1. AS CAUSAS DO SEU INICIO
1.1. A maior causa bélica da 2º Guerra Mundial foi a invasión bélica alemá cara a Polonia, rompendo os tratados establecidos no Tratado de Versalles, establecidos rematado a 1º Guerra Mundial.
2. QUE FOI?
2.1. A Segunda Guerra Mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Isto fixo da Segunda Guerra Mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.
3. DESENCVOLVEMENTO DA GUERRA.
3.1. O 9 de abril de 1940, as forzas alemás invadiron Noruega e Dinamarca, e en maio de 1940, Alemaña empezou o asalto de Europa occidental. A Unión Soviética ocupou os estados do Báltico en xuño de 1940, e anexounos en agosto de 1940. Italia, membro do Eixe, entrou na guerra en xuño de 1940. Desde o 13 de agosto ata o 31 de outubro de 1940, a aviación nazi atacou a Inglaterra na campaña coñecida como a “Batalla de Inglaterra”.
4. BATALLAS DECISIVAS PARA OS ALIADOS
4.1. BATALLA DE MIDWAY
4.1.1. A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da Segunda Guerra Mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor,a armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa.
4.2. BATALLA DEL ALAMEIN
4.2.1. A Primeira Batalla do Alamein, do 1 ao 27 de xullo de 1942 foi unha batalla da Campaña do Deserto Occidental da Segunda Guerra Mundial, onde combateron as forzas do Eixe, comandadas por Erwin Rommel, e as forzas aliadas ao mando de Claude Auchinleck. A batalla detivo o segundo (e último) avance feito polas forzas do Eixo no Alamein, Exipto, que se atopa a uns 106 quilómetros de Alexandría.
4.3. BATALLA DE STALINGRADO
4.3.1. A batalla de Stalingrado foi un punto de mudanza na Segunda Guerra Mundial, e é considerada unha das batallas máis violentas da historia. A batalla incluíu o ataque alemán na cidade do sur de Rusia, Stalingrado. A batalla dentro da cidade, e a contraofensiva soviética que eventualmente emboscou e destruíu as forzas do Eixo dentro e á volta da cidade. A vitoria en Stalingrado marcou o inicio da liberación da Unión Soviética, culminando coa vitoria sobre a Alemaña nazi no 1945.