TERRITORIOS HÍBRIDOS. SUPERANDO BINARISMOS.

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
TERRITORIOS HÍBRIDOS. SUPERANDO BINARISMOS. by Mind Map: TERRITORIOS HÍBRIDOS. SUPERANDO BINARISMOS.

1. As comunidades subalternizadas foron esquecidas do propio sistema. Moitas veces era unha forma de resistencia.

2. Deconstruír o imaxinario sobre o coñecemento válido. Acoller unha xenealoxía de saberes

2.1. Qué podemos facer? A arte ten a capacidade de performativizar a investigación

2.1.1. Abrir outras formas de facer, outras formas de achegarse a realidade.

2.1.1.1. Rachar coas fronteiras epistémicas e de coñecemento. Ter consciencia da diversidade abre un camiño inesperado que é o que pode ser unha potencia

3. Cando o colectivo trans recibe acusacións mesmo dende ámbitos académicos de ser unha creación do presente, dun presente dexenerado por un neoliberalismo absoluto do que ninguén é capaz de escapar

4. Fronte a estas xerarquías, que opcións temos de desmontar o tinglado? Os camiños proposto polos ecofeminismos

4.1. Fai considerar o desexo, o interese, a preocupación ou o amor como cuestións que pertencen ao ámbito do persoal e o particular. E por suposto con contrarias á universalidade e á imparcialidade da razón. As emocións asócianse ao feminino e considéranse pouco fiables, inadecuadas e moralmente irrelevantes e polo tanto pertencen a un dominio inferior fronte ao dominio superior que é a razón desinteresada masculina.

4.2. A dicotomía razón-emoción

5. A defensa da terra. Fronte á relación equilibrada e de coidados coa terra que teñen moitas poboacións autóctonas, os embistes das grandes transnacionais extractivistas, que entenden que o seu propósito racional fundado no beneficio económico.

5.1. Dualismo campo-cidade

5.1.1. Ata hoxe sempre identificamos o rural a atraso, a conservadurismo e a vixilancia, un espazo no que non teñen cabida as prácticas emancipadoras propias da liberdade das cidades.

5.1.1.1. O valor da cooperación, do común e da veciñanza que posiblemente fosen capaces de impoñerse aos modelos hexemónicos da sociedade e albergar historias positivas, de tolerancia ou de integración.

5.1.1.1.1. Imposible indagar niso se partimos do preconceito do atraso, que nos leva a dar por sentado que a ruptura da norma nunca puido ser no rural.

6. - A consideración de inferior para todas as persoas que non fosen homes brancos occidentais - A domesticación explotación da natureza - A explotación do salvaxe - O encerro da muller no ámbito da reprodución e do ‘animal’ - Prestixio da actividade intelectual sobre calquera outra - A desincrustación

6.1. O problema é que a posesión da razón se lle nega ás mulleres e a todas as entidades non humanas, polo tanto no cumio da xerarquía debe de estar quen posúe a razón, isto é, o home.

6.1.1. Conceptuar o ser humano, ou mellor dito o home, como ser esencialmente racional e independente do emocional, do animal e do corporal acarreou moitos problemas nos últimos séculos que chegan ata hoxe e nos afectan gravemente.

7. ti tamén podes engadir cuestións ou dúbidas neste mapa conceptual

8. A Ilustración é o momento clave, porque é daquela cando se sentan as bases do pensamento occidental moderno.

8.1. Entendemos o mundo e relacionámonos con el en base a unha serie de dualismos racionalistas, absolutamente polarizados e excluíntes

8.1.1. Estes dualismos crean unha xerarquía, non son inocuos. E nesa xerarquía, un dos pares considérase superior e polo tanto, outórgaselle a capacidade de dominar sobre o outro.

8.1.1.1. O método histórico incorpora eses dualismos como marco no que procurar a obxectividade e a verdade histórica, conformando, polo tanto, unha verdade limitada na que non teñen cabida aqueles feitos que cuestionan os binarismos no que se basea.

8.1.1.1.1. Isto vese moi ben co dualismo home-muller, que nos impediu pensar no trans ou no lgtbi como un fenómeno histórico.

8.1.1.1.2. Por exemplo, o travestismo, adoita conceptualizarse como unha práctica enmarcada unicamente cara a un fin material. Neste sentido, unha muller vestida de home adoita ser interpretada como unha muller que tenta acadar algo.

9. Que falamos cando falamos de normalidade?

9.1. Esta normalidade implica un espazo de opresión. Os corpos teñen que ser de determinada maneira, a sexualidade dunha determinada maneira...

9.1.1. Prestar atención da teoría decolonial, deconstruír a ciencia universalista. Necesidade de explicitar o lugar dende o que falamos

9.1.1.1. Situar como o proceso de esquema mental no que vivimos vén condicionado por homes blancos europeos