1. Primeiras manifestacións
1.1. Carmen fratrum Arvalium
1.1.1. É unha sucesión de termos cuxo sentido se nos escapa, e non pode ser entendido senón por medio de conxecturas.
1.1.2. O alfabeto en que foi escrito era o modelo antigo que nin se usaba nin se coñecía no momento da inscrición, e daba lugar a erros e confusións.
1.1.2.1. Polo que podemos pensar que que os mesmos que o cantaban ignoraban o seu significado.
1.1.3. O texto está corrompido, desfigurado e alterado por faltas de todo tipo que fan imposible a súa interpretación.
1.2. Carmen Saliorum
1.2.1. Foinos conservado, e non completo, por Varrón (De Lingua Latina, 7, 26)
1.2.2. Os "Fratres Salii" cantaban este himno en procesión mentres danzaban.
1.2.3. O seu sentido era inintelixible para os romanos da época clásica, aínda que algúns termos pódense recoñecer.
1.3. Quinto Lutacio Catulo
1.3.1. A poesía lírica de estilo helenístico introduciuse en Roma no século II a.C., os primeiros poetas líricos pertencen xa ó circulo de Quinto Lutacio Cátulo (150-87 a.C.), aínda que non conservamos a penas nada deles.
1.3.2. Na Grecia do século IV a.C. os cidadáns empezaron a sentir escaso compromiso co Estado, centraron todas as súas forzas na vida privada.
1.3.2.1. Renuncian a todo o que sexa grandeza e cantan ás pequenas cousas
1.3.2.2. En vez dos solemnes e longos poemas épicos, agora é o turno das composicións breves e delicadas.
1.3.2.3. Esta estética alexandrina é a que vai influír no grupo de Lutacio Cátulo.
1.3.2.4. Cando en Roma se empeza a facer literatura, a poesía grega era xa un divertimento de élites, afastada da súa función social.
2. A lírica no século I a. C
2.1. No século I a.C. en Roma prodúcense unha serie de importantes acontecementos e cambios:
2.1.1. O status social dos poetas
2.1.1.1. Os poetas e os homes de letras pertencen a clases altas e económicamente sólidas, o que lles permite
2.1.1.1.1. autonomía
2.1.1.1.2. libertade de expresión
2.1.1.1.3. desentendemento das preocupacións colectivas
2.1.1.2. É un campo abonado para que o obxecto da obra poética sexan
2.1.1.2.1. os valores persoais do poeta
2.1.1.2.2. os seus sentimentos
2.1.1.2.3. as súas ideas
2.1.1.2.4. as súas preocupacións
2.1.1.2.5. a súa vida
2.1.1.3. Emerxe, pois, o individualismo na literatura.
2.1.2. A función da poesía, o poeta e o seu público
2.1.2.1. Nova concepción das funcións da poesía e da relación poeta-público
2.1.2.1.1. as funcións tradicionáis consistían en entreter, educar e cantar as glorias da patria.
2.1.2.1.2. Agora xa non se escribe pensando nun público habituado aos valores que lle impoñía a tradición, alleos aos intereses do propio poeta.
2.1.2.2. Desinterés e afastamento do poeta do colectivo de cidadáns.
2.1.2.3. O público é culto e esixente, froito dunha educación máis cabal
2.1.2.3.1. Favorece o desenvolvemento da lírica nos últimos tempos da República.
2.1.2.4. No cambio de actitude cara ós poetas e a poesía é crucial o movemento neotérico da República tardía
2.1.3. Os neotéricos
2.1.3.1. "os novos" en grego νεωτερικοί, en latín eran coñecidos como os Poetae novi
2.1.3.2. Termo grego co que se coñece a esta nova corrente da poesía latina
2.1.3.2.1. Foi acuñado polo propio Cicerón para referirse a eles.
2.1.3.3. Os neotéricos son poetas da primeira metade do século I. a.C.
2.1.3.3.1. De condición social elevada que non necesitan da literatura para subsistir
2.1.3.3.2. Móvense na esfera otium e da literatura como divertimento
2.1.3.4. As súas composicións son
2.1.3.4.1. Breves
2.1.3.4.2. Cunha gran beleza formal
2.1.3.4.3. De gran perfeción técnica
2.1.3.5. Catulo
2.1.3.5.1. É o gran descubridor do individuo e os seus valores, o que supón
2.1.3.6. As condicións políticas e ideolóxicas de finais da República, cambiantes e contradictorias, reflíctense no individualismo e a poesía catuliana.
2.1.3.7. O desprezo da épica supón o desprezo dos valores proclamados pola política do momento
2.1.3.7.1. Que se atopaban expresados na literatura oficial tradicional
2.1.3.7.2. A "urbanitas" e a "amicitia" son os novos valores
3. Poesía e sociedade augústeas
3.1. O espazo histórico
3.1.1. Un momento históricamente delicado no que o sistema republicano da paso ó Imperio.
3.1.2. A literatura acada a súa época dourada e os poetas teñen claro que o seu papel é conseguir a inmortalidade
3.1.3. Este espaxo hitórico pódese dividir en tres momentos
3.1.3.1. O período triunviral
3.1.3.1.1. Que comeza o 43 a.C., cando o Imperio Romano queda en mans de Octavio, Antonio e Lépido, empeñados en poñer orde no caos
3.1.3.2. O primeiro período augústeo o 27 a.C
3.1.3.2.1. Despois da derrota de Antonio en Accio no ano 31 a.C., cando o papel imperial de Octavio está discreta pero efectivamente definido e cando el mesmo asume o título de Augusto
3.1.3.3. Finalmente un terceiro cambio que se comeza a percibir en torno ó ano 20 a.C.
3.1.3.3.1. Cando Octavio Augusto exerce o poder monárquico sen miramentos, o que vai ter unha influencia determinante na literatura
3.2. Os poetas e a sociedade
3.2.1. A poesía non é só unha preocupación digna e única para os cidadáns romanos de clase respetable
3.2.2. Os poetas renuncian ó esteticismo e comprométesen coa sociedade ou vense na obriga de defender a súa falta de compromiso.
3.2.3. Volve a estar en xogo a visión grega clásica da poesía: traballo de xente con talento, que serve ós cidadáns como educación moral.
3.3. Os poetas e os patróns
3.3.1. Neste momento os poetas pertencen a clases altas e non dependen de ningún padroeiro
3.3.2. O padroado sobrevive grazas a que os poetas obtiñan
3.3.2.1. A axuda moral dun gran home
3.3.2.2. O prestixio de ser asociado a un gran grupo de poetas prestixiosos
3.3.2.3. A publicidade
3.3.2.4. A oportunidade de participar nas recitationes privadas, públicas e semipúblicas
3.3.3. No primeiro período augústeo Mecenas (70-8 a. C.) é o patrón que mediaba entre poetas e princeps.
3.3.3.1. Empezou a axudar a Augusto xa no ano 44 a. C. poñendo en pé o exército co que fixo valer os seus dereitos como vengador de Xulio César.
3.3.3.2. Mecenas quedou ligado á historia da literatura polo seu apoio e protección brindados a novos poetas, como Horacio, ao que descubriu, e como Virxilio.
3.3.4. No segundo perído augústeo decae a influencia de Mecenas e os poetas pasan a depender directamente do emperador.
4. Catulo
4.1. Catulo na lírica
4.1.1. Foi o principal representante desta escola de xoves poetas
4.1.1.1. Imitaban ós poetas gregos alexandrinos
4.1.1.2. Adoptou deles a elexía e o epigrama
4.1.2. Cicerón burlouse deles, chamándolles poetae novi
4.1.3. Catulo amósanos como os neotéricos levan a cabo a fusión entre as dúas poesías gregas
4.1.3.1. Imita a lírica de Safo, Anacreonte
4.1.3.2. Imita a lírica dos alexandrinos Calímaco e Filodemo
4.2. Biografía
4.2.1. Vida
4.2.1.1. Gayo Valerio Catulo naceu en Verona no ano 87 a. C.
4.2.1.1.1. No seo dunha familia economicamente próspera
4.2.1.2. Tocoulle vivir nun período axitado para Roma
4.2.1.2.1. A época que vai da dictadura de Sila ó inicio da campaña de César en Britania.
4.2.1.3. Instalouse en Roma e adicouse á poesía
4.2.1.4. Ilustra nos seus carmina as etapas do seu sentimento amoroso cara a Lesbia (Clodia)
4.2.1.5. Morreu no ano 54 a. C.
4.2.2. Obra
4.2.2.1. Consérvanse de Catulo 116 poemas dunha enorme variedade en canto ós temas e á súa extensión.
4.2.2.2. Poderían clasificarse en tres grupos de acordo cos motivos que os inspiran:
4.2.2.2.1. Poemas mitolóxicos eruditos
4.2.2.2.2. Poemas satíricos e epigramas
4.2.2.2.3. Poemas líricos puros
4.3. Catulo é
4.3.1. Un poeta lírico, que destaca polo seu grado de intensidade e de autenticidade no uso da lingua latina.
4.3.2. É o precursor de Horacio e dos poetas elexíacos do século de Augusto
5. Horacio
5.1. Horacio (65-8 a.C)
5.1.1. Introdución
5.1.1.1. Naceu no sur de Italia nunha familia de libertos.
5.1.1.2. Tivo unha boa educación en Roma e Atenas.
5.1.1.3. Tomou parte na batalla de Filipos ao lado dos asasinos de César, Bruto e Casio.
5.1.1.4. Tras o seu regreso a Roma fíxose amigo de Virxilio, quen o introduciu no círculo de Mecenas, e a través deste puido coñecer a Augusto.
5.1.2. Horacio a través do período imperial
5.1.2.1. No período triunviral Horacio aínda mostra nos Épodos e Sátiras o libre arbitrio republicano e a escasa simpatía polos triunviros.
5.1.2.2. Nas súas mans os Épodos son unha fórmula de expresión da intimidade do poeta, impregnada de acerbitas atenta ós conflictos persoais e públicos dentro dun tono de pesimismo xuvenil.
5.1.2.3. O seu espírito poético necesita renovación
5.1.2.4. Esta obsesión por abrirse ao exterior quizá o levase a centrar o seu traballo poético nas Odas.
5.1.3. A contribución horaciana á lírica
5.1.3.1. A contribución horaciana á lírica
5.1.3.1.1. A musicalidade da métrica eólica permítelle expresar todo o universo afectivo sen caer na monotonía dos xéneros tradicionais que ligaban o metro a un tema determinado e viceversa.
5.1.3.1.2. Nos primeiros libros de Odas Horacio desempeña o papel dun Alceo
5.1.3.2. A temática de Horacio
5.1.3.2.1. Temas
5.1.3.2.2. Unha cuarta parte das Odas pode considerarse poesía amorosa
5.1.3.2.3. Non fala das súas paixóns nin das súas emocións, descríbeas como se non fosen con el.
5.1.3.2.4. Aínda que Horacio algunha que outra vez perde o seu proverbial equilibrio deixándose levar polo panexírico fácil, chegou a crear un método para facer poesía pública mediante un proceso de asociación e sustitución, moi parecido ó de Virxilio na Eneida
5.1.3.2.5. Pese á complexidade temática das Odas, a unidade, que se acada gracias a súa estructura, foi reclamada por varios autores
5.1.3.2.6. En Odas hai poesía subxectiva e obxectiva sen que sexa fácil marcar un lindeiro, poesía de tono elevado, pero tamén de tipo epigramático, poesía de contido mitolóxico, pero tamén das cousas cotiás
5.1.3.2.7. Esta poesía proporcionoulle os moldes rítmicos.
5.1.3.2.8. A poesía lírica latina tivo en Catulo e Horacio os poeta máis senlleiros, ao longo da historia houbo outros pero inspirados en concepcións artísticas e literarias diferentes.
5.1.3.3. Obra lírica de Horacio
5.1.3.3.1. As Odas
5.1.3.3.2. Os Épodos
6. Tópicos literarios
6.1. Os topica ou lugares comúns son un asunto moi antigo na literatura
6.2. Xa os usaron os gregos e denomináronos tópicos, facendo referencia á palabra grega topos (τόπος), que significa lugar.
6.3. O autor latino que proporcionou máis expresións latinas ao patrimonio cultural de Europa foi Cicerón
6.4. Horacio deixounos unhas cantas perlas, expresións concisas, contundentes, expresivas, que han ter moito éxito na filosofía e na literatura universal, e ata na fala popular.
6.4.1. Numerosas son as frases de Horacio que chegaron a ser tópicos.
6.4.1.1. Ab ovo usque ad mala
6.4.1.1.1. Ven referido a aquilo dende o principio ata o final.
6.4.1.2. Aurea mediocritas
6.4.1.2.1. Refírese ó xusto medio no que se atopa a virtude
6.4.1.3. Beatus ille
6.4.1.3.1. Ditoso aquel, eloxio, aínda que cínico en Horacio, da vida retirada
6.4.1.4. Carpe diem
6.4.1.4.1. Aproveita o día
6.4.1.5. Dulce et decorum est pro patria mori
6.4.1.5.1. É doce e honroso morrer pola patria
6.4.1.6. Exegi monumentum aere perennius
6.4.1.6.1. Levantei un monumento máis duradeiro que o bronce
6.4.1.7. Graecia capta ferum victorem (captorem) cepit et artes intulit agresti Latio.
6.4.1.7.1. Grecia capturada, capturou ó seu feroz capturador
6.4.1.8. In medias res
6.4.1.8.1. Ó miolo da cuestión
6.4.1.9. Non omnis moriar
6.4.1.9.1. Non morrerei de todo
6.4.1.10. Nunc est bibendum
6.4.1.10.1. Agora hai que beber
6.4.1.11. Odi profanum vulgus et arceo.
6.4.1.11.1. Odio ó vulgo profano e rexeitoo
6.4.1.12. Pallida mors aequo pulsat pede pauperum tabernas regumque turres
6.4.1.12.1. A morte pálida golpea co mesmo pé as chozas dos pobres e as torres dos reis
6.4.1.13. Parturient montes, nascetur ridiculus mus
6.4.1.13.1. Parirán os montes e nacerá un ridículo ratonciño
6.4.1.14. Rara avis
6.4.1.14.1. Unha ave rara
6.4.1.15. Ut pictura poesis.
6.4.1.15.1. A poesía é coma unha pintura
6.4.2. Estas expresións foron adoptadas por filósofos, moralistas ou literatos posteriores para explicar en poucas palabras e con contundencia todo un razonamiento filosófico, moral ou literario.
7. A lírica
7.1. A lírica como xénero literario
7.1.1. Composicións poéticas
7.1.1.1. Expresan emocións e sentimentos
7.1.1.2. Teñen un enfoque persoal e subxectivo
7.1.2. O nome deriva da palabra grega lyros
7.2. Subxéneros líricos
7.2.1. Égloga
7.2.1.1. Égloga
7.2.1.1.1. Foi creada e perfeccionada na Grecia Antiga a partir do século IV a. C.
7.2.1.1.2. Trátase dunha paisaxe idílica, na que uns pastores, rodeados de natureza, dialógan sobre amor.
7.2.1.1.3. Égloga proven do latín eclŏga, e este do grego ἐκλογή, que significa 'extracto, selección, peza escollida'.
7.2.1.1.4. Foron representadas no teatro
7.2.1.2. A égloga na literatura castelá
7.2.1.2.1. Varios autores escribiron églogas
7.2.1.2.2. Pero foi Garcilaso o que nos deixou as mellores
7.2.2. Elexía
7.2.2.1. Considerábase que a elaxía era alquera poema composto no metro elexíaco, que alterna un verso hexámetro e outro pentámetro
7.2.2.2. Seguiron modelos gregos, pero os autores latinos introduciron outros temas referidos ó amor, á vida e á morte.
7.2.2.3. Os máximos representantes son Catulo, Tibulo, Propercio e Ovidio.
7.2.3. Epigrama
7.2.3.1. Epigrama
7.2.3.1.1. Do grego antigo «ἐπί-γραφὼ»: literalmente, «sobre-escribir» ou «escribir encima»
7.2.3.1.2. Composición poética breve que expresa un único pensamento principal festivo ou satírico de forma inxeniosa.
7.2.3.1.3. Significa “inscrición en verso”
7.2.3.1.4. Creouse en Grecia
7.2.3.1.5. Os máis antigos gravábanse en lápidas funerarias, de modo que parecese que o defunto se dirixía directamente ao lector, cun tono
7.2.3.1.6. O refinamento final do epigrama, que hoxe resulta o seu trazo característico, é un inesperado ton burlesco- un xogo de palabras ou un paradoxo- nas últimas palabras.
7.2.3.1.7. En Roma o epigrama pasou de ser poesía breve a converterse en poesía audaz.
7.2.3.1.8. Ofrécennos un amplio repertorio de personaxes e situacións que nos permiten saber como eran a vida, a sociedade, os individuos e os costumes en Grecia e en Roma.
7.2.3.2. Marcial (40-104 d.C.)
7.2.3.2.1. Gracias a el sabemos do oficio de enterrador, o dos cazadotes, ou do costume de cear fóra como convidado e de regalar ungüentos, etc
7.2.3.2.2. Describiu con grande ironía todo tipo de detalles sobre a vida romana do seu tempo.
7.2.3.2.3. Vida
7.2.3.2.4. Obra
7.2.4. Oda
7.2.4.1. Composición poética de ton elevado ou cantado, que recolle unha reflexión do poeta.
7.2.4.2. Pode ser relixiosa, heroica, filosófica, ou amorosa.
7.2.4.3. Ten os seus principios na Antiga Grecia, e había dous tipos de odas.
7.2.4.3.1. As corales e as monodias (cantadas por unha soa voz).
7.2.4.4. Poetas máis destacados en Grecia
7.2.4.4.1. Píndaro, que compuxo sobre deuses, heroes e atletas.
7.2.4.4.2. Alceo de Mitilene, que celebraba as virtudes militares e ós guerreiros.
7.2.4.4.3. Safo cantaba o amor e os amantes.
7.2.4.4.4. Anacreonte, poeta do amor e dos praceres da mesa.
7.2.4.5. En Roma, Horacio foi o poeta máis destacado, cun estilo moi particular, unha mestura entre o de Píndaro e o de Anacreonte.
7.2.4.5.1. Este xénero tivo gran influencia na lírica castelá, estre os que destacan autores como Garcilaso de la Vega ou Frei Luis de León.