A Historiografía

Get Started. It's Free
or sign up with your email address
Rocket clouds
A Historiografía by Mind Map: A Historiografía

1. Introdución

1.1. Naceu en Roma

1.1.1. imitación dos historiógrafos gregos

1.1.1.1. xénero literario no que se pretende facer compatible a narración de sucesos históricos coa fermosura da linguaxe.

1.2. Para os gregos

1.2.1. o término historia

1.2.1.1. "relato de acontecementos ordenados cun criterio cronolóxico"

1.2.1.2. designaba xenericamente o coñecemento adquirido por descubrimento ou investigación, especialmente sobre algo que sucedeu como consecuencia da intervención do home.

1.3. O paso cara a unha Historia

1.3.1. implicaba unha referencia a feitos acontecidos nun pasado máis ou menos próximo

1.3.1.1. tradicións épicas

1.3.1.2. descrición global das transformacións dunha sociedade e das súas causas produciuse en Grecia a mediados do século V a.C.

1.4. primeiros historiadores

1.4.1. Antigüidade

1.4.1.1. Heródoto (484-420 a.C.)

1.4.1.2. Tucídides (465-395 a.C.)

1.4.2. un grego

1.4.2.1. Polibio

1.4.2.1.1. levado a Roma como refén no 168 a.C.

2. Precedentes: os primeiros documentos

2.1. os primeiros documentos con valor histórico escritos en prosa

2.1.1. moi antigos

2.1.1.1. Documentos públicos

2.1.1.1.1. Foedera regum

2.1.1.1.2. Actas dos maxistrados

2.1.1.2. Documentos privados

2.1.1.2.1. As familias importantes

3. Época Arcaica

3.1. os primeiros analistas (III-II a.C.)

3.1.1. últimos anos do século III a. C. ata o final da República, s. I.a.C.

3.1.1.1. Roma

3.1.1.1.1. numerosos historiadores

3.2. Catón (M. P. Cato, 234- 149 a . C.)

3.2.1. Catón o Vello

3.2.2. Origenes (Orixes)

3.2.2.1. sete libros

3.2.2.1.1. conservan fragmentos

3.2.2.2. historia de Roma desde a súa fundación, relata as guerras púnicas e explica feitos contemporáneos

3.2.2.3. o seu exemplo non foi seguido inmediatamente

3.2.2.3.1. o primeiro historiador que empregou o latín nunha obra historiográfica

3.2.3. cambiou a concepción anterior da historia romana

3.2.3.1. A Historia das xestas de Roma

3.2.3.1.1. a historia dos grandes imperatores

3.2.3.1.2. para el, que non era de nobre linaxe

3.3. Analistas posteriores a Catón

3.3.1. II. - I a.C.

3.3.1.1. escriben en latín

3.3.1.1.1. Casio Hemina

3.3.1.1.2. Mucio Escévola

3.3.1.1.3. Valerio Antias

3.3.1.1.4. Claudio Cuadrigario

3.3.1.2. non ser contemporáneos ao período primitivo da Historia de Roma

3.3.1.2.1. relatos baseados en obras de autores precedentes non romanos e en documentos.

3.3.1.3. Os autores gregos

3.3.1.3.1. que floreceron algúns séculos antes que os romanos

3.3.1.4. documentos

3.3.1.4.1. públicos

3.3.1.4.2. privados

3.4. Os analistas

3.4.1. crearon ao seu arbitrio a historia de Roma.(#porqueyolovalgo)

3.4.1.1. Para facela mais gloriosa

3.4.1.1.1. falsificaron toda clase de documentos

3.4.1.1.2. elaboraron outros apócrifos

3.4.1.1.3. interpretaron caprichosamente restos arqueolóxicos e institucións

3.4.1.1.4. inventaron etimoloxías

3.4.1.1.5. apropiáronse de lendas e cultos doutras cidades do Lacio

3.4.1.1.6. tomaron da Historia e das institucións gregas

3.4.1.1.7. Outras veces, esaxeran o papel de Roma en empresas nas que esta, ou non interveu ou desempeñou un papel pouco relevante.

3.5. O progresivo engrandecemento de Roma

3.5.1. esixía paralelamente relatos máis xugosos e brillantes que as secas narracións dos analistas

3.5.1.1. visión da Historia ata estes momentos é estreita

3.5.1.1.1. só interesa a de Roma.

3.5.1.1.2. cuestións internacionais só son importantes na medida en que afectan á súa nación

3.5.1.2. a Historia é unha escola de civismo e un instrumento de goberno. O demais é secundario

4. Época Clásica

4.1. Caius lulius Caesar

4.1.1. Vida (100- 44 a . C.)

4.1.1.1. naceu no seo da familia Iulia

4.1.1.1.1. considerada descendente do heroe troiano Iulus.

4.1.1.1.2. Iniciou a súa carreira política desde moi novo e desempeñou diversas maxistraturas

4.1.1.1.3. Participou no primeiro triunvirato da República romana

4.1.1.1.4. César non pode ser considerado un historiador no sentido estricto do termo

4.1.2. A obra historiográfica de César

4.1.2.1. conxunto de notas

4.1.2.1.1. Comentarii (“comentarios”)

4.2. Caius Sallustius Crispus (86- 35 a . C.)

4.2.1. vida

4.2.1.1. Naceu no seo dunha familia plebea que residía en Amiterno (Sabinia)

4.2.1.2. En política

4.2.1.2.1. opúxose aos optimates, encabezados por Pompeyo Magno

4.2.1.2.2. apoiou Xullo César

4.2.1.3. retirouse da vida pública para dedicarse aos seus traballos históricos

4.2.1.4. Viviu a crise do final da República

4.2.1.5. vellez converteuse en cronista dos feitos vividos

4.2.1.6. e na súa vellez converteuse en cronista dos feitos vividos

4.2.2. Obra

4.2.2.1. A conxura de Catilina (Bellum Catilinae ou CatiIina)

4.2.2.1.1. céntrase na conxura contra o goberno organizada por un nobre empobrecido, Catilina, que non chegou a triunfar.

4.2.2.2. Iugurtha (Bellum lugurthinum)

4.2.2.2.1. narra a guerra de Numidia (anos 115- 111 a . C.).

4.2.2.3. De Historias (Historiae)

4.2.2.3.1. conservan algúns fragmentos

4.2.2.4. tomou como modelo ao historiador grego Tucídides

4.2.2.4.1. intentar explicar os acontecementos e facer que os seus relatos fosen lexibles e dramáticos.

4.2.2.5. Dominaba os recursos da retórica greco-latina

4.2.2.5.1. ponos ao servizo das súas tendencias políticas que non trata de disimular.

4.2.3. Estilo

4.2.3.1. arcaizante

4.2.3.1.1. pois imita a Catón o Vello e a Ennio

4.2.3.2. ton enérxico

4.2.3.2.1. frases breves

4.2.3.3. persoal

4.2.3.3.1. idea central:

4.3. Cornelius Nepos (C. Cornelio Nepote, 100-25 a. C.)

4.3.1. finais da República

4.3.1.1. Cornelio Nepote

4.3.1.1.1. introduciu en Roma

4.3.2. De viris illustribus

4.3.2.1. biografías de diversos personaxes, romanos e estranxeiros

4.3.3. De excellentibus ducibus

4.3.3.1. unha serie de vidas de grandes xenerais estranxeiros

4.3.4. Vida de Catón o Vello

4.3.5. Vida de Ático (amigo seu e de Cicerón).

4.3.6. biografías

4.3.6.1. constituídas por coleccións de anécdotas triviais

4.3.6.1.1. máis ou menos verosímiles

4.3.6.1.2. dá noticias curiosas sobre fontes e institucións.

5. Época post Clásica

5.1. morte de Augusto ata o ano 200 d.C.

5.1.1. autores

5.1.1.1. C. Suetonius Tranquillus (C. Suetonio Tranquilo, 70-140 d. C.)

5.1.1.1.1. Realizou estudos en Roma baixo a protección de Plinio o Mozo.

5.1.1.1.2. Traballou como arquiveiro de Adriano onde puido coñecer desde dentro os segredos da historia imperial

5.1.1.1.3. obra

5.1.1.1.4. Estilo

5.1.1.2. P. Cornelius Tacitus (P. Cornelio Tácito, 55-120 d. C.)

5.1.1.2.1. Vida

5.1.1.2.2. Obra

5.1.1.2.3. Carecterísticas

5.2. Tito Livio

5.2.1. Vida (59 a. C.-17 d. C.)

5.2.1.1. Nace en Padua (antiga Pataviam) no ano 59 a. C.

5.2.1.1.1. Marchou a Roma cara ao ano 30 a.C.

5.2.1.2. Ancián

5.2.1.2.1. morre en Padua, no ano 19 d. C.

5.2.1.3. Malia que nunca ocultou as súas conviccións políticas republicanas

5.2.1.3.1. foi amigo de Augusto,

5.2.1.3.2. convenciao para restaurar os templos e traer a paz.

5.2.1.3.3. amigo do mozo Claudio

5.2.2. Obra

5.2.2.1. Composición

5.2.2.1.1. O proxecto inicial

5.2.3. Método e Fontes

5.2.3.1. O método histórico deixa moito que desexar

5.2.3.1.1. todos os historiadores antigos, para os que a historia era un xénero literario, non unha obra científica

5.2.3.2. As fontes

5.2.3.2.1. , as obras das súas predecesores

5.2.3.3. Elixe de entre as diversas versións dos feitos a que lle parece máis verosímil ou as transcribe todas

5.2.3.3.1. cando non se atreve a pronunciarse por ningunha delas

5.2.3.4. espírito crítico foi desenvolvéndose a medida que avanzaba a súa obra.

5.2.3.4.1. A experiencia ensinoulle a fiarse máis daqueles autores que como Polibio, eran máis rigorosamente científicos, aínda que menos imaxinativos.

5.2.3.5. amor a Roma

5.2.3.5.1. concede crédito a calquera información, por inchada que estea, que redunde en prestixio e gloria dos seus antepasados.

5.2.3.6. documentos

5.2.3.6.1. oficiais

5.2.3.7. poetas e historiadores de épocas precedentes falsearon a Historia,

5.2.3.7.1. para gabar o orgullo das familias e o dos novos ricos da época

5.2.3.8. acepta a tradición, sen poñela en cuestión

5.2.3.8.1. facela verosímil, facéndoa pasar polo filtro da razón, suprimindo as contradiccións máis flagrantes, elixindo e harmonizando os datos aportados polas diversas fontes e procurando establecer entre eles as relacións lóxicas necesarias

5.2.3.9. usa os documentos, as lendas, as obras das súas predecesores

5.2.3.9.1. pero todos estes elementos pasan polo alambique da idea central que preside a súa Historia:

5.2.3.9.2. A súa obra non é Historia, tal como se concibe actualmente, pero nos aporta o cadro do que os patriotas da época de Augusto querían que fose o seu pasado e do ideal que soñaban para o seu futuro

5.2.4. As súas fins

5.2.4.1. No prefacio motivos que lle impulsaron a acometer tamaña empresa:

5.2.4.1.1. «Será para min unha satisfacción contribuír a evocar os feitos gloriosos do pobo que está á cabeza de todos os do universo.. Xamais houbo unha nación máis grande, máis pura, máis rica en bos exemplos, nin cidade á que tardasen máis en chegar a ambición e o luxo e que conservase máis tempo o culto á austeridade e á economía; pero logo as riquezas e a ambición corrompérona e é preciso estudiar o seu historia para imitar o bo e rexeitar o malo, causa da decadencia actual”

5.2.4.2. coincide con Nepote e con Salustio no sentido exemplarista e moralista da historia

5.2.4.2.1. expoñer a verdade espida, senón de presentar un cadro dos costumes para que sirva de lección.

5.2.4.3. defender intereses persoais, nin de partido, nin de adular a vaidade dunha familia ilustre, nin de avogar polo Senado ou pola plebe.

5.2.4.4. servir á patria enteira, de axudar ao seu rexurdimento moral, de presentar aos seus concidadáns a imaxe dunha República dirixida polos mellores, na que todos deben sacrificar os seus intereses persoais en aras do interese supremo do Estado

5.2.4.4.1. exaltación de Roma por encima de todo.

5.2.4.5. Os seus motivos íntimos e as virtudes que quere que a súa obra infunda nos seus concidadáns

5.2.4.5.1. todo o cal coincide punto por punto co programa restaurador de Augusto, que Livio comparte con entusiasmo.

5.2.5. O seu estilo

5.2.5.1. altísima categoría como escritor

5.2.5.1.1. o que mellor encarna a concepción ciceroniana da historia

5.2.5.2. reverso do de Salustio

5.2.5.2.1. Livio aprezamos a Actea ubertas ou abundancia transparente

5.2.5.3. concepción retórica da historia

5.2.5.3.1. provén a gran cantidade de discursos (uns catrocentos na parte conservada) que salpican a súa obra, todos eles exemplares desde o punto de vista literario retórico.

5.2.5.4. personaxes

5.2.5.4.1. son consumados oradores, ata os simples soldados, os rudos labregos ou os escravos sublevados.

5.2.5.4.2. explicar os feitos

5.2.5.5. a cor poética que tingue a súa prosa.

5.2.5.5.1. poeta da historia

6. Época decadente

6.1. Floro: (século II d.C.)

6.1.1. Escribiu dou libros nos que se condensa a producción de Tito Livio.

6.2. Eutropio: (século IV d.C.)

6.2.1. Vida

6.2.1.1. dúbidas sobre as datas do seu nacemento, ó redor do 320 d.C. e a súa morte, contra o 390 d.C., tampouco podemos precisar o lugar onde naceu.

6.2.1.2. Desempeñou distintos cargos na administración imperial

6.2.1.2.1. escalando no cursus honorum baixoimperial

6.2.1.3. Serviu fielmente nunha época difícil e cambiante a cinco emperadores

6.2.1.3.1. Constancio II, Xuliano, Xoviano, Valente e Valentiniano II.

6.2.1.4. Non sabemos nada da súa vida privada.

6.2.2. A súa obra

6.2.2.1. xénero historiográfico do epítome ou breviarium.

6.2.2.1.1. É polo tanto un “compilador” ou “autor de resumes”.

6.2.2.1.2. gran éxito en Roma e foi moi demandado polo público.

6.2.2.2. Pero na literatura latina houbo contactos e relacións entre os varios xéneros literarios, e así, aínda que na obra de Eutropio pódense identificar as marcas do xénero dominante, o Breviarium

6.2.2.2.1. atopamos pegadas dun xénero secundario, o da biografía, segundo o modelo de Suetonio.

6.2.3. As fontes

6.2.3.1. Non é fácil o estudio das fontes que usa o autor

6.2.3.1.1. a obra de Livio para a etapa da época arcaica e republicana,

6.2.3.1.2. Non podemos precisar con seguridade as que utiliza para a época imperial.

6.2.4. Lingua e estilo

6.2.4.1. latín claro e sinxelo

6.2.4.1.1. buscado a propósito para os lectores que preferían ler un resume antes ca obra do propio Livio.

6.2.4.2. A narración

6.2.4.2.1. prefire case sempre a parataxis ou a coordinación, a xustaposición de participios, as enumeracións simples ou as formas impersoais.

6.2.4.3. léxico

6.2.4.3.1. sinxelo

6.2.4.3.2. aínda que ás veces presenta tecnicismos propios do seu labor no scrinium (secretaría de Estado na administración imperial),

6.2.4.3.3. difire pouco do latín clásico, tan só nalgúns termos ou no uso do sufixo de axente –tor, -sor, propios do latín tardío.

6.2.4.4. Nas súas liñas

6.2.4.4.1. contemplar o proceso que sufría neses momentos o latín literario e que acabaría dando orixe ás linguas romances.

6.2.4.5. A súa preocupación principal

6.2.4.5.1. é a brevitas

6.2.5. Influenza

6.2.5.1. obra = resume

6.2.5.1.1. escrito ademais con gran simplicidade

6.2.5.1.2. gran difusión

6.2.5.1.3. Nos anos posteriores a súa obra contase con traducións gregas, feito insólito, da conta da importancia da que gozou.

6.2.5.1.4. A popularidade deste Autor chega case ata os nosos días

6.2.6. 

6.3. Amiano Marcelino (s. IV d.C.)

6.3.1. Vida

6.3.1.1. Este grego, nado en Antioquía entre o 330 e o 335

6.3.1.1.1. "un soldado e un grego"

6.3.2. Obra

6.3.2.1. escribiu en latín a súa obra

6.3.2.1.1. Rerum Gestarum Libri XXXI

6.3.2.2. Aínda que Amiano falaba e escribía normalmente o grego

6.3.2.2.1. usou a lingua latina para darlle maior difusión á súa obra

6.3.2.3. inadvertida durante a Idade Media

6.3.2.3.1. hoxe considerase unha referencia obrigada para entender a realidade política e social dos últimos anos do Imperio, a súa decadencia e as causas desta.

6.4. Historia Augusta (finais do s. IV d.C.)

6.4.1. Colección de biografías dos emperadores e personalidades do seu contorno

6.4.1.1. Adriano (117) ata Numeriano (284)

6.4.2. Crese que foi composta por seis autores diferentes durante os reinados dos emperadores Diocleciano e Constantino.