GALINUX
by emilio prieto
1. Que é o Galinux?
1.1. Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.
2. Copialo e legal?
2.1. Galinux é software libre, así que vostede é libre de copialo e reinstalalo cantas veces queira en tantos computadores como desexe de forma completamente legal e gratuíta. Tamén pode modificalo para adaptalo ás súas propias necesidades e mesmo redistribuílo no seu contorno.
3. Quen o promove?
3.1. Galinux é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galicia) enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.