As conxuncións
by Mar HP

1. Copulativas
1.1. E
1.1.1. Estudei e fixen os deberes.
1.2. E mais
1.2.1. Foron Xoel, Simón e mais Izan.
1.3. Nin
1.3.1. Non está nin frío nin quente.
2. Disxuntivas ou distributivas
2.1. Ben...ben
2.1.1. É necesario estudar, ben os temas, ben os exercicios.
2.2. Nin...nin
2.2.1. Nin branco nin negro, é azul.
2.3. Ora...ora
2.3.1. Ora xogas, ora les, ora corres.
2.4. Ou
2.4.1. Vas en bicicleta ou vas a pé.
2.5. Ou...ou
2.5.1. Ou vés en chándal ou non podes ir a educación física.
2.6. Xa...xa
2.6.1. Xa chove, xa neva.
3. Adversativas
3.1. A menos que
3.1.1. Quedamos outra hora, a menos que queiras pagar ti
3.2. Agás que
3.2.1. Agás que propoñas outra cousa, hoxe imos á praia.
3.3. Non obstante
3.3.1. Pensamos o mesmo, non obstante, actuamos de maneira diferente.
3.4. Pero
3.4.1. Fun á túa casa pero non estabas.
3.5. Porén
3.5.1. Tiña que facer os deberes porén deixárono quedar coas amigas.
3.6. Con todo
3.6.1. Non estudara o tema e, con todo, aprobou.