Historiografía

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Historiografía by Mind Map: Historiografía

1. Época Clásica

1.1. Caius lulius Caesar

1.1.1. Naceu no seo da familia Iulia, considerada descendente do heroe troiano Iulus

1.1.2. Participou no primeiro triunvirato da Repúblicaromana, xuntamente con Craso e Pompeio, e rematou enfrontándose a este último,nunha guerra civil

1.1.3. Non pode ser considerado un historiador no sentido estricto do termo, xa que a súa obra non foi estructurada coa intención de divulgar a verdade dos feitos nos que se viu involucrado, senón que pretende xustificar os seus actos e defenderse ante as críticas e acusacións dos seus coetáneos

1.1.4. A obra historiográfica de César recóllese nun conxunto de notas, denominadas Comentarii

1.1.4.1. A partir dos informes técnicos elaborados polos seus soldados

1.2. Caius Sallustius Crispus (86- 35 a . C.)

1.2.1. En política, opúxose aos optimates, encabezados por Pompeyo Magno, e desde un principio apoiou ao rival deste, Xullo César, quen chegou a nomealo gobernador de Numidia

1.2.2. O seu estilo é arcaizante, pois imita a Catón o Vello e a Ennio; utiliza un ton enérxico, de frases breves, construídas a miúdo en forma de paralelismos e reforzadas pola concisión e a xuxtaposición. Nese estilo tan persoal expresou a súa idea central: que a virtus fixo grande a Roma e que a súa descomposición trouxo a debilidade e a inmoralidad ao Estado

1.3. Cornelius Nepos (C. Cornelio Nepote, 100-25 a. C.)

1.3.1. Introduciu en Roma a historiografía biográfica, subxénero desenvolvido máis tarde por Suetonio.

1.3.1.1. De viris illustribus

1.3.1.2. De excellentibus ducibus

1.3.1.3. Vida de Catón o Vello e unha Vida de Ático

2. Época post Clásica

2.1. C. Suetonius Tranquillus (C. Suetonio Tranquilo, 70-140 d. C.)

2.1.1. Introdución

2.1.1.1. estudos en Roma baixo a protección de Plinio o Mozo. Traballou como arquiveiro de Adriano onde puido coñecer desde dentro os segredos da historia imperial

2.1.2. Obra

2.1.2.1. Foi un erudito enciclopédico do que se conserva fragmentariamente a obraDe viris illustribus, e completa a súa De duodecim Caesarum vita(Vida dos doce Césares), un conxunto de doce biografías, desde César aDomiciano

2.2. P. Cornelius Tacitus (P. Cornelio Tácito, 55-120 d. C.)

2.2.1. Introdución

2.2.1.1. Foi discípulo de Quintiliano e amigo de Plinio o Mozo

2.2.1.2. A súa carreira de funcionario imperial permitiulle ser testemuña de excepción da fin da dinastía Claudia, do período de transición e da chegada ó poder da dinastía dos Antoninos

2.2.2. Obra

2.2.2.1. De vita et moribus Iulii Agricolae

2.2.2.2. Germania

2.2.2.3. Historiae

2.2.2.4. Annales

2.2.3. Características

2.2.3.1. É un pensador máis profundo que Salustio; oponse ao Imperio, pero o presenta como inevitable

2.3. Tito Livio

2.3.1. A súa vida (59 a. C.-17 d. C.)

2.3.1.1. Nace en Padua (antiga Pataviam) no ano 59 a. C. e morre tamén en Padua, no ano 19 d. C. Marchou a Roma cara ao ano 30 a.C., pero non para emprender unha carreira política, como Salustio, senón para dedicarse de cheo a escribir a inmensa historia de Roma que concibira

2.3.1.2. Malia que nunca ocultou as súas conviccións políticas republicanas, foi amigo de Augusto, a quen encomia por restaurar os templos e traer a paz. Tamén foi amigo do mozo Claudio

2.3.2. A súa obra

2.3.2.1. Composición

2.3.2.1.1. Pretendía narrar a historia interior e exterior de Roma, dende a súa fundación (Ab Urbe Condita) ata a morte de Augusto. Comprendía un total de 150 libros, que ía publicando de dez en dez, de onde vén o seu nome de Décadas

2.3.2.1.2. Dos libros non conservados temos noticia nas Periochae, resumos esquemáticos de cada un dos cento corenta e dous libros, que parecen remontarse ao século IV

2.3.2.1.3. Destes 142 libros perdéronse 107. O azar e non a selección fixo chegar ata nós a parte referente ás orixes de Roma e a súa primeira época ata a terceira Guerra Samnita, ano 293 a. C., a segunda Guerra Púnica e a historia de Roma ata a conquista de Macedonia por L. Emilio Paulo, trala batalla de Pidna (ano 167 a. C.). Salvo lixeiras lagoas, os 35 libros que nos quedan están completos

2.3.2.2. Método e Fontes

2.3.2.2.1. As fontes de Tito Livio son, esencialmente, as obras das súas predecesores, os analistas e historiadores gregos, sobre todo Polibio, pero non somete a crítica os datos e fontes consultados, polo que a súa fiabilidade é a miúdo escasa

2.3.2.3. Lenda e razón

2.3.2.3.1. Livio usa os documentos, as lendas, as obras das súas predecesores, pero todos estes elementos pasan polo alambique da idea central que preside a súa Historia: Roma ha xustificar coas súas virtudes seculares a gloria do seu destino presente e futuro. A súa obra non é Historia, tal como se concibe actualmente, pero nos aporta o cadro do que os patriotas da época de Augusto querían que fose o seu pasado e do ideal que soñaban para o seu futuro

2.3.2.4. As súas fins

2.3.2.4.1. Exaltación de Roma por encima de todo

2.3.2.4.2. Os seus motivos íntimos e as virtudes que quere que a súa obra infunda nos seus concidadáns son o amor á patria, o respecto ao mos maiorum, a concordia civil e a relixiosidade profunda, todo o cal coincide punto por punto co programa restaurador de Augusto, que Livio comparte con entusiasmo.

2.3.2.5. O seu estilo

2.3.2.5.1. O que está fóra de dúbida é a súa altísima categoría como escritor, é o que mellor encarna a concepción ciceroniana da historia como opus oratorium maxime, é dicir, como xénero literario suxeito aos preceptos e recursos da retórica na composición e no desenvolvemento temático.

2.3.2.5.2. En Livio aprezamos a Actea ubertas ou abundancia transparente, con períodos longos, amplos e cadenciosos, afíns á prosa ciceroniana.

2.3.2.5.3. E distingue tamén o seu estilo, como trazo persoal e destacado, a cor poética que tingue a súa prosa. Chamáronlle o poeta da historia

3. Época Arcaica

3.1. Os comezos: os primeiros analistas (III-II a.C.)

3.1.1. Roma contou con numerosos historiadores. Os primeiros desta longa serie reciben o nome de Analistas, debido a que as súas obras foron tituladas Annales por rexistrar, á maneira dos Annales Pontificum, os feitos ano por ano

3.1.2. Os primeiros analistas, como Fabio Pictor, e L. Cincio Alimento, primeira metade do século II a.C,escriben aínda en grego

3.2. Catón (M. P. Cato, 234- 149 a . C.)

3.2.1. Origenes(Orixes): obra composta de sete libros dos que so se conservan fragmentos. Recolle a historia de Roma desde a súa fundación

3.3. Analistas posteriores a Catón (II-I a.C.)

3.3.1. Casio Hemina, Mucio Escévola, Valerio Antias e Claudio Cuadrigario, dacabalo entre os século II. e I a.C. escriben xa en latín

3.3.2. Os autores gregos, que floreceron algúns séculos antes que os romanos, sentiron vivo interese por Italia, cuxas relacións con Grecia foron paulatinamente en aumento. Con todo, as obras desta prolífica historiografía grega desapareceron case por completo e da historiografía etrusca non queda reliquia algunha. Os Analistas romanos puideron basearse en ambas

3.3.3. En canto aos documentos, podían ser públicos ou privados.

3.3.3.1. Os públicos, á súa vez, eran relixiosos ou políticos

3.3.3.1.1. Os textos legais máis famosos eran os da Lei das XII Táboas. Os diversos maxistrados gardaban tamén documentos de interese xeral: recompilación de fórmulas e decisións, táboas do censo, listas de empadroamento e catastro, etc. Os Libri Lintei, escritos sobre bandas de tea de lino, contiñan as listas dos maxitrados, especialmente dos cónsules

3.3.3.2. documentos privados

3.3.3.2.1. As familias nobres tiñan os seus arquivos particulares e, ademais, as xenealoxías e os eloxios gravados ou pintados baixo as imaxes dos seus antepasados, coa relación das súas proezas e dos cargos ostentados

4. Precedentes: os primeiros documentos

4.1. Documentos públicos

4.1.1. Foedera regum

4.1.1.1. documentos metade xurídicos metade relixiosos, xa que se asinaban co ofrecemento dun sacrificio aos deuses e cunha serie de ritos especiais e fórmulas consagradas.Tito Livio (I, 24, 3)

4.1.2. Actas dos maxistrados

4.2. Documentos privados

4.2.1. Laudationes funebres

4.2.1.1. discursos en loubanza do defunto

4.2.2. Tituli imaginum

4.2.2.1. inscricións gravadas debaixo dos retratos ou máscaras do defunto

5. Introdución

5.1. Naceu en Roma como imitación dos historiógrafos gregos. Trátase dun xénero literario no que se pretende facer compatible a narración de sucesos históricos coa fermosura da linguaxe.

5.2. Para os gregos o término historia non significaba só "relato de acontecementos ordenados cun criterio cronolóxico", senón que designaba xenericamente o coñecemento adquirido por descubrimento ou investigación

5.3. Heródoto (484-420 a.C.) e Tucídides (465-395 a.C.) foron os primeiros historiadores en sentido pleno da Antigüidade, e sería tamén un grego, Polibio (levado a Roma como refén no 168 a.C.), quen introduciría a literatura historiográfica de cuño grego en Roma.

5.3.1. A historiografía grega conleva unha visión do mundo racionalista

6. Época decadente

6.1. Floro: (século II d.C.)

6.1.1. Escribiu dou libros nos que se condensa a producción de Tito Livio.

6.2. Eutropio: (século IV d.C.)

6.2.1. Desempeñou distintos cargos na administración imperial, escalando nocursus honorum baixoimperial dende secretario (epistularis) ata consul, xa que no ano 387 compartiu o consulado co emperador Valentiniano II.

6.2.2. A súa obra

6.2.2.1. Poderíamos encadrar a obra de Eutropio dentro do xénero historiográfico doepítome ou breviarium. É polo tanto un “compilador” ou “autor de resumes”

6.2.2.1.1. Breviarium

6.2.3. As fontes

6.2.3.1. Eutropio utiliza a obra de Livio para a etapa da época arcaica e republicana, ben de xeito directo ou a través dalgún epítome

6.2.4. Lingua e estilo

6.2.4.1. O latín de Eutropio e un latín claro e sinxelo, buscado a propósito para os lectores que preferían ler un resume antes ca obra do propio Livio

6.2.4.2. O seu léxico é sinxelo, aínda que ás veces presenta tecnicismos propios do seu labor no scrinium (secretaría de Estado na administración imperial), e difire pouco do latín clásico, tan só nalgúns termos ou no uso do sufixo de axente –tor, -sor, propios do latín tardío

6.2.4.3. A súa preocupación principal é a brevitas, que busca con elipses, asíndeton ou construccións de participios

6.2.5. Influenza

6.2.5.1. Tivo unha difusión tan grande que chegou a ser case o único medio na Idade Media para coñecer a historia de Roma, período no que chegou a ser considerada como libro de texto

6.3. Amiano Marcelino (s. IV d.C.)

6.3.1. Este grego, nado en Antioquía entre o 330 e o 335, que se definía a si mesmo coma "un soldado e un grego", escribiu en latín a súa obra, Rerum Gestarum Libri XXXI, unha continuación da obra de Tácito

6.3.2. Aínda que Amiano falaba e escribía normalmente o grego, usou a lingua latina para darlle maior difusión á súa obra, o que lle reportou gran fama en todo o Imperio, especialmente na propia Roma e na súa cidade natal, Antioquía

6.4. Historia Augusta (finais do s. IV d.C.)

6.4.1. Colección de biografías dos emperadores e personalidades do seu contorno, dende Adriano (117) ata Numeriano (284). Crese que foi composta por seis autores diferentes durante os reinados dos emperadores Diocleciano e Constantino.