1. Épocas, autores e obras representativas
1.1. Época arcaica (III – II a.C)
1.1.1. Livio Andrónico
1.1.1.1. Escribiu Odisea
1.1.1.1.1. Está considerado o primeiro poema épico romano
1.1.2. Gneo Nevio
1.1.2.1. A súa obra é Bellum poenicum
1.1.2.1.1. Reflicte un feito histórico contemporáneo do autor: a primeira guerra púnica
1.1.3. Ennio
1.1.3.1. Escribiu Annales
1.1.3.1.1. Narra a historia de Roma desde as súas orixes
1.2. Época clásica (I a.C. – I d.C.)
1.2.1. Virxilio
1.2.1.1. Escribe a Eneida
1.2.1.1.1. Poema épico-heroico que narra o periplo do heroe troiano Eneas
1.2.2. Ovidio
1.2.2.1. Escribiu Metamorfose
1.2.2.1.1. Relata os cambios de forma que sufriron diversos personaxes
1.2.3. Lucano
1.2.3.1. Escribiu A Farsalia
1.2.3.1.1. Narra os acontecementos da guerra civil entre os xenerais Xulio César e Pompeio
1.3. Época posclásica (s. I. d.C.)
1.3.1. Silio Itálico (Púnica)
1.3.2. Valerio Flaco (Argonáuticas)
1.3.3. Papinio Estacio (Tebaida e Aquileida)
2. Antecedentes
2.1. O obxecto específico da poesía épica é cantar as fazañas dos reis e dos caudillos e as guerras funestas
2.1.1. Elogia
2.1.1.1. Son inscricións funerarias en verso, en eloxio dun defunto
2.1.2. Carmina convivalia
2.1.2.1. Son os máis claros precedentes da poesía épica
2.1.2.2. Era costume nos primeiros séculos de Roma cantar, ao final dos banquetes, con acompañamento de frauta ou sen el
2.1.3. Carmina triumphalia
2.1.3.1. Eran cantados polos soldados que acompañaban ao xeneral vencedor na procesión triunfal desde as aforas de Roma ata o Capitolio
2.1.4. Neniae
2.1.4.1. As praeficae ou plañideiras, recitaban unha fúnebre melopea co eloxio do defunto, das súas virtudes e dos seus feitos heroicos
3. Características xerais
3.1. Orixe
3.1.1. Comezou sendo oral e cantada, feito que non se produce no caso da épica latina
3.2. Forma
3.2.1. Escrita en verso e emprega unha versificación maxestosa e lenta
3.2.2. Sérvense coa axuda do hexámetro
3.3. Tema
3.3.1. A épica canta as victorias e as fazañas dos seres heroicos máis recoñecidos por unha comunidade
3.4. Figuras heroicas
3.4.1. Encarnan os valores morais e as actitudes sociais máis prezados pola cultura que os creou
3.5. Figuras retóricas
3.5.1. Utilizábanse unhas fórmulas que lle permitían ó rapsoda unha mellor memorización do texto
3.5.2. Adoitan ser versos enteiros ou partes de verso que se repiten sobre un mesmo esquema métrico
3.5.3. Tamén son frecuentes os símiles ou as comparacións