolor, orde, orixe, pantasma, ponte, reuma, sentinela, suor...

2. Formación do plural

2.1. - As palabras rematadas en vogal: engaden –s. Exs.: lei, lei - café, cafés – israelí, israelís…

2.2. - As palabras rematadas en R, Z: engaden –es. Exs.: luz, luces – mar,mares…Os estranxeirismos adecúanse á regra xeral: somier,somieres – dólar,dolares...

2.3. - Das rematadas en –S ou [ks]:

2.3.1. a) As agudas en –S: endaden –es. Exs.: deus, deuses - compás,compases…

2.3.2. b) As agudas rematadas en grupo consonántico (incluído [ks]), e graves e esdrúxulas: son invariables. Exs.: luns, fax, choromicas, lapis, martes, bíceps, clímax...

2.4. As rematadas en N: engaden –s. Exs.: cans, dolmens, mitins...

2.5. - Das rematadas en L:

2.5.1. As monosílabas: engaden –es. Exs.: cal,cales – fol,foles…

2.5.2. As agudas de máis dunha sílaba: cambian a terminación por –is. Exs.: animal, animais - civil, civís…

2.5.3. As compostas en que o segundo elemento é un monosílabo en –s: engaden –es. Exs.: ollomol, ollomoles – mirasol,mirasoles... Ollo: caracois, aerosois non son compostas.

2.5.4. As graves engaden –es: áxiles, cónsules, textiles... Excepto os plurais dos nomes en –bel: amabel, amábeis....

2.6. Nomes rematados noutras consoantes (sobre todo estranxeirismos e cultismos): fan o plural en –s: clubs, pubs, fracs, sándwichs, anoraks, clips, tests...

3. Formación do feminino

3.1. Os nomes rematados e vogal tónica e en cosoante (distinta de N): engaden –a. Exs. Avó, avoa – rapaz, rapaza...

3.2. Os nomes rematados en vogal átona: cambian esa vogal por –a. Ex. Presidente, presidenta – sobriño, sobriña

3.3. Dos rematados en -N:

3.3.1. Os rematados en –án: Fan o feminino en –á (ancián, anciá). Os despectivos fano en –ana (folgazán, folgazana – mentirán, mentirana) OLLO: marrán, marrá – truán,truá – nugallán,nugallá – rufián,rufiá – vilán,vilá.

3.3.2. Os rematados en ín: fan o femenino en –ina (bailarín, bailarina), excepto ruín (é invariable).

3.3.3. Os rematados en –ún difiren no seu comportamento: cabrún, cervún, vacún: cabrúa, cervúa, vacúa. Común: invariable. Euscaldún: euscalduna

3.3.4. Os rematados en -ón: fan o feminino en -oa (anfitrión, anfitrioa), excepto despectivos e aumentativos, que o fan en -ona (cabezón, cabezona).

3.4. Casos especiais: Grou, grúa - xudeu, xudía – sandeu, sandía – heroe, heroína – galo, galiña....

4. Palabras de xénero masculino

4.1. Os nomes das letras: o be, o ce, o de...

4.2. Substantivos como: berce, cárcere, costume, couce, cume, cuspe, dote, fel, labor, legume, leite, lume, mel, nariz, riso, sorriso, sal, sinal, ubre, xiz...